Hylobatidae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
}}
 
Os '''xibóns''' son [[Hominoidea|Hominoideos]] da [[familia (bioloxía)|familia]] '''Hylobatidae'''. Historicamente a familia tense clasificado nun só xénero mais agora está clasificada en catro xéneros. Os xibóns habitan trópicos e rexións subtropicais de [[Sumatra]], [[Borneo]] e [[Xava]].
 
Téñense denominado ''simios menores''. Distínguense dos ''grandes simios'' ([[chimpancé]]s, [[gorila]]s, [[orangután]]s, [[bonobo]]s e [[humano]]s) en ser máis pequenos, mostrar menor dimorfismo sexual, en non facer niños e en ter características anatómicas que os asemellan máis aos [[Mono (animal)|monos]] ca aos [[Hominoidea|grandes simios]]. Igual que outros simios, non teñen rabo.
 
Os xibóns teñen unha alta capacidade locomotora, de bracear de póla a póla a longas distancias e a altas velocidades (mesmo ata acadar saltos de 15 metros a velocidade de 55  km/h). Chegan a facer saltos de ata 8 metros. Son quen de andar bipedalmente coas súas mans levantadas para manter o equilibrio. Ao contrario que outros Hominoidea, teñen parellas estables.
 
Dependendo da especie e do seu sexo, a pel dos xibóns cambia de negra, pasa por roxa e chega a un amarelo claro ou branco. É infrecuente ver un un xibón totalmente branco de pel.
 
 
== Historia evolutiva ==
A data da aparición evolutiva dos xéneros é complexa de elucidar<ref name="Matsudaira2010">Matsudaira K, Ishida T (2010) Phylogenetic relationships and divergence dates of the whole mitochondrial genome sequences among three gibbon genera. Mol. Phylogenet. Evol.</ref> A mellor estimación actual pon a ''Nomascus'' diverxendo dos outros tres xéneros hai 7 millóns de anos. A nivel de especie, ''Hylobates pileatus'' diverxeu de ''H. lar'' e ''H. agilis'' hai 3.9 millóns de anos, e ''H. lar'' e ''H. agilis'' separáronse hai 3.3 millóns de anos. Os extintos ''Bunopithecus sericus'' foron xibóns ou primates semellantes a xibóns que, até hai nada, se pensaba que estaban máis relacionados cos xibóns hoolock<ref name=Mootnick/>.
 
=== Taxonomía ===