Demanda Química de Osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 1:
En química ambiental, a determinación da '''Demanda Química de Osíxeno''' ('''DQO''') adoita empregarse para medir a presenza indirecta de compostos orgánicos en [[auga]].
 
A DQO serve para determinar a cantidade de contaminantes orgánicos que se poden atopar tanto en augas superficiais (como serían as augas de. [[lagoa]]s, [[río]]s e [[encoro]]s) ou [[augas residuais]] (urbanas ou industriais) facendo da DQO unha media útil para medir a calidade da auga ou o grao de [[contaminación]] orgánica que presenta. Adoita expresarse en termos de miligramos por litro (mg/l), o que indica a masa de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] consumido por litro de [[disolución]].
 
O fundamento da análise da DQO en augas baséase en que prácticamente todos os compostos orgánicos se oxidan a [[dióxido de carbono]] cun axente oxidante forte, nun ambiente fortemente [[ácido]] (normalmente usando dicromato de potasio como axente oxidante en presenza de ácido sulfúrico). Cómpre sinalar que durante o ensaio o [[ión]] amonio que puidera estar presente non reacciona, permanecendo inalterado.
 
== Véxase tamén ==