Espiña (botánica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
[[Ficheiro:Echinopsis spachiana .part.jpg|thumbnail|Espiñas do cacto (''[[Trichocereus spachianus]]''.]]
 
As '''espiñas''' son en botánica pugas duras e agudas que nacen no [[talo]] ou [[póla]]s dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do [[talo]], é dicir, que son [[póla]]s reducidas, coma ocorre no [[abruñeiro]] (''Prunus spinosa'') ou na acacia americana (''[[Gleditsia triacanthos]]''), e se denominan ''espiñas caulinares''. Neste caso, o tecido vascular da '''espiña''' é unha continuación do leño do talo. ''[[Hydrolea spinosa]]'', planta palustre típica de brañas e humedais, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha [[folla]], como é o caso das [[cactáceas]] e das especies do xénero ''[[Berberis]]'', e se denominan ''espiñas foliares''. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da [[raíz]] a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan ''espiñas radicais''. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.<ref name = Pio>{{cita libro |apelido= Font Quer |nome= Pío |ligazónautor= Font_Quer |título=Diccionario de Botánica |ano=1982 |editorial=Labor |lugar=Barcelona |isbn=84-335-5804-8 |páxinas=XXXII + 1244}}
</ref>
 
A presenza de espiñas é un carácter que se acha espallado especialmente en plantas típicas das rexións áridas, coma [[deserto]]s, [[estepa]]s, bosques secos e espiñeirais. Nestes casos as espiñas son polo xeral o resultado da transformación da follas e permiten reducir a [[transpiración vexetal|transpiración]] da planta e auxiliar a economía de auga por mor a que non presentan [[estoma]]s; é o caso dos [[Ulex|toxos]]. Noutras rexións climáticas e en plantas non [[xerófita]]s tamén aparecen espiñas xa que estas estruturas duras e afiadas con ápices agudos, algunhas con puntas a xeito de lanza, anzol ou gancho, son unha excelente defensa contra os animais [[herbívoro]]s.<ref name="ST">Strassburger, E. 1994. ''Tratado de Botánica''. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1</ref>
 
== Aguillón ==
Liña 22:
* A [[pereira brava]].
* A [[falsa acacia]] (foránea).
* [[Planta ornamental|Especies ornamentais]]: [[roseira]]s, ''[[Berberis]]'', [[cacto]]s etc.
 
== Espiñas na cultura ==