Gran Premio de Alemaña de 1961: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-NCE +NZL)
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 37:
}}
 
O '''Gran Premio de Alemaña de 1961''' foi unha carreira de automobilismo de [[Fórmula Un]], celebrada o 6 de agosto de 1961 no circuíto de [[Nürburgring|Nürburgring Nordschleife]]. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de {{f1|1961}} e a carreira número 100 desde que se estableceu o Campionato do Mundo en 1950.
 
[[Ficheiro: MossLotusClimax19610806.jpg | thumb | left | 250px | Stirling Moss no seu Lotus]]
A carreira foi gañada polo piloto británico [[Stirling Moss]] pilotando un [[Lotus 18/21]] para o equipo privado [[Rob Walker Racing Team]]. Moss comezou desde a segunda fila da grella e liderou todas as voltas da carreira. Foi a primeira vitoria nun Gran Premio de Alemaña dun coche con motor traseiro desde que o [[Auto Union Tipo C]] de [[Bernd Rosemeyer]] lograra a vitoria en [[Gran Premio de Alemaña de 1936|1936]]. Moss terminou a pouco máis de 20 segundos por diante dos [[Ferrari 156]] pilotados por [[Wolfgang Graf Berghe von Trips|Wolfgang von Trips]] e [[Phil Hill]], rompendo unha serie de catro carreiras consecutivas de vitorias de Ferrari. O resultado levou a Moss ao terceiro lugar no campionato, converténdose no único piloto fora do trío de pilotos de Ferrari, Von Trips, Hill e [[Richie Ginther]], que seguian en carreira con posibilidades de converterse no campión do mundo de 1961 a falta das dúas carreiras restantes.
 
Foi a última aparición no seu país de orixe do líder von Trips antes da súa morte no [[Gran Premio de Italia de 1961|Gran Premio de Italia]] cinco semanas máis tarde. O seu segundo posto asegurou a Ferrari o campionato de construtores.
 
Remataron 17 pilotos dos 26 que comezaron a carreira clasificados aínda que [[Bernard Collomb]] co seu (Cooper T53) non clasificou ó non completar o 75% da distancia da carreira.
 
== Clasificación ==