Gran Premio de Bélxica de 1956: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Arranxos varios using AWB
Liña 37:
}}
 
O '''Gran Premio de Bélxica de 1956''' foi unha carreira de [[Fórmula Un]] celebrada o 3 de xuño de 1956 no [[Circuíto de Spa-Francorchamps]] en [[Spa, Bélxica | Spa]], [[Bélxica]]. Foi a cuarta carreira do [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 | Campionato do Mundo de Pilotos 1956]].
 
== Informe ==
 
Logo da primeira xornada de adestramentos do xoves, Fangio estaba na pole cun tempo de case 5 segundos máis rápido que Moss no segundo lugar. Estes tempos non se melloraron coas condicións de mollado do venres e as condicións de vento do sábado.
 
Estaba chovendo cando a carreira comezou, Fangio fixo unha mala saída e quedou no quinto lugar e Moss na cabeza. Pero na volta 3 Fangio xa estaba en segundo lugar, logo de pasar a Behra, Collins e a Castellotti. Na quinta volta xa ía líder e na volta 10 xa tiña unha vantaxe de 8 segundos sobre Moss, con Collins terceiro, nunha pista xa seca. Collins acadou o segundo lugar, cando Moss perdeu unha das rodas traseiras, no ascenso despois da ponte de [[Eau Rouge]]. Foi capaz de frear con seguridade e correr de volta a boxes e facerse cargo do coche de Perdisa. Reanudou en sexto lugar, pero a unha volta dos líderes. Collins tomou o liderado definitivo cando Fangio perdeu a súa transmisión na volta 24. Unha dura batalla polo segundo posto entre Behra e Frere terminou cando o motor Behra comezou a fallar. Isto permitíulle a Moss acadar á terceira posición, despoís de pasar a Schell anteriormente. Moss terminou a carreira cun ritmo vertixinoso, pero os dous líderes estaban demasiado lonxe para compensar a diferenza.
 
== Clasificación ==