Uréter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Abdome mediante HotCat
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Gray1134.png|miniatura|dereita|Sección do uréter.]]
[[Ficheiro:Ureters.jpg|miniatura|dereita|Uréteres e outros vasos.]]
En [[anatomía]] humana, os '''uréteres''' son os tubos que conducen a [[urina]] desde os [[ril]]es á [[vexiga urinaria]]. Teñen moitas fibras de [[músculo liso]], e unha lonxitude no adulto duns 30  cm e ~3-4 3–4 mm de diámetro.
 
Nos humanos os uréteres nacen na pelve renal na zona medial de cada ril e descenden cara á vexiga apoiándose no músculo [[psoas maior]]. A primeira porción é abdominal e cando chega preto da bifurcación das arterias ilíacas, que cruza pola parte anterior, pasa á rexión da pelve menor. Os uréteres discorren posteroinferiormente polas paredes laterais da pelve e cúrvanse cara a adiante para entrar moi oblicuamente na vexiga pola súa parte posterior, na unión vesicouretérica, seguindo a parede da vexiga durante uns 2  cm. O fluído retrógrado da urina impídese pola existencia dunhas válvulas chamadas válvulas ureterovesicais. A luz do uréter non é uniforme; é máis estreita preto da pelve renal, na zona onde cruza as arterias ilíacas e na entrada da vexiga, zonas onde se poden aloxar cálculos renais.
 
Nas mulleres, os uréteres pasan a través do [[mesometrio]] ([[mesenterio]] do útero formado polo ligamento uterino) e baixo as arterias uterinas no seu camiño á vexiga urinaria.
 
Os uréteres tamén se encontran noutras especies de animais [[amniota]]s, pero nos [[anfibio]]s e [[peixe]]s hai outros condutos que desenvolven o mesmo labor. <ref name=VB>{{Cita libro |author=Romer, Alfred Sherwood|author2=Parsons, Thomas S.|year=1977 |title=The Vertebrate Body |publisher=Holt-Saunders International |location= Philadelphia, PA|page= 378|isbn= 0-03-910284-X}}</ref>
 
== Histoloxía ==
Teñen un diámetro duns 3 &nbsp;mm e unha luz con forma xeralmente estrelada, xa que a súa mucosa ten moitos pregamentos, pero que se pode agrandar para deixar pasar a urina.
 
Da luz ao exterior a parede do uréter pode dividirse nas seguintes capas principais:
Liña 21:
O [[cáncer ureteral]] é un tumor propio destes condutos.
 
Os [[cálculo renal|cálculos renais]] poden desprazarse desde os riles e aloxarse nos uréteres, bloqueando o fluxo de urina, o que causa un forte cólico nefrítico con dor aguda abdominal (nas costas, partes laterais e inferior do abdome). <ref>{{cite web|url=http://www.medicalbug.com/symptoms-of-kidney-stones/|title=Symptoms of Kidney Stones|date=1 January 2012|publisher=MedicalBug|accessdate=11 April 2012}}</ref> O ril afectado pode despois desenvolver [[hidronefrose]], e inchar debido ao bloqueo do fluxo de urina. <ref>{{cite web|url=http://www.netwellness.org/healthtopics/kidney/kidneystones.cfm|title=Kidney Stones|last=Resnick|first=Martin I|coauthors=Lam, Mildred; Zipp, Thomas|date=4 September 2009|publisher=NetWellness|accessdate=11 April 2012}}</ref>
Hai tres zonas do uréter onde xeralmente quedan aloxados os cálculos renais:
* A unión uretérica na pelve renal (onde o uréter se une á pelve renal).
Liña 27:
* A zona onde o uréter se une á vexiga (unión vesicouretérica).
 
O uréter pode lesionarse ás veces durante unha [[histerectomía]] (extracción do útero), preto do ligamento suspensorio do ovario ou na zona onde o uréter pasa por detrás da [[arteria uterina]]. <ref>{{cite web|url=http://emedicine.medscape.com/article/440933-overview#showall|title=Ureteral Trauma|last=Santucci|first=Richard A|publisher=Medscape|accessdate=11 April 2012}}</ref>
 
== Notas ==