Célula miosatélite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
 
== Marcadores xenéticos das células satélites musculares ==
As células satélite expresan varios [[marcador xenético|marcadores xenéticos]] distintivos. A opinión actual é que todas as células satélites musculares poden expresar [[PAX7]] e [[PAX3]]. <ref>{{Cita publicación periódica | author = Relaix F, Rocancourt D, Mansouri A, Buckingham M | title = A Pax3/Pax7-dependent population of skeletal muscle progenitor cells. | journal = Nature | volume = 435 | issue = 7044 | pages = 898–9 | year = 2005 | pmid = 15843801 | doi = 10.1038/nature03594}}</ref>
 
As células satélite activadas expresan [[factor de transcrición|factores de transcrición]] mioxénicos, como [[Myf5]] e [[MyoD]]. Empezan tamén expresando proteínas filamentosas musculares específicas como a [[desmina]] a medida que se diferencian.
Liña 18:
 
As células satélite musculares proliferan seguindo a zona onde se produciu o trauma muscular (Seale, et al., 2003) e forman novas fibras musculares por medio dun proceso similar ao do desenvolvemento muscular fetal (Parker, et al., 2003). Despois de varias divisións celulares, as células satélite empezan a fusionarse cos miotubos danados e e continúan a súa diferenciación e maduración, cos seus núcleos periféricos como característica distintiva (Parker, et al., 2003). Un dos principais papeis descritos para o [[IGF-1]] foi a súa intervención na proliferación e diferenciación das células satélites. Ademais, a expresión do IGF-1 no músculo esquelético aumenta a capacidade de activar a proliferación das células satélites (Charkravarthy, et al., 2000), o que incrementa e prolonga os efectos beneficiosos para o músculo envellecido.
<ref>F. Mourkioti, Rosenthal (2005),IGF-1, inflammation and stem cells: interactions during muscle regeneration. (Review). Trends in Immunology, Vol 26, No. 10. [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S147149060500205X]</ref> <ref> T. J. Hawke, D. J. Garry (2001), Myogenic satellite cells: physiology to molecular biology
Journal of Applied Physiology, Vol 19, Page 534-551. Review. [http://www.jappl.org/content/91/2/534.full]</ref>
 
== Plasticidade e aplicacións terapéuticas ==
Cunha estimulación mínima as células satélite poden ''in vitro'' ou ''in vivo'' iniciar o programa de diferenciación mioxénica.
 
Desafortunadamente, parece que as células satélite transplantadas teñen unha capacidade limitada de [[migración celular|migración]], e só poden rexenerar o músculo na rexión onde son depositadas. Non é posible un tratamento sistémico ou mesmo o tratamento dun músculo enteiro deste modo. Porén, outras células do corpo como os [[pericito]]s e as [[célula nai hematopoética|células nais hematopoéticas]] poden tamén contribuír á reparación do músculo dunha maneira similar ao das células satélites musculares endóxenas. A avantaxe de usar este tipo de células para a terapia das enfermidades musculares é que poden ser administradas sistemicamente, e migran autonomamente ao lugar da lesión. Recentemente tivo moito éxito a administración de [[mesoanxioblasto]]s en cans [[Golden Retriever]], que se usan como modelo para o estudo da [[distrofia muscular de Duchenne]], e que nos casos estudados curaron esa doenza <ref>{{Cita publicación periódica | author = Sampaolesi M, Cossu, G. et al. | title = Mesoangioblast stem cells ameliorate muscle function in dystrophic dogs | journal = Nature | volume = 444 | issue = 7119 | pages = 574–9 | year = 2006 | pmid = 17108972 | doi = 10.1038/nature05282}}</ref>. Porén, o tamaño da mostra utilizada nese estudo era relativamente pequena, polo que foi criticado pola falta dun control axeitado no uso de drogas inmunosupresoras.
Recentemente, informouse que as células que expresan Pax7 contribúen á reparación de lesións dérmicas adoptando un [[fenotipo]] fibrótico por medio dun proceso mediado por Wnt/β-[[catenina]]. <ref>{{Cita publicación periódica | author = Amini-Nik S, Glancy D et al. | title = Pax7 expressing cells contribute to dermal wound repair, regulating scar size through a β-catenin mediated process | journal = Stem Cells | volume = 9 | issue = 29 | pages = 1371–9 | year = 2011 | pmid = 21739529 | doi = 10.1002/stem.688}}</ref>.
 
== Regulación ==
Pouco se sabe da regulación das células satélites musculares. Actualmente os marcadores definitivos das células satélites son conxuntamente [[PAX3]] e [[PAX7]], pero os [[xene]]s Pax son uns activadores transcricionais moi pobres. A dinámica da activación e quiescencia e a indución do programa mioxénico por medio dos ''factores reguladores mioxénicos'' [[Myf5]], [[MyoD]], [[mioxenina]], e [[MRF4]] aínda está sen determinar.
 
Hai algunhas investigacións que indican que as células satélites están reguladas negativamente por unha proteína chamada [[miostatina]]. Os niveis elevados de miostatina incrementan a actividade dun inhibidor da [[quinase dependente de ciclina]] chamado p21 e así inducen a diferenciación das células satélites musculares. <ref>{{Cita publicación periódica | author = McCroskery S, Thomas M, Maxwell L, Sharma M, Kambadur R | title = Myostatin negatively regulates satellite cell activation and self-renewal. | journal = J Cell Biol | volume = 162 | issue = 6 | pages = 1135–47 | year = 2003 | pmid = 12963705 | doi = 10.1083/jcb.200207056}}</ref>
 
== Notas ==
Liña 39:
* [http://www.neuro.wustl.edu/neuromuscular/mother/myogenesis.html#satcell Imaxe en neuro.wustl.edu]
* [http://www.brown.edu/Courses/BI0032/adltstem/sc.htm Overview at brown.edu]
* [http://www.neuinfo.org/nif/nifgwt.html?query=%22Satellite%20Cell%22 NIF Search - Satellite Cell]
 
{{Células humanas derivadas do mesoderma}}