Estroma (tecidos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Prostatehistology.jpg |miniatura|dereita|Corte histolóxico da próstata no que se ven elementos glandulares rodeados por un estroma.]]
 
En [[histoloxía]] animal, denomínase '''estroma''' (do [[lingua grega|grego]] ''stor-/ster'': estenderse, e ''strôma'': tapiz) ao armazón ou entramado dun órgano, é dicir, a súa [[matriz extracelular]] (cos seus compoñentes fibrilares e [[substancia fundamental]]) xunto coas células conectivas que sintetizan dita matriz <ref>Medicopedia. Diccionario médico interactivo [http://www.portalesmedicos.com/diccionario_medico/index.php/Estroma] {{es}}</ref> <ref> eMedicineDictionary - stroma [http://www.emedicinehealth.com/script/main/art.asp?articlekey=12709]
{{en}}</ref>. Por tanto, o estroma está formado por [[tecido conxuntivo]] reticular.
 
== O concepto histolóxico de estroma ==
O concepto de estroma en histoloxía fai referencia ao tecido (células e elementos extracelulares) que cumpre función cohesiva unindo outros tipos de tecidos nun organismo pluricelular. É parte importante da histoarquitectura dun órgano. Clasicamente, considerábase ao estroma como o tecido de sostén ou soporte do outro tecido do órgano, e era este último o que cumpría a función específica dese órgano. O órgano tamén está está formado por [[célula]]s que forman o tecido denominado "[[parénquima]]", polo que se contrapón estroma a parénquima <ref>Parénquima e estroma, con imaxes {{es}} [http://hjaldanamarcos.bravepages.com/unidades/unidad5/par.htm]
</ref>.
 
Estes conceptos están baseados nas ideas de épocas pretéritas da [[Histoloxía]], e teñen unha visión morfolóxica máis que funcional, cando ao tecido conectivo se lle asignaba soamente as funcións de sostén e cohesividade, debido ao descoñecemento "doutras funcións" do tecido conectivo. Actualmente as interaccións estroma-parénquima están sendo investigadas, e enténdese que sen ditas interaccións (colaboración morfofisiolóxica) tanto o parénquima coma o estroma perden a súa específicidade. Illados un do outro, en medios de cultivo celular, perden as súas características típicas e sobreviven pouco tempo. Xa que logo, hoxe enténdese que o estroma é tan funcional coma o parénquima e non só un compoñente de sostén.
Liña 29:
O termo estroma utilízase tamén en [[citoloxía]] vexetal para referirse ao fluído que enche o interior do [[cloroplasto]], no cal ten lugar a [[fase escura]] da [[fotosíntese]], entre outras cousas <ref>Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxina 547. ISBN 84-282-0752-6</ref>.
{{Artigo principal|Estroma}}
En [[Micoloxía]] (estudo dos [[fungos]]) o termo estroma significa estrutura fúnxica somática formada por [[hifa]]s na que se forman frutificacións. <ref>Plantas y hongos. Glosario. [http://www.plantasyhongos.es/glosario/estroma.htm] {{es}}</ref>
 
== Notas ==