Androstenediona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Androstendion.svg|miniatura|dereita|Androstenediona.<br>[[Número CAS]]: 63-05-8. <br>[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]]: 4-Androstene-3,17-diona.<br>Outros nomes: androst-4-ene-3,17-diona. <ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=CHEBI:16422 CHEBI]</ref>]]
[[Ficheiro:Androstediona3D.png|miniatura|dereita|Modelo da androstenediona.]]
 
A '''androstenediona''', tamén chamada '''4-androstenediona''', é unha [[hormona]] [[esteroide]] de 19 [[carbono]]s <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=6128 Androstenedione]</ref> <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/Chemical-Structure.5898 Androstenedione]</ref> producida polas [[glándula suprarrenal|glándulas suprarrenais]] e os [[testículo]]s e [[ovario]]s como un intermediario da ruta de formación do [[andróxeno]] [[testosterona]] e dos [[estróxeno]]s [[estrona]] e [[estradiol]].
 
Nos testículos prodúcena as [[célula de Leydig|células de Leydig]]. Na glándula suprarrenal prodúcese principalmente na [[zona reticular]] do [[córtex suprarrenal]]. Nos ovarios prodúcese nas células tecais.
 
== Síntese ==
Liña 18:
 
== Función endócrina ==
Nas mulleres, a androstenediona é liberada ao torrente sanguíneo polas células da teca [[folículo ovárico|folicular]] ovárica. A función que ten é fornecer [[Substrato (bioquímica)|substratos]] de androstenediona para a produción de [[estróxeno]] nas [[célula da granulosa|células da granulosa]], xa que estas células carecen de 17,20-liase, que se require para a síntese de androstenediona. De igual xeito, as células tecais carecen do encima [[aromatase]] requirido para a produción de estróxenos. Por tanto, as células tecais e granulosas traballan conxuntamente para formaren o estróxeno. <ref> Medical Physiology, Boron & Boulpaep, ISBN 1-4160-2328-3, Elsevier Saunders 2005. Updated edition. Page 1155</ref>
 
== Androstenediona como suplemento ==
=== Historia ===
A androstenediona foi fabricada como un [[suplemento dietético]], a miúdo chamado '''''andro''''' (ou ''andros'') e vendida en países como [[Estados Unidos de América|EEUU]]. <ref name=si>http://vault.sportsillustrated.cnn.com/vault/article/magazine/MAG1104278/2/index.htm</ref> O ''andro'' en EEUU era legal e podía mercarse sen receita médica e era de uso común polos bateadores nas [[Grandes Ligas de Béisbol]] na década de 1990. Porén, desde 1997 a androstenediona está prohibida pola [[Axencia Mundial Antidopaxe]], e nos [[Xogos Olímpicos]].
 
Ademais, en EEUU a Lei de Control de Esteroides Anabólicos de 2004 (''Anabolic Steroid Control Act of 2004'') e a modificación da Lei de Substancias Controladas (''Controlled Substance Act'') prohibiu o uso de esteroides anabolizantes, e a androstenediona foi considerada como tal (sorprendentemente, dada a pouca evidencia que hai de que teña propiedades anabolizantes), polo que tamén está prohibida desde 2005. A súa venda foi xa prohibida alí en 2004 pola [[FDA]], alegando que o medicamento posúe riscos significativos para a saúde asociados comunmente cos esteroides.
 
=== O Proxecto Andro ===
O "Proxecto Andro", levado a cabo por investigadores médicos da ''East Tennessee State University'', mostrou que o suplemento "Andro" (androstenediona/[[androstenediol]]) non incrementa a masa nin a forza muscular. <ref>http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/11074738</ref><ref>http://archinte.highwire.org/cgi/content/full/160/20/3093</ref><ref>http://www.pponline.co.uk/encyc/0907.htm</ref>
 
=== Efectos biolóxicos ===
Un estudo indicou que a androstenediona incrementa os niveis séricos de [[testosterona]] durante un período de oito horas en homes cunha dose de 300&nbsp;mg por día, pero unha dose de 100&nbsp;mg non ten efectos significativos nos niveis de testosterona. Porén, os niveis de [[estradiol]] aumentaron despois de administrar doses de 100&nbsp;mg ou de 300&nbsp;mg. O estudo tamén informou que os niveis séricos de estróxenos e testosterona produciron efectos moi distintos entre individuos. <ref>Leder, B., Longcope, C., Catlin, D., Ahrens, B. Shoenfeld, D., and Finkelstein, J.: "Oral Androstenedione Administration and Serum Testosterone Concentrations in Young Men", ''JAMA'', 283(6):779-782</ref> Unha revisión de 2006 resumiu varios estudos que examinaron os efectos da androstenediona no [[adestramento de forza]]. A doses entre 50&nbsp;mg e 100&nbsp;mg por día, o ''andro'' non tivo efectos na forza nin no tamaño muscular nin tampouco nos niveis de graxa corporal. Outro estudo utilizou unha dose diaria de 300&nbsp;mg de androstenediona combinado con varios outros suplementos, e tamén encontrou que non había un incremento na forza muscular comparado cun grupo control que non tomou os suplementos. Os autores do estudo especularon que niveis suficientemente altos poderían levar a un incremento no tamaño e forza muscular. Porén, debido á prohibición federal dos suplementos con androstenediona, é difícil levar a cabo novas investigacións sobre os seus efectos positivos e negativos. Os autores do estudo tamén concluíron que a xente non debería usar suplementos con androstenediona debido á falta de evidencia de efectos beneficiosos, e pola ampla variación na resposta individual ao suplemento, e o risco de efectos secundarios descoñecidos. <ref> Brown, G., Vukovich, M., and King, D.:"Testosterone Prohormone Supplements", ''Medicine and Science in Sports and Exercise'', 38(8):1451-1461.</ref>
 
Como a androstenediona é en parte convertida en [[estróxeno]]s, as persoas que tomen este suplemento poden ter efectos secundarios estroxénicos, aínda que ningún dos estudos citados no parágrafo anterior usaron doses suficientemente altas para tiraren conclusións.
Liña 51:
* [[Esteroide anabólico]]
* [[Testosterona]]
 
 
[[Categoría:Hormonas]]