Esteroide sexual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Testosteron.svg|miniatura|dereita|Testosterona, principal [[esteroide]] sexual masculino.]]
[[Ficheiro:Estradiol.svg|miniatura|dereita|Estradiol, principal [[esteroide]] sexual feminino.]]
Os '''esteroides sexuais''', tamén chamados '''esteroides gonadais''' ou '''hormonas esteroides sexuais''', son [[hormona esteroide|hormonas esteroides]] que interaccionan cos receptores para os [[andróxeno]]s e [[estróxeno]]s dos [[vertebrado]]s. <ref>Guerriero G. Vertebrate sex steroid receptors: evolution, ligands, and neurodistribution. Ann N Y Acad Sci. 2009 April; 1163:154-68. Review. PMID: 19456336</ref> Os seus efectos están mediados por mecanismos xenómicos lentos por medio de [[receptor nuclear|receptores nucleares]] e por mecanismos non xenómicos rápidos por receptores asociados a membranas e cascadas de activación.<ref>Thakur MK, Paramanik V. Role of steroid hormone coregulators in health and disease. Horm Res. 2009; 71(4):194-200. Epub 2009 March 4. Review. PMID: 19258710</ref> O termo '''''hormona sexual''''' é practicamente sinónimo de ''esteroide sexual'', porque outras hormonas non esteroides que interveñen tamén de forma importante en procesos relacionados coa función sexual, como a [[hormona luteinizante]], [[hormona estimulante dos folículos]] e [[hormona liberadora da gonadotropina]], non se consideran xeralmente hormonas sexuais.
 
==Produción==
Os esteroides sexuais naturais prodúcense nas [[gónada]]s ([[ovario]]s e [[testículo]]s), principalmente,<ref>Brook CG. Mechanism of puberty. Horm Res. 1999;51 Suppl 3:52-4. Review. PMID: 10592444</ref> e tamén polas [[glándula adrenal|glándulas adrenais]], ou orixínanse por conversión doutros esteroides sexuais noutros tecidos como o [[fígado]] e o [[tecido adiposo]].
 
==Esteroides sexuais sintéticos==
Existen ademais moitos esteroides sexuais sintéticos. Os andróxenos sintéticos denomínanse con frecuencia [[esteroide anabólico|esteroides anabólicos]]. Os estróxenos sintéticos e proxestinas utilízanse nos métodos [[anticonceptivo hormonal|anticonceptivos hormonais]]. O [[etinilestradiol]] é un estróxeno semisintético. Existen compostos específicos que teñen unha actividade de agonistas parciais para os [[receptor de esteroide|receptores de esteroides]], e, por tanto, actúan en parte como hormonas esteroides naturais, que se utilizan en determinados tratamentos nos que se require que o esteroide afecte a un só tipo celular, intentando minimizar os efectos sistémicos sobre o organismo enteiro.<ref>Copland JA, Sheffield-Moore M, Koldzic-Zivanovic N, Gentry S, Lamprou G, Tzortzatou-Stathopoulou F, Zoumpourlis V, Urban RJ, Vlahopoulos SA. Sex steroid receptors in skeletal differentiation and epithelial neoplasia: is tissue-specific intervention possible? Bioessays. 2009 Jun;31(6):629-41. Review. PMID: 19382224</ref>
 
==Tipos==
Liña 19:
**[[Dihidrotestosterona]]
**[[Testosterona]]
 
*[[Estróxeno]]s:
**[[Estradiol]]
**[[Estriol]]
**[[Estrona]]
 
*[[Proxestáxeno]]s:
**[[Proxesterona]]
Liña 44 ⟶ 42:
{{Hormonas}}
{{Lípidos}}
 
 
[[Categoría:Esteroides]]