Auga do mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 40:
De todos os mares abertos é o [[mar Vermello]] o que presenta maior salinidade (40‰), bordeado como está de rexións áridas. O [[mar Báltico]] é o de salinidade menor (6‰ nas augas superficiais do [[golfo de Botnia]]), pola súa pequena profundidade, clima frío e amplitude das concas que verten as súas augas nel, o que unido á súa topografía case pechada, limita moito os intercambios co [[océano Mundial]]. A salinidade é moi variable nos lagos e mares pechados que ocupan [[endorreico|concas endorreicas]], con só un 12‰ no [[mar Caspio]] e até un 330‰ nas capas superficiais do [[mar Morto]]. O principal factor do que depende a salinidade dos mares interiores é a existencia de drenaxe, cun ou máis emisarios por que os que desbordar, ou que pola contra a evaporación sexa a única forma de compensarse as achegas. Así o [[lago Vitoria]], cunha orixe tectónica semellante á do Mar Morto, é un lago de auga doce á vez que a fonte principal do caudaloso [[río Nilo]].
 
As diferenzas de salinidade entre masas de auga combínanse coas de temperatura para producir diferenzas de densidade, que á súa vez son responsables da convección na que se basea a circulación oceánica a gran escala, a chamada por iso [[circulación termohalina]].
 
Dende que [[Edmond Halley]] o propuxera en 1715, admítese que a salinidade da auga do mar é efecto dunha salinización progresiva, estabilizada fai xa longo tempo, debida a un achegue polos ríos, non compensado, de sales procedentes do lavado das rochas continentais. A salinidade non medrou dende fai miles de millóns de anos, por mor da acumulación de sal en sedimentos. Hoxe en día acéptase que boa parte do sodio procede das mesmas emisións volcánicas que facilitaron orixinalmente a formación da [[hidrosfera]].
Liña 51:
=== Densidade ===
A [[densidade]] da auga do mar é unha das súas propiedades máis importantes. A súa variación provoca correntes.
É determinada usando a ecuación internacional de estado da auga de mar a presión atmosférica, que é formulada pola Unesco (UNESCO Technical Papers in Marine Science, 1981) a partir dos traballos realizados ao longo de todo este século para coñecer as relacións entre as variables termodinámicas da auga do mar: densidade, presión, salinidade e temperatura. A densidade da típica auga do mar (auga salgada cun 3,5% de sales disoltos) adoita ser de 1,02819  kg/L aos -2 °C, 1,02811 aos 0 °C, 1,02778 aos 4 °C etc.
 
A densidade da auga de mar depende do tres variables: Salinidade (''s''), Temperatura (''t'') e Presión (''p''). Para simbolizar a densidade emprégase xeralmente a letra grega ''ρ''(rho) e para indicar que é función do tres variables escríbese ''ρ''(''s'',''t'',''p''). O valor numérico da densidade da auga do mar no seu ambiente natural varía soamente a partir do terceiro decimal e, para economizar espazo e traballo, así como para ter unha visión mellor do valor, defínese outra cantidade simbolizada pola letra grega ''σ''(Sigma) mediante a seguinte expresión.
Liña 63:
 
=== Gases ===
Os gases disoltos son os mesmos que compoñen o aire libre, pero en diferentes proporcións, condicionadas por diversos factores. A temperatura e a salinidade inflúen reducindo a solubilidade dos gases cando calquera deses dous parámetros medra. Outros factores son a actividade metabólica dos seres vivos e os complexos equilibrios químicos cos solutos sólidos, como o ion bicarbonato (HCO<sub>3</sub><sup>-</sup>). A concentración total e a composición dos gases disoltos varían sobre todo coa profundidade, que afecta á axitación, a [[fotosíntese]] (limitada á superficial [[zona fótica]]) e a abundancia de organismos.
 
En augas oceánicas superficiais ben mesturadas, a composición típica de gases disoltos inclúe un 64% de nitróxeno (N<sub>2</sub>), un 34% de osíxeno (O<sub>2</sub>) e un 1,8% de dióxido de carbono (CO<sub>2</sub>), moi por riba este último do 0,04% que hai no aire libre. O osíxeno (O<sub>2</sub>) abunda sobre todo na superficie, onde predomina a fotosíntese sobre a respiración, e adoita presentar o seu mínimo cara aos 400 m de profundidade, onde os efectos da difusión dende o aire libre e da fotosíntese xa non acadan, pero onde aínda é alta a densidade de organismos consumidores, que o esgotan. A temperatura, máis baixa nos fondos profundos, afecta á solubilidade dos carbonatos.