Lingua estándar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
Unha '''lingua estándar''' (tamén '''estándar lingüístico''') é unha elaboración artificial e planificada a partir do [[diasistema]] dunha lingua, co obxecto de obter un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os usos escritos e formais, que á súa vez permita cohesionar política e socialmente o territorio onde é oficial. Outro termo sinónimo de lingua estándar é '''variedade estándar'''.
 
O '''proceso de estandarización''' está incluído na parte da política lingüística<ref>[//en.wikipedia.org/wiki/Language_policy]</ref> relativa á modelación formal dunha lingua, á adscrición dun status xurídico e administrativo, e ao fomento da súa adquisición, coñecido en sociolingüística como ''planificación lingüística''.<ref>{{cita web
Liña 8:
 
== Proceso de estandarización ==
O proceso de estandarización require seleccionar certos trazos do [[diasistema]] que se quere estandarizar, segundo a aplicación de criterios restritivos de criba. Tamén requírese da formalización e consensuación de certas formas que poidan ser empregadas como convención que marca os límites do que se considera e o que non se consideran formas da variedade estándar. Algunhas características non excluíntes que adoitan identificar a unha variedade estándar son:
 
* Un [[sistema de escritura]] que fixe as convencións [[ortografía|ortográficas]] que se empregarán para escribir a lingua e fixar formas comúns e estables.
Liña 20:
* A tradución á lingua de textos sagrados, como a [[Biblia]].
* O ensino escolar da ortografía e gramática estandarizadas.
* A preferencia desta variedade particular, por riba doutras variedades mutuamente comprensibles coa anterior, para a aprendizaxe do idioma como unha [[segunda lingua]].
 
Cando o estándar é lingua oficial do ensino, pode existir unha '''regulamentación política de tipo coercitivo,''' que obrigue a aplicalo en exclusiva no terreo educativo. Por exemplo a Lei 3/1983, do [[15 de xuño]] de Normalización Lingüística que regula o uso do [[lingua galega|galego]] no ensino.<ref>[http://www.galego.org/lexislacion/xbasica/3-83titIII.html Lei 3/1983, do 15 de xuño de Normalización Lingüística]</ref>
Liña 29:
# variedades funcionais;
# variedades xeolectais.
De entre as diversas [[variedades diastráticas|variedades sociolectais ou diastráticas]], adóitase seleccionar a variedade das elites culturais, sociais, económicas e políticas, denominadas tamén variedades de prestixio. De entre as diversas [[variedades diafásicas|variedades funcionais, diafásicas ou de rexistro]], para a codificación gramatical e léxica é frecuente seleccionar a variedade máis fixa e tradicionalmente relacionada cos usos das capas sociais cultas (e ao mesmo tempo máis próxima ao estándar): a lingua [[escrita]]. De entre as diversas [[variedades diatópicas|variedades xeolectais ou diatópicas]], adóitase seleccionar a variedade da zona xeográfica onde se atopa o poder político ou económico dun país ou rexión lingüística.
 
Segundo a ou as variedades xeográficas que sirvan de base ao estándar, existen tres '''tipoloxías de estándar:''' unitario monocéntrico, unitario policéntrico (ou composicional) e pluricéntrico:
Liña 41:
 
== Características dos estándares ==
Os estándares, como linguas elaboradas, restrinxidas e fixas, non poden considerarse variantes naturais dunha lingua. Ademais, como artificios que son, formados convencionalmente por axentes de planificación lingüística (autoridades lingüísticas: academias -para o galego, a RAG-, ou gramáticos, ortógrafos e lexicógrafos normativistas), non se crean por convención social dunha comunidade de falantes, senón como consecuencia dunha actuación expresa sobre a linguaxe. Como modelos de lingua fixos, teñen unha variación interna mínima e non están suxeitos ás leis naturais do [[cambio lingüístico]]. Para mutar, cómpre que un axente normalizador os modifique expresamente, a miúdo para axeitalos aos cambios que se asentaron na lingua natural ou para axeitalos a novas necesidades políticas, educativas, económicas ou sociais. Como modelos de lingua artificiais e elaborados, apréndense tras longos anos de instrución. Así, '''o estándar do galego non é un dialecto do galego, nin un diasistema. Tampouco é unha norma social ou norma usual,''' entendendo por norma usual o xeito particular do uso da lingua nun determinado grupo, sexa este social, xeográfico ou funcional. Se fose unha norma usual, habería multitude de estándares, dado que a norma usual implica, a dicir de Luís Fernando Lara (''Lingua histórica e normatividad'', Barcelona, Ariel, 2004) que «Haberá tantas normas como dialectos e sociolectos se poidan identificar. Posto que tales "normas" son falas de certas colectividades socialmente delimitadas, a cada individuo corresponderalle unha "norma" segundo o enfoque dialectal que se lle aplique».
 
Á marxe do estándar ou dos estándares oficiais dunha lingua, os medios de difusión masiva ([[Prensa escrita|prensa]], [[radio (medio de comunicación)|radio]], [[televisión]] e [[editorial|editoriais]]) poden crear os seus propios estándares, de acordo coas súas propias necesidades de comunicación e coas características concretas dos grupos de falantes aos que se dirixen. Estes estándares particulares recóllense nos libros de estilo de cada medio. Nestes estándares poden estar presentes trazos lingüísticos do diasistema que non están recoñecidos no estándar oficial.
Liña 51:
 
== Variedades estándares das linguas modernas ==
O [[lingua italiana|italiano estándar]] deriva da variante xeográfica usada en [[Florencia]] e non do [[Roma|dialecto romano]]. O [[lingua alemá|alemán estándar]] non se basea nunha cidade ou rexión específicas senón que foi desenvolvido nun proceso que durou varios centos de anos, durante o cal os escritores intentaron expresarse de forma tal de ser comprendidos nunha área o máis extensa posible. Ata comezos do [[século XIX]] o alemán estándar era un idioma exclusivamente escrito, aprendido case coma un idioma estranxeiro polos habitantes do norte do país, cuxos dialectos eran moi diferentes. O resultado foi que estes falantes intentaron pronunciar o alemán estándar seguindo coidadosamente a ortografía; esta forma da fala estendeuse máis tarde cara ao sur.
 
Outras linguas estándar presentan menos complicacións. No [[lingua inglesa|inglés]] [[Gran Bretaña|británico]], a pronunciación estándar (''Received Pronunciation'') baséase no [[sociolecto]] dos internados privados. Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o estándar aproxímase aos dialectos do norte do Medio Oeste.
 
== Notas ==