Ganso das neves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 33:
A especie adoita dividirse en dúas subespecies: o ''ganso das neves pequeno'' (''Anser caerulescens caerulescens''), que cría dende o centro do norte do [[Canadá]] ata ó estreito de [[Bering]], e o''’ganso das neves grande'' (''Anser caerulescens atlanticus''), que se reproduce no nordeste do Canadá.
 
A forma pequena mide entre 63,5 e78,7  cm e pesa de 2 a 3  kg. Os exemplares da subespecie meirande pesan uns 3.200 gramos de promedio, pero poden chegar ós 4500. A envergadura alar dos gansos das neves vai dos 135 ós 165  cm.
[[Ficheiro:Anser caerulescens2.JPG|miniatura|esquerda|Ganso das neves en Cap Tourmente, [[Quebec]], [[Canadá]]]]
 
Esta especie amosa dúas fases de coloración: unha fase branca e outra escura ou azul. Os exemplares de fase azul da subespecie de máis tamaño son, porén, escasos.
 
Os individuos da fase branca son totalmente brancos, agás polas puntas negras das alas. A forma azul caracterízase pola coloración gris azulada agás no pescozo, a cabeza e a punta da cola. Hai formas de transición entre as dúas coloracións. Os individuos de ámbalas dúas fases teñen o bico vermello e negro e as patas vermellas. Femias e machos teñen un aspecto semellante. Os gansos novos son agrisados.
[[Ficheiro:lesser.snow.goose.blue.arp.600pix.jpg|miniatura|esquerda|''C. c. caerulescens'' fprma azul]]
 
Cando buscan parella os gansos adoitan escoller un compañeiro de cor semellante ó de seus pais. Os fillos de parellas mixtas emparéllanse con individuos de calquera fase.
 
== Distribución e hábitat ==
Crían no noroeste de [[Groenlandia]], no norte de [[Canadá]] e nordeste de [[Siberia]]. Son aves migratorias que pasan o verán sobre todo en zonas dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], aparecendo en ocasións máis ó sur. A poboación reprodutora do ganso das neves é superior os 5 millóns de exemplares, e aumentan ano a ano. No caso do ganso das neves pequeno están a establecerse colonias en zonas da costa da [[baía de Hudson]] onde ata agora non criaban.
 
A migración cara ó sur comeza entre finais de agosto e primeiros de setembro e as aves acadan o seu destino ó redor de outubro. Durante a migración forman grandes bandos que voan moi altos ó longo de corredores aéreos moi estreitos, percorrendo máis de 4.000 quilómetros, polo que pasan máis de medio ano nas súas viaxes migratorias de ida e volta.
[[Ficheiro:Range_Lesser_Snow_Goose.jpg|miniatura|esquerda|''Área de distribución do ganso das neves pequenos]][[Ficheiro:America_Flyways.jpg|miniatura|dereita|''Rutas migratorias norteamericanas dos gansos das neves]]
 
Orixinalmente os gansos das neves pasaban o inverno só en zonas costeiras pantanosas, onde recolleitan raíces co seu bico curto e forte. De alí pasaron a establecerse nos campos de arroz e posteriormente nos de todo tipo de cereais nos que aparecen ata abril e maio, cando volven cara á tundra ártica. Algúns biólogos sinalan a adaptación ás áreas cultivadas como causa principal do aumento das poboacións da especie en [[Norteamérica]]. No [[Xapón]], onde eran abundantes, fixéronse, porén, raros <ref> Alderfer, S. 7 </ref> e as poboacións da illa de [[Wrangel]] reducíronse tamén drasticamente.
 
== Hábitos reprodutores ==
Liña 72:
* [http://migratorybirds.fws.gov/issues/snowgse/tblcont.html US Fish & Wildlife Service]
* [http://www.birds.cornell.edu/AllAboutBirds/BirdGuide/Snow_Goose.html Snow Goose Species Account] - Cornell Lab of Ornithology
* [http://www.nature.org/animals/birds/animals/snowgeese.html The Nature Conservancy's Species profile: Snow Goose]
* [http://juliesmagiclightshow.com/index.php?pic=1096 Picture Link: Snow Geese taking flight in Addison, VT]
* [http://www.sdakotabirds.com/species/snow_goose_info.htm Snow Goose Information and Photos] - South Dakota Birds and Birding