Xacob: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Francesco Hayez 061.jpg|miniatura|250px|dereita|]]
:''Este artigo trata sobre un personaxe bíblico, para o nome véxase '''[[Santiago (nome)]]'''.''
'''Xacob'''<ref>{{cita libro |título=A Biblia |cita=Despois, agarrado do calcañar de Esaú, saíu seu irmán. E chamáronlle Xacob |capítulo=Xénese 25:26 |editor=[[Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos]] |ano=1989 |páxina=31}}</ref> foi un dos patriarcas hebreos, segundo as narracións da ''[[Xénese]]'' (ou ''Bereshit'' en [[lingua hebrea|hebreo]]). Ten como nome alternativo '''Israel'''.
 
A súa historia comeza coa inimizade co seu irmán, [[Esaú]]. Xacob consegue que el sexa o bendicido polo seu pai, [[Isaac]]. Xacob ten que fuxir e, tras uns estraños soños, cambia o seu nome polo de Israel, ou "o que loita con Deus". Xacob acaba facendo as paces co seu irmán, o cal interprétase como o respecto das fronteiras entre as tribos de [[Edom]] e de Israel, algo que se confirmará máis tarde cando os israelitas chegan á terra prometida.
 
Xacob foi pai de doce fillos e unha filla, das súas catro mulleres. Os doce fillos son os que formaron as coñecidas tribos de Israel. Esta estirpe organizouse por Hebrón e Nablús en cooperativas agrarias. Adicándose principalmente ó pastoreo de ovellas. A seguinte historia na que o patriarca participa é a que conta como o seu fillo Xosé foi vendido polos seus irmáns como escravo a [[Exipto]]. Xosé consegue facerse co cargo de vicerei no goberno do rei de Exipto, perdoa aos seus irmáns e trae a súa familia para Exipto, para fuxir da fame de Canaán, o cal constitúe o final do libro da ''Xénese''.