Mármore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Distribución: de mármore
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Michelangelos David.jpg|miniatura|200px|dereita|O [[David]] de [[Miguel Anxo]] é unha das esculturas de mármore máis coñecidas do mundo.]]
 
O '''mármore''' é un tipo de [[rocha]] compacta formada a partir de rochas [[calcaria]]s que, sometidas a elevadas [[temperatura]]s e presións, acadan un alto grao de [[cristalización]]. O compoñente básico do mármore é o [[carbonato cálcico]], cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por [[abrasión]] o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na [[construción]], [[decoración]] e [[escultura]]. Ás veces é [[translúcido]], ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.
 
[[Ficheiro:Marmolería_en_Lugo.JPG|miniatura|170px|dereita|Marmorería en [[Lugo]].]]
Liña 8:
Con frecuencia outros minerais aparecen xunto á [[calcita]] formando o mármore, como o [[grafito]], a [[clorita]], o [[talco]], a [[mica]], o [[cuarzo]], a [[pirita]] e algunhas pedras preciosas como o [[corindón]], o [[granate]], a [[zirconita]] etc.
 
Aténdose ao concepto [[mineraloxía|mineralóxico]], (non ao artesanal) só se consideran mármores aos agregados granoso-vítreos, formados basicamente por carbonato de calcio e con [[traza]]s máis ou menos significativas de [[carbonato magnésico]] ([[mármore dolomítico]]).
 
== Orixe ==
O mármore é unha [[rocha metamórfica]] resultante do [[metamorfismo]] de rochas [[carbonato|carbonatadas]] sedimentarias, como a [[calcaria]] e a [[dolomía]], ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de [[calcita]], [[aragonito]] e [[cristal|cristais]] de [[dolomita]]. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os [[fósil]]es e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.
 
O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños e veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como [[arxila]], [[limo]], [[area]], [[óxido de ferro]], ou [[rochas silíceas]] coma o [[xaspe]], o [[sílex]], o [[cuarzo]] ou [[ópalo]], e que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á [[serpentina]] resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son mobilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.