Illa Trinidad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Caribbean - Trinidad.PNG|300px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
 
'''Trinidad''' é unha illa do [[mar Caribe]], a maior de [[Trinidad e Tobago]] e das [[Antillas Menores]], e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de [[Venezuela]]. A capital da illa e do país é [[Porto España]], situado no noroeste, no [[Golfo de Paria]]. A segunda cidade máis importante, [[San Fernando, Trinidad e Tobago|San Fernando]], atópase situada no suroeste.
 
== Historia ==
 
Foi descuberta por [[Cristóbal Colón]] o [[31 de xullo]] de [[1498]] na súa terceira viaxe. En [[1530]] foi conquistada por [[España]] baixo a dirección de [[Antonio Sedeño]], quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en [[1532]], pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.
 
Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da [[Real Audiencia de Santo Domingo]], á súa vez dentro da xurisdición do [[Virreinato da Nova España]].
 
No ano [[1640]] a illa rexeita un intento de invasión dos [[Países Baixos]] e en [[1677]] outro de [[Francia]].
 
En [[1797]], durante unha de guerra entre España e o [[Reino Unido]], unha frota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador.<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/11332/ |title = Railroad Map of Trinidad |website = [[World Digital Library]] |date = 1925 |accessdate = 2013-10-25 }}</ref> Tras o [[Tratado de Amiens]] en [[1802]] anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de [[Tobago]] nunha soa colonia denominada [[Trinidad e Tobago]].