Castelo de Monterreal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Descrición: Arranxos varios using AWB
Liña 41:
[[Ficheiro:Monterreal - Baiona Porta.JPG|miniatura|200px|Porta de Filipe IV.]]
 
O actual conxunto distribúese nunha superficie de 18 hectáreas, con catro portas de acceso: a do '''Sol''', a máis antiga e a segunda barreira a flanquear desde terra, foi construída polo gobernador Pedro Bermúdez en [[1586]]; a do '''Príncipe''' coroada por un brasón; a '''Real''' do [[século XVI]] con arco de medio punto e os escudos dos Sarmiento, de [[España]] e o dos Austrias e a '''Principal''' ou de Filipe IV, do [[século XVII]] na que destacan as súas columnas acaroadas que sosteñen dous alfís de pedra de grandes dimensións, tamén serve de aceso á [[praia de Barbeira]].
 
Do antigo castelo quedan tres quilómetros das súas antigas murallas e camiños de ronda.
Liña 50:
 
* A '''Torre do Príncipe''', de estrutura cadrada que conta cun torreón circular e pilastras cilíndricas sitúase ao oeste das murallas. O interior é abovedado. Unha escaleira de caracol interior leva á plataforma superior. Sobre a porta loce tres escudos: o de Baiona á dereita, un con cabeza de fera posiblemente das reformas de [[1663]] e no centro un escudo de España- Nun principio foi utilizada como faro de guía para navegantes e posto de vixía, dominando coa mirada a entrada do porto. Foi prisión do rei portugués [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]] no ano [[1173]].{{Cómpre referencia}} Dende ela pódense ver as [[illas Estelas]] e as [[Illas Cíes|Cíes]]. Esta torre foi nun principio un faro destruído por [[Almanzor]] no ano [[997]], e que reconstruíu [[Afonso VI]] no ano [[1027]]. Sufriu moitas modificacións no ano [[1564]] a mans do arquitecto Juan Zurita, por orde do rei [[Filipe II de España|Filipe II]].
 
* A '''Torre da Tenaza''', situada ao leste da fortaleza é de planta heptagonal dominando a baía coas súas baterías defendendo o porto. Serviu de polvorín e como prisión do Bispo de [[Tui]] [[Diego de Muros I|Diego de Muros]] por parte de [[Pedro Madruga]].
 
* E a '''Torre do Reloxo''' que conta con ameas e defende a terra firme. De planta cadrada foi reedificada no [[século XVII]]. Conta con seis pezas de artillería. Desde ela faise soar a campá de [[1510]] para dar sinal de alarma avisando dos perigos.