Lexión Cóndor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
[[Ficheiro:Lexión Cóndor.jpg|miniatura|Tumba de soldados da lexión Cóndor no cemiterio da Almudena ([[Madrid]]).]]
 
A axuda consistiu tanto en apoio loxístico, transporte de tropas, subministracións etc., como en apoio en accións de ataque con avións de [[Caza (avión)|caza]] e [[bombardeiro]]s (como o famoso [[Bombardeo de Guernica|bombardeo de Guernica]]), [[Carro de combate|carros de combate]] e [[artillería]]; nos seus tres anos de vida pasaron pola Lexión Cóndor 18.000 homes, aínda que nunca se superaron os 5.600 nun mesmo período de tempo.
 
A intervención alemá na Guerra Civil permitiu mellorar a calidade dos seus aparellos e reparar os defectos da súa arma aérea, preparándoa para a ofensiva mundial que [[Hitler]] estaba planeando, así se explica a gran cantidade de reemprazos, para que puidesen conseguir experiencia de combate o maior numero de efectivos posibles.
Liña 15:
[[Ficheiro:Kondor-Legionpanzerabzeichen.jpg|miniatura|A Panzertruppenabzeichen, insignia de carrista da Lexión Cóndor.]]
*'''Panzertruppenabzeichen der Legion Condor'''. Tomando como referencia a insignia dos carristas alemáns da [[Primeira Guerra Mundial]], creouse en setembro do 36 unha insignia con carácter extraoficial. Dita insignia consistía nunha caveira e un carro de combate, rodeados por unha coroa de loureiro, en prata. Como requisito estipulouse a permanencia de máis de tres meses na unidade de carros da Lexión, e non ter ningún arresto nin sanción. Concedéronse 415 insignias, e existiu unha en ouro, a do comandante carrista, [[Von Thoma]] recibida durante o [[desfile da Vitoria]] en Madrid. O 10 de xullo de 1939 foi recoñecida oficialmente polo Comandante en xefe do [[Heer]].
 
*'''Spanienkreuz ou Cruz de España'''. Instituíuse o 14 de abril de 1939, habendo dous modelos, con espadas para combatentes e sen elas para persoal non combatente. Consistía nunha [[Cruz de Malta]] e no centro desta a [[esvástica]], estando entre cada extremo da cruz, o emblema da [[Luftwaffe]]. Non só foi entregada a membros da Lexión Cóndor, senón as tripulacións de buques alemáns que participaron en accións de combate na Guerra civil. Concedéronse en total unhas 26.116.
 
*'''Cruz de Honor para os familiares dos combatentes caídos en España'''. Instituída o 14 de abril de 1939, para distinguir ós familiares dos alemáns caídos na contenda española. Nunha soa categoría e unicamente unha por familia, parecíase moito á Spanienkreuz, pero esta levábase cunha cinta e era máis reducida. Concedéronse 315, aínda que as baixas oficiais foron 299 a diferenza pódese explicar polas persoas que morreron por mor das feridas ou enfermidades contraídas durante a guerra.
 
*'''Distintivo de ferido'''. Instituíuse o 22 de maio de 1939 co nome oficial de: "Insignia de Ferido para os Voluntarios Alemáns na Guerra de Liberación Española". Baseábase na insignia de ferido da Primeira Guerra Mundial, un casco e dúas espadas entrecruzadas rodeados dunha coroa de loureiro, coa excepción de que levaba a [[esvástica]] sobre o casco. Había varias categorías en función do número de veces ferido: Ouro: cinco veces, Prata: dúas veces, Negro: unha vez.
 
Liña 52 ⟶ 49:
 
{{Commonscat|Legion Condor}}
 
[[Categoría:Guerra Civil española]]
[[Categoría:Aviación militar]]