Cidade Prohibida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 3:
| País = China
| Imaxe = Forbidden city 07.jpg
| Rótulo = Galería da Suprema Harmonía, un dos pavillóns da [[Cidade Prohibida]]
| Localización = 39.54.56 N, 116.23.27 E
| Inscrición = 1987
Liña 11:
}}
{{Contén texto chinés}}
A '''Cidade Prohibida''' (紫禁城紫禁城, [[pinyin]]: ZǐjìnZǐjìn Chéng : "Cidade Púrpura Prohibida"), está localizada no centro exacto da antiga [[Pequín]], foi o palacio imperial durante as dinastías [[Dinastía Ming|Ming]] e [[Dinastía Qing|Qing]], así como sede do goberno chinés até [[1911]].
 
O seu nome orixinal Cidade Púrpura Prohibida, procede do seu paralelismo coa [[Constelación Luminosa Púrpura]] na que a [[Estrela Polar]], ó igual có emperador na terra, atópase no centro. A súa construción débese ó traslado de capitalidade de [[Nanjing]] a Pequín que decidiu o emperador [[Yongle]] cando obtivo o trono imperial en [[1404]].
 
Actualmente se coñece como o '''Museo Palacio''' (故宫博物院故宫博物院, pinyin: GùgōngGùgōng Bówùyùan), ocupa 0,72  km², 800 edificios e máis de 9.000 habitacións. É a maior colección de estruturas de madeira antigas que se conservan no mundo, e foi declarada pola [[UNESCO]] [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1987]]. O Palacio Imperial está situado ó norte da [[Praza Tian'anmen]] e pódese acceder a el a través da [[Porta de Tian'anmen]]. Está rodeado dun barrio denominado ''Cidade Imperial''.
 
A pesares de que xa non está ocupada pola realeza, é un símbolo da soberanía chinesa e de Pequín, e aparece nos selos da [[República Popular Chinesa]]. O Palacio é unha das meirandes atraccións turísticas do mundo.
 
O filme ''[[The Last Emperor]]'' foi o primeiro en recibir autorización do goberno chinés para filmar na Cidade Prohibida e retrata, entre outras cousas, a cerimonia de nomeamento do Emperador e a vida na Cidade Prohibida.