Requila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 35:
'''Requila''' (? [[448]]) foi o segundo monarca [[suevo]] do [[reino de Galiza]], reemprazando ó seu pai [[Hermerico]]. Hai poucas fontes primarias para a súa vida, mais [[Hidacio]] <nowiki/>foi un cronista cristián contemporáneo a el.
 
Subiu ó trono en [[438]] por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás (finou en [[441]]). Adoptou unha actitude moi agresiva contra os [[galaicos]] nativos e a igrexa católica. Enfrontouse ós bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo ''[[foedus]]'' con [[Roma antiga|Roma]] e alianzas coas tribos [[Bagaudas]] (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por [[Lusitania (provincia)|Lusitania]] e a [[Bética]] tratando de encher o baleiro deixado polos retirados [[vándalos]] e [[alanos]]. Derrotou no 438 a [[Andevoto]] (''dux'' romano segundo [[Isidoro de Sevilla]] ou un xefe local segundo outras fontes) no [[río Genil]] (''Singilis'')<ref>Thompson, ''Romans and Barbarians'', 173.</ref>. Conquistou as capitais provinciais de [[Mérida, España|Mérida]] en [[439]] e [[Sevilla]] en [[441]]<ref>Thompson, ''Romans and Barbarians'', 172.</ref>.
 
[[Ficheiro:rechila.gif|miniatura|esquerda|250px|Dominios da monarquía sueva e extensión do [[reino de Galicia]] durante as conquistas de Requila (438-448 d.C.).]]
Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual [[Andalucía]] e de parte do [[Levante español|Levante]]. Tamén fixo incursións na [[Tarraconense]] e no [[446]] derrotou ó xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas.
 
A súa morte produciuse en Mérida en [[448]] e sucedeuno o seu fillo [[Requiario]].