Cícero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Outroshomónimos|Cicerón}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Cicerón}}
 
O '''cícero''' é unha unidade de medida [[tipografía|tipográfica]] pola que se rexe tradicionalmente todo o material de [[imprenta]] en varios países da Europa Continental. Divídese en 12 [[punto tipográfico|puntos]], equivalente a 4,5126 &nbsp;mm no [[sistema Didot]]<ref>[[:en:Point (typography)|Point (typography)]] {{en}}</ref>.
 
Esta medida non está internacionalmente unificada. Equivale aproximadamente á [[pica (medida)|pica]] anglosaxoa: nos Estados Unidos, así como en boa parte dos países hispanoamericanos, chámaselle ''pica'' e, aínda que tamén se divide en 12 puntos, é algo menor e equivale a 4,2177 &nbsp;mm. No sistema Fournier ten tamén 12 puntos pero mide 4,2 &nbsp;mm, e na [[Imprenta Real de Turín]] ([[Italia]]) mide 4,776 &nbsp;mm.
 
== Historia ==
O cícero foi inventado polo tipógrafo [[Pierre Simon Fournier]] en [[1737]]. Fournier baseouse nunha letra de 11 puntos coa que se imprimiran en 1469, en [[Venecia]], as ''Epístolas familiares'' de [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]]. De aí deriva o nome de ''cícero''.
 
O sistema foi perfeccionado uns anos despois por [[François-Ambroise Didot]]. A diferenza de Fournier, Didot non se baseou en ningunha letra existente, senón no [[nonio]] ou pé de rei. Estableceu que 72 cíceros equivalían a un pé de rei e 12 puntos Didot a 13 puntos Fournier.