República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 34:
|moeda = [[Marco da República Democrática Alemá|Ostmark]]
}}
A '''República Democrática Alemá''' (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Deutsche Demokratische Republik''), tamén coñecida informalmente como ''Alemaña do Leste'' ou ''Alemaña Oriental'', foi unha [[república socialista]] establecida en [[1949]] na zona de ocupación [[Unión Soviética|soviética]] de [[Alemaña]] trala [[segunda guerra mundial]], ademais de [[Berlin Leste]], unha porción da cidade baixo control das [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Forzas Aliadas]]. Xeograficamente a Alemaña Democrática ocupaba a parte nordeste da actual [[Alemaña]], correspondente aos [[Estados de Alemaña|actuais estados]] de [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia-Anhalt]], [[Saxonia]], [[Turinxia]] e [[Brandeburgo]], abranguendo unha área total de 108.179  km². Facía fronteira con [[Checoslovaquia]] ao sur, [[Alemaña Occidental]] ao sur e ao oeste, [[Polonia]] ao leste, e a súa parte norte estaba bañada polo [[Mar do Norte]].
 
En [[1989]], unha revolta popular provocou un troco no goberno, até entón en mans do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands''), negándose os [[Unión Soviética|soviéticos]] a intervir. Así, o [[9 de novembro]] dese mesmo ano caía o [[Muro de Berlín]] e, finalmente, o [[3 de outubro]] de [[1990]], os ''[[Estados de Alemaña|Länder]]'' (estados) do leste de Alemaña [[Reunificación alemá|foron integrados como novos estados federais]] dentro da nova [[República Federal de Alemaña]]. A [[Comunismo|transformación comunista]] durante a historia da República foi máis forte na [[industria]], na [[agricultura]], e na maioría do [[educación|sistema educativo]], mentres que as profesións de [[ciencia]] e [[enxeñaría]], as igrexas e incluso as tradicións burguesas preserváronse. A [[socialismo|política social]], que se tornara nunha ferramenta de lexitimación crítica nas últimas décadas, mesturaba elementos comunistas e tradicionais por igual.
Liña 51:
=== Os primeiros anos (1949-1954) ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-30033-0001, Politbüro der SED.jpg|miniatura|esquerda||200px|Politbüro do SED, 1955. No centro, sentados: Ulbricht, Pieck e Grotewohl.]]
O [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]] controlaba a coalición da ''Fronte Nacional'', unha federación de todos os partidos políticos e organizacións de masas que preservaba o pluralismo. A Constitución de [[1949]] formalmente establecía unha [[República federal]] [[democracia|democrática]] e creaba a Cámara dos Estados e a Cámara do Pobo (''Volkskammer''). A ''Volkskammer'', de acordo coa Constitución, era o órgano supremo do Estado, investido de soberanía lexislativa. A elección do ''Volkskammer'' e dos Consellos de Estado (máis tarde substituídos polos Consellos de Distrito) baseábase nunha lista única da Fronte Nacional; os votantes podían expresar a súa aprobación ou non.
 
O 3er Congreso do SED en [[xullo]] de [[1950]] elixiu a [[Walter Ulbricht]] primeiro secretario e salientou o progreso industrial. O sector industrial, empregando ao 40% da poboación activa, foi suxeito dunha profunda nacionalización, co resultado da formación das Empresas do Pobo (alemán: ''Volkseigene Betriebe'', VEB). Estas compañías supuñan o 75% do sector industrial. O primeiro Plan Quinquenal (1951-1955) introduciu a planificación estatal centralizada; marcou altas cotas de produción para a industria pesada e incrementou a produtividade.
[[Ficheiro:Moedlareuth DDR-Grenzpfosten.jpg|miniatura|150px|Poste fronteirizo da RDA.]]
[[Stalin]] morreu en [[marzo]] de [[1953]]. En xuño, o SED, confiando en dar aos traballadores uns mellores niveis de vida, anunciou o ''Novo Curso''. O ''Novo Curso'' en Alemaña Oriental estaba baseado na política económica iniciada por [[Georgy Malenkov]] na [[Unión Soviética]]. A política de Malenkov, que buscaba unha mellora dos niveis de vida, marcaba un xiro no investimento cara á industria lixeira e comercial e un maior abastecemento de bens de consumo. O SED, co obxectivo de virar a énfase económica da industria pesada aos bens de consumo, iniciou un programa para aliviar as dificultades económicas. Isto levou a unha redución das cotas e as taxas, a posibilidade de créditos estatais ás empresas privadas, e un aumento na asignación de material de produción.
 
Cando o ''Novo Curso'' incrementou os bens de consumo que os traballadores podían obter,<ref>[http://www.ib.hu-berlin.de/pbruhn/juni1953.htm 17. Juni 1953 Bibliographical database of the international literature]</ref> as cotas de produción atopábanse aínda altas. Cando as cotas de traballo foron aumentadas en [[1953]], levou ao Levantamento do [[17 de xuño]] de [[1953]]. Folgas e manifestacións sucedéronse nos grandes centros industriais. Os traballadores demandaban a diminución das cotas e o aumento dos salarios. A ''Volkspolizei'' e o [[Exército Vermello]] impediron a insurrección, na que morreron aproximadamente 100 persoas.
 
En [[1954]], a URSS garantiu oficialmente a soberanía de Alemaña do Leste, e a Comisión de Control Soviética en Berlín foi disolta. Aquel ano finalizaron os pagos das reparacións de guerra, e as SAGs pasaron a propiedade estatal alemá oriental. O cinco estados que constituían a zona de ocupación soviética disolvéronse e foron substituídos por quince distritos (Bezirke) en [[1952]]; Estados Unidos, Gran Bretaña e Francia non recoñeceron ao décimo quinto distrito, Berlín Oriental. Alemaña Oriental comezou a participar activamente no [[Consello de Axuda Mutua Económica]] (CAME ou COMECON) en [[1950]]. En 1956 creouse o Exército Nacional Popular (''Nationale Volksarmee'', NVA), e a RDA entrou a formar parte do [[Pacto de Varsovia]].
Liña 64:
En [[1956]], no XX Congreso do [[Partido Comunista da Unión Soviética]], o seu primeiro secretario [[Nikita Khrushchev]] repudiou o [[Stalin|estalinismo]]. Naquel momento, un sector da intelectualidade académica dentro do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]] demandaba reformas. Con este obxectivo, [[Wolfgang Harich]] redactou un programa defendendo cambios radicais en Alemaña Oriental. A finais de [[1956]], el e os seus partidarios foron rapidamente purgados das filas do partido.
[[Ficheiro:100-Mark-1971.jpg|miniatura|esquerda|300px|Billete de 100 marcos da RDA coa efixie de [[Karl Marx]]]]
O Pleno do Comité Central do SED de [[xullo]] de [[1956]] confirmou o liderado de Ulbricht e presentou o segundo Plan Quinquenal (1956-[[1960]]). O plan levaba como lema "modernización, mecanización e automatismo" para salientar o novo enfoque no progreso tecnolóxico. No Pleno, anunciouse a intención de desenvolver [[enerxía nuclear]], e o primeiro reactor nuclear de Alemaña Oriental foi activado en [[1957]].
 
O segundo Plan Quinquenal impulsou a Alemaña do Leste a acelerar os seus esforzos cara á colectivización agrícola e para completar a nacionalización do sector industrial. O Plan atopou dificultades, e foi substituíuno por un Plan a sete anos (1959-[[1965]]). O novo Plan aspiraba a conseguir alcanzar a produción per cápita de [[Alemaña Occidental]] para finais de [[1961]], lanzar maiores cotas de produción, e convocou a incrementar nun 85% a produtividade laboral.
Liña 71:
[[Ficheiro:Stamps of Germany (DDR) 1963, MiNr 0968.jpg|miniatura|220px|Walter Ulbricht nun timbre postal da República Democrática Alemá.]]
Baixo o NES, a tarefa de establecer o futuro desenvolvemento económico foi asignada á planificación central. A descentralización implicou a transferencia parcial da toma de decisións da Comisión de Planificación Estatal e o Consello Económico Nacional ás Asociacións de Empresas do Pobo (''Vereinigungen Volkseigener Betriebe'', VVBs). As autoridades da planificación central lanzaban obxectivos de produción xerais, pero cada VVB determinaba o seu propio financiamento interno, utilización da tecnoloxía, e colocación da forza de traballo e os recursos. Como corpos intermediarios, as VVBs funcionaban ademais para sintetizar a información e as recomendacións dos VEBs. O NES estipulaba que as decisións produtivas debían facerse baixo as bases da obtención de beneficios, que os salarios reflectisen a produtividade, e que os prezos respondesen o abastecemento e a demanda.
 
Ulbricht lanzou en [[1968]] unha campaña para convencer aos países do [[COMECON]] de intensificar o seu desenvolvemento económico "polos seus propios medios". Internamente, a RDA substituíu o NES co Sistema Económico do Socialismo (ESS), que se enfocou nos sectores tecnolóxicos desenvolvidos para facer posible o crecemento autosuficiente. En xeral, a planificación centralizada se re-introduciu nos chamados sectores crave, que incluían as [[Electrónica|industrias electrónicas]], [[química]]s e [[plástico|plásticas]]. Os combinados electrónicos foron formados para integrar industrias enteiras nunha cadea de produción. Os subsidios a prezos restablecéronse para acelerar o crecemento nos sectores favorecidos. O plan anual para 1968 impuxo cotas de produción nas industrias crave un 2,6% máis altas que no resto de sectores para alcanzar o crecemento industrial nestas áreas. O Estado lanzou os obxectivos de [[1969]]-[[1970]] para a tecnoloxía especializada mesmo máis altos. O fracaso en alcanzar os obxectivos do ESS derivou no esforzo reformista de [[1970]].
 
A ''Tarefa Principal'', introducida por Honecker en [[1971]], formulou a política interior para os [[1970|anos 70]]. O programa re-salientaba no marxismo-leninismo e a loita internacional de clases. Durante este período, o SED lanzou unha masiva campaña de propaganda de carácter obrerista. A Tarefa Principal rescatou o obxectivo económico de progreso industrial, pero este obxectivo debía ser conseguido dentro do contexto da planificación estatal centralizada. O socialismo de consumo, o novo programa establecido na Tarefa Principal, foi un esforzo para magnificar o chamamento ao socialismo ofrecendo unha especial consideración ás necesidades materiais da [[Traballo (socioloxía)|clase traballadora]]. O Estado reorientou a política salarial e deu máis atención a incrementar o abastecemento de bens de consumo.
 
Así mesmo acelerouse a construción de novas vivendas e a renovación dos apartamentos existentes; o 60% das casas novas e renovadas foi asignado a familias obreiras. Os alugueres, que estaban subsidiados, permaneceron extremadamente baixos. Debido a que as mulleres constituían preto do 50% da forza laboral, as facilidades do coidado de nenos, incluíndo gardarías e clínicas, incrementáronse para os fillos das nais traballadoras. As mulleres obreiras recibían subsidios de maternidade que duraban entre seis meses e un ano. O Estado incrementou tamén as pensións.
Liña 81:
=== Política exterior (1967-1975) ===
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-N1007-0018, Berlin, 25. Jahrestag DDR-Gründung, Parade.jpg|miniatura|esquerda|350px|XXV Aniversario da RDA, [[Berlín]], [[1974]].]]
A política exterior de Ulbricht entre [[1967]] e [[1971]] respondeu o comezo da época da distensión co Oeste. Aínda que isto ofreceu a Alemaña do Leste a oportunidade de superar o seu illamento en política exterior e gañar o recoñecemento de Occidente como Estado soberano, o líder do SED era remiso a perseguir unha política de achegamento a [[Alemaña Occidental]]. As dúas Alemanias conservaran o obxectivo da futura unificación; con todo, ambas continuaban irreconciliables por mor dos seus propios sistemas políticos. A [[Constitución]] de [[1968]] proclamou a vitoria do [[socialismo]] e remarcou o obxectivo nacional da unificación baixo liderado [[Comunismo|comunista]].
 
A finais dos [[1960|anos 60]], Ulbricht fixo do Consello de Estado o principal órgano gobernamental. O Consello, de 24 membros, multipartidista, encabezado por Ulbricht e dominado polo quince representantes do SED, xerou unha nova época de [[conservadorismo]] político. As políticas tanto interior como exterior dos anos finais da época Ulbricht reflectiron unha forte determinación cara a unha estratexia agresiva cara ao Oeste. En [[1967]] propuxo a [[Checoslovaquia]], [[Polonia]], [[Hungría]] e [[Bulgaria]] asinar tratados de asistencia mutua bilaterais con Alemaña Oriental. A Doutrina Ulbricht, por tanto asinada por estes países, determinoulles a rexeitar a normalización de relacións con Alemaña Occidental a menos que [[Bonn]] recoñecese formalmente a soberanía da RDA.
 
En [[agosto]] de [[1970]], a Unión Soviética e Alemaña Occidental asinaron o Tratado de [[Moscova]], no cal os dous países acordaban basearse na non-agresión nas súas relacións, protexer a seguridade europea e internacional e confirmar a [[Liña Oder-Neisse]]. Moscova presionou por tanto a Alemaña Oriental para comezar negociacións con Alemaña Occidental. Ulbricht resistiuse, debilitando aínda máis o seu liderado, que fora danado polo fracaso do ESS. En maio de [[1971]], o Comité Central do SED elixiu a [[Erich Honecker]] para suceder a Ulbricht como primeiro secretario do Partido.
 
[[Ficheiro:Stamps of Germany (DDR) 1972, MiNr 1760.jpg|miniatura|300px|[[Leonid Brezhnev]] e Erich Honecker nun selo da RDA con motivo dunha visita do primeiro ao país.]]
Honecker combinou a lealdade cara á [[Unión Soviética]] coa flexibilidade cara á distensión. No 8º Congreso do Partido, en [[xuño]] de [[1971]], presentou o programa político para a nova etapa. Na súa reformulación da política exterior da RDA, Honecker renunciou ao obxectivo dunha Alemaña unificada e adoptou a posición ideolóxica ''defensiva'' do ''Abgrenzung'' (demarcación ou separación). Baixo este programa, o país definíase como un "[[Estado socialista]]" diferenciado e salientaba a súa alianza coa [[Unión Soviética]]. O ''Abgrenzung'', defendendo a soberanía da RDA, contribuíu en cambio ao éxito das negociacións da détente que levaron ao Acordo de Berlín en 1971 e ao Tratado Básico con Alemaña Occidental en [[decembro]] de [[1972]].
 
O Acordo de Berlín e o Tratado Básico normalizaron as relacións entre a RDA e a RFA. O Acordo de Berlín (efectivo en xuño de 1972), asinado por [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Reino Unido]], [[Francia]] e a [[Unión Soviética]], protexía o comercio e as viaxes entre Berlín Oeste e o resto da RFA e animaba a aumentar as comunicacións entre Berlín Leste e Berlín Oeste. A URSS estipulou, no entanto, que Berlín Occidental non sería incorporada oficialmente a Alemaña Occidental. O Tratado Básico (efectivo en xuño de 1973) recoñecía politicamente os dous Estados alemáns, e os dous países prometeron respectar a soberanía do outro. Baixo os termos do tratado, serían intercambiadas misións diplomáticas, establecidas relacións comerciais, turísticas, culturais e de comunicacións. En [[setembro]] de [[1973]], ambos os países uníronse ás [[Nacións Unidas]], e debido a iso a RDA recibiu un recoñecemento internacional sen precedentes.
 
Desde mediados dos [[1970|anos 70]], a RDA estabilizábase nas relacións Leste-Oeste. A emenda de 1974 á Constitución eliminou todas as referencias á ''Nación alemá'' e á ''unidade alemá'' e definiu a Alemaña Oriental como ''unha Estado-nación socialista de obreiros e campesiños'' e ''unha parte constituínte inseparable da comunidade de países socialistas''. Como parte da distensión xeral entre Leste e Oeste, a RDA participou na [[Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa|Conferencia sobre Seguridade e Cooperación]] en Europa en xullo de 1975, asinando o Acta Final de [[Helsinqui]], que pretendía garantir o recoñecemento dos [[dereitos humanos]].
Liña 98:
Ámbalas Alemañas continuaron unha procura de identidade nacional, pero aínda que para [[Alemaña Occidental]] foi máis sinxelo fundar a súa identidade asumindo practicamente toda a [[Cultura de Alemaña|tradición histórica alemá]], para a RDA este proceso foi moito máis difícil. Dende o principio, a recentemente formada RDA tentou establecer a súa propia identidade separada, deixando de lado diversos elementos históricos característicos que non eran conformes cun Estado de ideoloxía [[comunista]]. Sobre todo, debido á antiga crítica marxista do militarismo de [[Prusia]], o SED repudiaba toda posible "continuidade" entre Prusia e a RDA, aínda que xeograficamente o territorio da RDA comprendía na práctica a maior parte do antigo reino prusiano. No seu lugar, enfocouse na herdanza progresista da [[Historia de Alemaña]], incluíndo o papel de [[Thomas Müntzer]] na [[Guerra dos campesiños alemáns]] do [[século XVI]], e o papel xogado polos heroes da loita de clases durante a industrialización de Prusia, deixando de lado a outras figuras da historia alemá, aínda que preservando no posible aos líderes intelectuais máis destacados e indiscutiblemente alemáns como [[Schiller]] ou [[Goethe]]. Asímismo reivindicou ao outrora criticado clérigo [[Martiño Lutero]] xunto aos fundadores do [[Partido Comunista de Alemaña|KPD]] e heroes da [[Revolución de Novembro]] de [[1918]], [[Karl Liebknecht]] e [[Rosa Luxemburg]].
 
O 10º Congreso do Partido, que tivo lugar en [[abril]] de [[1981]], centrouse na mellora da economía, estabilizar o sistema socialista, conseguir éxitos en política exterior e fortalecer as relacións con Alemaña Occidental. Presentando o SED como a forza dirixente en todas as áreas da sociedade alemá oriental, o secretario xeral (posto que substituíu ao de primeiro secretario en [[1976]]) Honecker salientou a importancia de educar a cadros leais para asegurar a posición do Partido. Anunciou que máis dun terzo de todos os militantes e candidatos electorais e preto de dous terzos dos secretarios do Partido completaran un curso de estudos superiores e que catro quintos dos secretarios recibiran formación nunha escola do Partido durante máis dun ano.
 
Afirmando que unha relaxación do [[centralismo]] [[democracia|democrático]] era inaceptable, Honecker salientou nun ríxido centralismo dentro das filas do Partido. Subliñando o curso xeral tomado polo SED, o Congreso confirmou a unidade da política social e económica de Alemaña Oriental na fronte interna e o seu absoluto aliñamento coa Unión Soviética na fronte exterior. De acordo co pronunciamiento último, o SED aprobou a [[Guerra Afgano-Soviética|intervención soviética en Afganistán]], aínda cando isto significou que a RDA queda diferenciada da posición tomada polos comunistas [[Iugoslavia|iugoslavos]], [[Partido Comunista Romanés|romaneses]] e [[Italia|italianositalia]]nos, que criticaron a acción da URSS.
 
O Comité Central do SED, que durante os [[1960|anos 60]] fora un órgano consultivo, foi reducido á función de ''aclamador'' durante o 10º Congreso do Partido. O [[Politbüro]] e o Secretariado permaneceron na súa meirande parte sen cambios. Á parte dos acordos políticos, o Congreso analizou o novo Plan Quinquenal ([[1981]]-[[1985]]), chamando a maior produtividade, máis uso eficiente dos recursos materiais, e produtos de mellor calidade. Aínda que o plan previo non fora alcanzado, o Congreso lanzou de novo obxectivos moi ambiciosos.
Liña 111:
 
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-1989-1007-402, Berlin, 40. Jahrestag DDR-Gründung, Ehrengäste.jpg|miniatura|dereita|320px|XL Aniversario da RDA, [[Berlín]], [[1989]].]]
Ignorando os problemas que ameazaban ao país, Honecker e o resto do Politbüro celebraron o 40º aniversario da RDA en Berlín Leste o [[7 de outubro]]. Como en celebracións anteriores, os soldados marcharon en desfile xunto aos tanques e mísiles, para mostrar o poderío militar da República. A mesma noite do [[7 de outubro]], comezaban as primeiras manifestacións multitudinarias en Berlín Oriental. Estas manifestacións, demandando liberdade de expresión e prensa, incrementaron a presión. Nun intento de aplacar as protestas, o Politbüro cesou a Honecker o [[18 de outubro]] e substituíuno polo máis novo e menos intransixente [[Egon Krenz]].
 
Con todo, o [[7 de novembro]] o primeiro ministro [[Willi Stoph]] e todo o seu goberno dimitían, e o [[9 de novembro]] o [[Muro de Berlín]] ''caía'' (un termo común para a apertura das fronteiras, os primeiros intentos de derrubar tramos da barreira e a entrada de alemáns orientais en Berlín Oeste, onde o goberno de [[Helmut Kohl]] entregoulles 100 marcos occidentais como ''agasallo de benvida''). Neste contexto o sistema comezaba a colapsar. A Volkskammer votou o [[1 de decembro]] abolir a cláusula constitucional que garantía o papel dirixente do SED no Estado. Egon Krenz, á cabeza do Politburó e o Comité Central en pleno, dimitiron dous días despois. Pouco máis tarde, dirixentes partidarios da [[Perestroika]] como [[Gregor Gysi]], [[Lothar Bisky]] ou [[Hans Modrow]] tomaron a dirección do SED, celebrando un Congreso que os refundaba como [[Die Linke|Partido do Socialismo Democrático]] (PDS).
 
Aínda que nun principio buscábanse reformas preservando o carácter socialista do Estado, e mesmo houbo intentos de manter a RDA como país, os únicos grupos organizados que presionaron e gañaron o papel dirixente foron os que defenderon a reunificación con Alemaña Occidental, a pesar de que nun principio o goberno da RFA era remiso a esta situación. O [[18 de marzo]] de [[1990]] celebráronse eleccións á Cámara do Pobo, as últimas da RDA: os [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|democristiáns]] de [[Helmut Kohl|Kohl]] e os seus aliados venceron amplamente cun 48% dos votos; os [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|socialdemócratas]] obtiveron un 22% e o [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED-PDS]] un 16%. [[Lothar de Maizière]] foi elixido primeiro ministro e comezouse o proceso da [[reunificación alemá]]. O [[1 de xullo]] uníase o sistema financeiro e o [[3 de outubro]] se reunificaban oficialmente os dous países na [[República Federal de Alemaña]], sendo a RDA o primeiro país do bloque oriental en unirse á [[Unión Europea]].
Liña 119:
== Política e goberno ==
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-1990-0419-418, Berlin, Volkskammer während Regierungserklärung von Lothar de Maiziere.jpg|miniatura|esquerda|250px|Sesión da ''Volkskammer'' en [[1990]].]]
Nos anos comprendidos entre o final do conflito e a fundación da nova República, organizouse nesta zona o [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands'', SED). O SED foi impulsado polas organizacións orientais do [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD) de [[Wilhelm Pieck]] e o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD) de [[Otto Grotewohl]]. O SED impulsou a creación e potenciación dunha organización xuvenil vinculada ao devandito partido, a Mocidade Libre Alemá (''Freie Deutsche Jügend'', FDJ) e unha central sindical, a Federación Alemá de Sindicatos Libres (''Freier Deutscher Gewerkschaftsbund'', FDGB). O SED chegou a contar con 2,8 millóns de militantes.
 
A Fronte Nacional de Alemaña Democrática (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Nationale Front des Demokratischen Deutschland'') foi unha [[Fronte Popular]] conformado por partidos políticos e organizacións de masas da República Democrática Alemá que, a pesar de estar dominado politicamente polo [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (SED), presentaba unha lista única ás eleccións da Cámara do Pobo con candidatos de todos os seus membros: Partido Socialista Unificado de Alemaña, Federación Alemá de Sindicatos Libres, Unión Demócrata Cristiá, Partido Liberal Democrático de Alemaña, Partido Democrático Campesiño de Alemaña, Partido Nacional Democrático de Alemaña, Mocidade Libre Alemá, Federación de Mulleres Democráticas de Alemaña, e Asociación Cultural da RDA.
 
A creación do Congreso Popular (''Volkskongress'') foi impulsada por estas organizacións, o cal redactou a [[Constitución]] de [[1949]]. Esta Constitución non definía ao Estado como [[socialista]], e instituía o multipartidismo e a propiedade privada. Até [[1968]] non sería redactada unha Constitución que definía ao Estado como socialista e elevaba ao rango de constitucional a economía nacionalizada e planificada.
Como o resto de [[:Categoría:Partidos comunistas|partidos comunistas]] os seus órganos dirixentes eran o Congreso, o Comité Central e o [[Politbüro]].
 
Trala caída do Muro de Berlín o [[9 de novembro]] de [[1989]], o SED refundouse no [[Die Linke|Partido do Socialismo Democrático]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Partei deas Demokratischen Sozialismus'', PDS), que actualmente ostenta un 25% dos votos de media nos Estados de Alemaña oriental baixo a denominación ''die Linke'' (do [[Lingua alemá|alemán]]: ''A esquerda''). Así, as estruturas de poder da RDA fóronse diluíndo e como consecuencia desta situación celebráronse as últimas eleccións da historia da RDA o [[18 de marzo]] de [[1990]], resultando vencedores os [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|democristiáns]] co 41,8% dos votos e 192 escanos. Os [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|socialdemócratas]] (SPD) obtiveron 88 escanos, O SED 66 e a [[Bündnis 90 / Die Grünen|Alianza 90]], 12. Formouse un goberno non socialista cuxa única tarefa foi conseguir a integración na [[República Federal de Alemaña]] en [[outubro]] de [[1990]] e por tanto, a disolución da República Democrática Alemá.