Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 14:
|territorio = Disolución dos [[Imperio]]s [[Imperio Alemán|Alemán]], [[Imperio austrohúngaro|Austrohúngaro]], [[Imperio otomán|Otomán]] e [[Imperio ruso|Ruso]].
|combatentes1 = '''[[Potencias Centrais]]''':
{{IAH}},
{{RBU}},
{{IAL}},
{{IMO}}
|combatentes2 = '''[[Aliados da Primeira Guerra Mundial|Aliados]]''':
[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px|Bandeira de Francia]] [[Terceira República Francesa|Francia]],
[[Ficheiro:Flag of Belgium.svg|20px|Bandeira de Bélxica]] [[Bélxica]],
[[Ficheiro:Flag of the United Kingdom.svg|20px]] [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|Gran Bretaña]],
{{CAB}},
[[Ficheiro:British Raj Red Ensign.svg|20px]] [[India Británica]],
[[Ficheiro:Flag of New Zealand.svg|20px|Bandeira de Nova Zelanda]] [[Nova Zelanda]],
[[Ficheiro:Flag_of_South_Africa_1910-1912.svg|20px]] [[Unión Surafricana|Suráfrica]],
{{AUS}},
[[Ficheiro:Dominion of Newfoundland Red Ensign.svg|20px]] [[Dominio de Terranova|Terranova]],
[[Ficheiro:State Flag of Serbia (1882-1918).svg|20px]] [[Reino de Serbia|Serbia]],
[[Ficheiro:Flag of Russia.svg‎| 20 px]] [[Imperio ruso]],
{{RIT}},
[[Ficheiro:US flag 48 stars.svg|20px]] [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]],
[[Ficheiro:Flag of the Kingdom of Montenegro.svg|20px]] [[Reino de Montenegro|Montenegro]]
{{IXP}},
[[Ficheiro:Flag_of_Romania.png|20px|Bandeira de Romanía]] [[Reino de Romanía|Romanía]],
[[Ficheiro:Flag of Greece (1828-1978).svg|20px]] [[Reino de Grecia|Grecia]],
[[Ficheiro:Flag of Portugal.svg|20px|Bandeira de Portugal]] [[Primeira República Portuguesa|Portugal]]
|comandante1 = {{IAHb}} [[Francisco Xosé I de Austria|Francisco Xosé I]],
{{IAHb}} [[Carlos I de Austria|Carlos I]],
{{IAHb}} [[Franz Conrad von Hötzendorf]],
{{IALb}} [[Guillerme II de Alemaña]],
{{IALb}} [[Erich von Falkenhayn]],
{{IALb}} [[Paul von Hindenburg]],
{{IALb}} [[Reinhard Scheer]],
{{IALb}} [[Erich Ludendorff]],
{{IOTb}} [[Mehmed V]],
{{IOTb}} [[İsmail Enver]],
{{IOTb}} [[Mustafa Kemal Atatürk]],
{{RBUb}} [[Fernando I de Bulgaria]]
|comandante2 = [[Ficheiro:Flag of Russia.svg‎| 20 px]] [[Nicolás II de Rusia]],
[[Ficheiro:Flag of Russia.svg‎| 20 px]] [[Alexéi Alexéievich Brusílov]],
[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px|Bandeira de Francia]] [[Philippe Pétain]],
[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px|Bandeira de Francia]] [[Georges Clemenceau]],
[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px|Bandeira de Francia]] [[Joseph Joffre]],
[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px|Bandeira de Francia]] [[Ferdinand Foch]],
[[Ficheiro:Flag of France.svg|20px|Bandera de Francia]] [[Robert Nivelle]],
[[Ficheiro:Flag of Poland.svg|20px|Bandeira de Polonia]] [[Józef Piłsudski]]
[[Ficheiro:Flag of the United Kingdom.svg|20px]] [[Herbert Henry Asquith]],
[[Ficheiro:Flag of the United Kingdom.svg|20px]] [[Douglas Haig]],
[[Ficheiro:Flag of the United Kingdom.svg|20px]] [[John Jellicoe]],
{{RITb}} [[Víctor Manuel III]],
{{RITb}} [[Luigi Cadorna]],
{{RITb}} [[Armando Diaz]],
[[Ficheiro:US flag 48 stars.svg|20px]] [[Woodrow Wilson]],
[[Ficheiro:US flag 48 stars.svg|20px]] [[John J. Pershing]]
|soldados1 =
|soldados2 =
Liña 41:

== Bandos ==
[[Ficheiro:Map Europe alliances 1914-es.svg|miniatura|320px|Alianzas militares europeas en [[1915]]. A [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] está representada en castaño, a [[Tripla Entente]] en verde e as nacións neutrais en pexego]]

A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A finais do [[século XIX]], tras a guerra franco-prusiana, [[Otto von Bismarck]], chanceler [[Prusia|prusianoprusia]]no, conseguiu establecer unha serie de alianzas cuxo fin era o de illar Francia. Trala guerra entre Francia e Prusia, rematou a unificación de Alemaña e o establecemento do II Reich. Ademais da perda territorial, Francia foi humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de vinganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918. Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída ao [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Conseguiu acordos semellantes con [[Italia]], formándose así a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]]. Deste xeito, Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No tocante á política exterior, deixa a Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co [[Imperio Ruso]], dirixido polo tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].

Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o [[Imperio Alemán]] e o [[Imperio Austro-Húngaro]]; e o outro, a ''Entente Cordiale'', formado polo [[Imperio Ruso]] e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o [[Imperio Británico]], que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un periodo coñecido como ''Paz Armada'', en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado polo Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota.

En agosto de 1914 estoupa a que sería a Primeira Guerra Mundial. Austria-Hungría invade [[Serbia]], o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden [[Bélxica]] para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.

Italia decide non intervir en 1914, rompendo os acordos coas outras potencias centrais. En 1915, a cambio de promesas de conquista territorial a expensas de Austria-Hungría, Italia involúcrase na guerra a favor dos aliados. En outubro de 1914, o Imperio Otomán, axudado polos alemáns, ataca Rusia e entra na guerra no bando das potencias centrais.

O Xapón ataca os postos alemáns no [[Pacífico]] e entra na guerra no bando aliado. Os Estados Unidos, tras o afundimento do transatlántico Lusitania, entra na guerra en favor dos aliados.

Debido a que a guerra precisaba de máis e máis homes, as potencias recorreron ás súas colonias. O Imperio Británico recibiu tropas canadenses, indias, australianas e neozelandesas. Francia obtivo soldados das súas colonias africanas. Alemaña e Austria apenas tiñan colonias relevantes das que obter novos soldados.
Liña 58:
A guerra pasou por diferentes fases:
* '''1ª fase''': durante a primeira fase os éxitos caeron do bando das potencias centrais. Austria-Hungría invade a Serbia e toma a maior parte do país. Non obstante, sofre moitas máis baixas do agardado. Na fronte occidental, Alemaña leva a iniciativa. Pon en marcha o plano Schlieffen, invadindo Bélxica para chegar a Francia. A invasión de Bélxica é exitosa, pero a un custo elevado. A pesar da oposición francesa e británica, os alemáns chegan a Francia. As tropas centrais primeiro diríxense cara a París, e logo viran ao oeste tratando de envolveren as tropas aliadas. Deste xeito pérdese un tempo valioso, permitindo a Francia reorganizar a defensa da capital. Cando os alemáns tentaron asaltar a cidade, foron repelidos contudentemente na [[Primeira Batalla do Marne]]. As ofensivas galas a través de Alsacia e Lorena foron un total fracaso e supuxeron elevadas perdas. Pola súa banda, o Corpo Expedicionario Británico non puido aguantar a embestida xermana e tivo que retirarse en varias ocasións. A finais de 1914 a fronte quedou estabilizada tras a [[batalla de Yser]] e apenas se movería ata [[1918]]. A fronte oriental en cambio era moito máis móbil. En 1914 as tropas tsaristas invadiron Austria-Hungría e Prusia oriental. Avanzaron fondamente pero finalmente foron repelidas na [[batalla de Tannenberg]]. Tras as diversas batallas, desapareceron o I e II Exércitos rusos e morreron aproximadamente 1.000.000 de austríacos. Tamén en 1914, o Imperio Otomán atacou o Imperio Ruso a través de [[Armenia]], con escaso éxito.

* '''2ª fase''': tras a batalla de Yser estabilízase a fronte na Francia. Ambos os bandos comezan a construción dunha serie de trincheiras que iría desde [[Suíza]] ata a costa atlántica francesa. A partir de entón todas as batallas consistirían primeiro nun bombardeo masivo de artillaría que destruiría as defensas inimigas e aturdiría os soldados rivais, seguido dun asalto pola infantaría coa [[baioneta]]. Malia as grandes ofensivas, tanto alemás ([[batalla de Verdún]]) como aliadas ([[ofensiva do Somme]]), a liña da fronte apenas se movería ata 1918. O éxito de cada ataque medíase en relación á superficie gañada, ás veces custando miles de vidas cada metro conquistado. A fronte oriental sempre foi moito máis móbil cá occidental. A finais de [[1917]] o exército ruso estaba desfeito, carecía de alimentos e municións e o pobo ruso estaba ao bordo da sublevación. Isto favoreceu intensamente a chegada ao poder do [[comunismo]], con [[Lenin]] á cabeza, que se retirou da guerra asinando o tratado de Brest-Litovsk. Tamén en 1917, os Estados Unidos declaran a guerra ao Imperio Alemán tras o afundimento do transatlántico Lusitania.

* '''3ª fase''': a fase final da guerra comezou en 1918, tras a sinatura do tratado de Brest-Litovks, a través do cal a Rusia revolucionaria rendíase ao Imperio Alemán. Deste xeito, quedaban liberados medio millón de soldados alemáns, que agora serían destinados á fronte occidental. O Alto Mando alemán quería finalizar a guerra antes de que chegasen máis tropas estadounidenses e por iso enviou a todos os efectivos na [[ofensiva de San Miguel]]. Os resultados iniciais foron moi bos e axiña afondaron en Francia. Os británicos tiveron que repregarse perdendo case tantos homes coma na ofensiva do Somme de 1916. Os franceses tamén sufriron moitas baixas. Parecía que Alemaña estaba a punto de gañar a longa guerra pero, cara a mediados de 1918, esgotouse. A cidadanía alemá desexaba a conclusión da guerra debido ás penurias económicas e alimentarias que sufría e presiounou ao goberno para que o káiser fose deposto. A finais do verán, os aliados recuperáranse e contraatacaron en numerosos puntos durante a [[ofensiva dos cen días]]. Os aliados contaban coa vantaxe dun maior número de tropas (franceses, británicos, australianos, neozelandeses, canadenses, estadounidenses) e dunha superioridade tecnolóxica (maior número de avións e tanques). Durante meses hostigaron aos alemáns, ata que en outubro se fixo inevitable iniciar negociacións para un armisticio. As condicións que impuñan os aliados, sobre todo os franceses, eran tan duras que os alemáns non as aceptaron. Finalmente, ante a ameaza do colapso do país, o Imperio Alemán firmou a rendición incondicional. Os aliados aínda non romperan de todo as liñas alemás, pero o Imperio estaba ao bordo da revolución, e agora só, tras a rendición de Austria-Hungría, a [[Bulgaria]] e do Imperio Otomán. Ás 11 horas do [[11 de novembro]] de [[1918]] cesaron todos os combates. O II Reich quedaba suprimido e instaurábase a ''República Alemá'' tras o exilio do káiser Guillerme II de Alemaña.

Liña 69 ⟶ 67:
[[Ficheiro:French 87th Regiment Cote 34 Verdun 1916.jpg|miniatura|200px|Soldados franceses nas trincheiras, durante a batalla de Verdún, en 1916.]]
{{Artigo principal|Fronte occidental (Primeira Guerra Mundial)}}
A fronte occidental foi iniciada en 1914 cando o Imperio Alemán atravesou Bélxica para invadir Francia. O máximo avance produciuse no outono do mesmo ano, cando foron repelidos tras a [[Primeira Batalla do Marne]]. A partir dese momento, a fronte estabilizouse ata 1918, construíndose unha serie de trincheiras dende a fronteira suíza ata a costa francesa. Desde ese período a guerra en occidente quedará determinada polos ataques de infantería de trincheira a trincheira, os continuos bombardeos da artillería e aviación, os aramados, as minas, metralladoras e francotiradores. A maior parte das batallas limítase a un ataque masivo da artillería, podendo ser axudada pola aviación, e despois un asalto coa [[baioneta]]. Ningún dos dous bandos conseguiu avanzar de forma significativa ata [[1918]]. As trincheiras carecen da hixiene básica e son unha fonte de infeccións e diversas patoloxías. Os sucesivos intentos, tanto alemáns coma aliados, non conseguen abrir unha fenda en catro anos.

=== Fronte oriental ===
Liña 95 ⟶ 93:
A '''gran guerra''' foi unha contenda que se iniciou e finalizou en terra, sendo protagonista a infantería e os equipos blindados. Non obstante, a mariña interviu ao longo de toda a guerra en distintas áreas.

* Europa: nas augas europeas, a mariña real británica e a mariña de guerra francesa tentaron impor un bloqueo marítimo ás potencias centrais, limitando o abastecemento de Alemaña e Austria-Hungría. Pola súa parte, a frota de guerra do Imperio Alemán tentaría romper o bloqueo nunha serie de batallas que perdería. A maiores, desenvolveu unha nova arma, o [[submarino]], que distribuirá polas distintas augas europeas cuxo obxectivo é o de afundir o maior número de barcos posibles dos aliados. Especialmente, interesaba cortar as liñas de subministros de municións e alimentos que proviñan de [[América]] (Estados Unidos, Arxentina etc.). No Mediterráneo, Austria-Hungría despregou a súa frota e enfrontouse aos barcos aliados. A través deste mar, os británicos e franceses pretendían atacar e vencer ao Imperio Otomán. Aínda así, o desembarco realizado en Gallipolli non tivo éxito e tiveron que retirarse.

* Asia: cando estoupou a guerra, atopábanse en Asia parte da frota rusa, a frota xaponesa, parte da británica e a alemá. As bases navais alemás foron bombardeadas e tomadas. A frota alemá foi derrotada pola británica.

* África: ao igual que en Asia, polas costas africanas navegaban frotas das potencias coloniais. As naves británicas volveron a gañar a partida ás alemás, pero estas causaron danos aos transportes aliados.

== Desenvolvemento tecnolóxico ==
A partir de 1914 e ata a fin da guerra, ambos bandos investiron inxentes recursos na fabricación e evolución de todos os materiais bélicos. Os fusís foron mellorados no seu alcance e precisión. O fusil de francotirador popularizouse, acadando unha potencia e fiabilidade maior. A metralladora converteuse nunha arma estándar. Reduciuse o seu tamaño, aumentou a precisión e a potencia. Empregouse nas trincheiras, nos búnkeres e nos vehículos. Requiría dous homes, un que a manexase e un auxiliar de munición. A artillería foi tamén obxecto de mellora. Fabricáronse novos canóns, cuxo alcance era moi superior aos antecesores. Ao mesmo tempo, apareceron pezas de artillería pequenas, moi precisas, capaces de disparar un elevado número de proxectís en pouco tempo. Apareceron tamén pezas sen retroceso, polo que tras cada disparo non era preciso modificar a súa posición.

A guerra química experimentou un crecemento espectacular. O uso de gas iniciouse en [[Segunda batalla de Ypres|Ypres]] polas tropas alemás. A partir de entón volvéronse habituais os ataques con gases asfixiantes por ambos bandos.

Un dos inventos máis salientables da guerra foi o [[carro de combate|tanque]], unha unidade mecanizada blindada, capaz de resistir os disparos das metralladoras e de atravesar os terreos enlamados e irregulares. Serían os británicos os primeiros en empregalos en Cambrai. Os aliados confiaron neles e fabricaron varios milleiros de unidades. En cambio, os alemáns desconfiaron del e optaron por non fabricar máis que unhas decenas.
Liña 214 ⟶ 210:
[[Ficheiro:German losses after WWI.svg|miniatura|Alemaña tras a paz de Versalles

{{legend|#ffffcf|Perdido por Alemaña tras a [[Primeira Guerra Mundial]]; Perdidos en favor doutros países}}
{{legend|#ddefd0|Perdido por Alemaña tras a [[Primeira Guerra Mundial]]; Administrado pola [[Liga de Nacións]]}}
{{legend|#f6d3a9|Alemaña (1919–1935)}}]]
As consecuencias máis graves sufríronas os perdedores da contenda, o Imperio Austro-Húngaro, o Imperio Alemán e o Imperio Otomán. Os tres imperios desapareceron dando lugar a cadansúa república: Alemaña, Austria, Hungría e Turquía. Tamén desapareceu o Imperio Ruso e xurdiu a Rusia revolucionaria. A diferenza reside en que a desaparición dos tres primeiros imperios foi parte dos acordos de paz asinados coas potencias aliadas. En cambio, o Imperio Ruso desapareceu por mor dunha revolución interna iniciada durante a guerra, en 1917.
Liña 225 ⟶ 221:
O Imperio Otomán desapareceu e os seus territorios reducíronse á actual Turquía.

O Imperio Ruso desapareceu no contexto dunha revolución comunista, que despois dará lugar á [[Unión Soviética]]. Parte dos territorios perdéronse dando lugar ás repúblicas de Estonia, Letonia e Lituania. Outras zonas pasaron ás mans polacas, ucraínas e bielorrusas.

Polonia reapareceu coma estado independente tras máis de 120 anos desaparecido. Parte do país compúxose con territorios historicamente polacos, alemáns, rusos e ucraínos. Francia recuperou Alsacia e Lorena e Bélxica conseguiu parte de Alemaña.

No tocante ás colonias, Alemaña perdeunas todas, que pasaron a ser administradas por Francia, polo Imperio Británico e polo Xapón.

=== Consecuencias sociais ===
A '''Primeira Guerra Mundial''' supuxo un cambio fundamental na sociedade do inicio do século XX. A gran guerra foi a primeira contenda que requiriu a mobilización masiva social. Todos os homes entre 18 e 50 anos foron recrutados nun momento ou outro, sempre que non desenvolvesen un traballo esencial. A contribución de homes de xeito continuado provocou a necesidade de buscar outra man de obra para a industria bélica. Recorreuse ás mulleres, que se incorporaron rapidamente ao mercado laboral. Tradicionalmente, as mulleres estaban ocupadas das tarefas domésticas e carecían de dereito ao voto. A partir de 1914, moitas delas comezaron a traballar e polo tanto agora posuían un salario e independencia. Isto ía ser un grande estímulo ao movemento feminista, que despois da guerra conseguiría o voto feminino en Gran Bretaña, Alemaña, Estados Unidos, Turquía e Rusia. En Francia inda terían que pasar varios anos para o seu establecemento. Outra das consecuencias foi o aumento das diferenzas sociais e un incremento da inflación. As persoas ligadas á industria do armamento elevaron os seus ingresos de xeito exponencial, mentres que a elevada inflación prexudicaba ás clases asalariadas. Ademais, milleiros de soldados quedaron irremediablemente mutilados pola guerra, sendo incapacitados para calquera actividade laboral.

=== Consecuencias políticas ===