Bieito XVI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 36:
En [[1946]] celebra coa súa familia a III Constitución de [[Baviera]] que se proclama Estado Libre, ata que os aliados impoñen o ''Bund'' -Federación-.
 
Ordenado o [[29 de xuño]] de [[1951]] polo cardeal [[Michael von Faulhaber]]. Imparte clases sobre teoloxía fundamental na Universidade de Frisinga. Nesta universidade, en [[1954]], o profesor Michael Schmaus rexeita, por moi avanzada, a súa tese sobre a teoloxía da historia en [[Boaventura de Bagnoregio]]. O 21 de febreiro de [[1957]] defende con éxito a súa tese de habilitación para a docencia. Entre [[1959]] e [[1963]] foi profesor na [[Universidade de Bonn]], para pasar posteriormente á [[Universidade de Münster]].
 
Participou no [[Concilio Vaticano II]] defendendo o reformismo como asesor do cardeal de [[Colonia, Alemaña|Colonia]] Frings. Pouco antes, en [[1959]], publica con [[Karl Rahner]] ''Episcopado e Primado'' onde sostén a necesidade dun exercicio do papado máis colexiado. Na terceira sesión do Concilio, participa xa como perito nomeado por [[Paulo VI]].
Liña 42:
En [[1966]] asume a cátedra de teoloxía na [[Universidade de Tübingen]], onde foi colega de [[Hans Küng]]. En obras como ''Teoloxía da Historia en San Boaventura'', ''Introdución ao Cristianismo'', ou '' O Novo Pobo de Deus'' rompeu coa linguaxe tradicional da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] e defendeu rachar cun inmobilismo conservador contrario, segundo el, á verdadeira tradición. En [[1968]] asina con outros teólogos a ''Declaración de Nimega'', onde se reclama maior pluralismo teolóxico. En [[1969]] regresa a Baviera, á [[Universidade de Regensburg]].
 
En [[1972]] puxo en marcha a revista ''Conmunio'' xunto con prestixiosos teólogos ata había pouco postos en entredito pola xerarquía eclesiástica como [[Henri de Lubac]] e [[Hans Urs von Balthasar]].
 
O 24 de marzo [[1977]] foi consagrado bispo de Múnic e Freising. O 27 de xuño foi creado cardeal por [[Paulo VI]]. En [[1981]] foi nomeado por [[Xoán Paulo II]] como prefecto da Congregación da Doutrina da Fe (antigo Santo Oficio). A fronte da mesma, sancionou a [[Leonardo Boff]]. Durante ese mandato publicouse o ''Informe sobre a Fe'' que contiña unha entrevista onde Ratzinger manifestaba a necesidade de controlar as innovacións postconciliares, o que lle valeu o aplauso dos sectores conservadores da Igrexa.Ç
Liña 61:
O escudo Papal de Bieito XVI conserva algúns elementos do escudo do cardeal Ratzinger e descarta a tripla tiara pontificia, substituíndoa por unha mitra. Foi o mesmo Papa quen agregou o palio, a estola de la, que simboliza a autoridade episcopal. Bieito XVI mantivo a concha, que simboliza a peregrinación e o peregrino. Tamén está o mouro de Frisinga situado na esquina superior esquerda, que simboliza a universalidade da Igrexa. Ao seu lado, o oso de Corbitiano, simbolizando as cargas da Igrexa a través da lenda de Corbitiano, un bispo que predicou na antiga rexión de Baviera. O escudo complétase coas dúas chaves cruzadas que representan a San Pedro.{{cómpre referencia}}
 
=== Encíclicas<ref> [http://www.vatican.va/holy_father/benedict_xvi/encyclicals/index_sp.htm] </ref> ===
* ''[[Deus caritas est]]'' (25 de decembro de 2005), onde reflexiona sobre o [[amor]] como núcleo da mensaxe cristiá.
* ''Spe salvi'' (30 de novembro de 2007) sobre a dimensión trascendente do ser humano.
Liña 81:
Botou ao xefe de prensa do ''Opus Dei'' Rafael Navarro-Valls e optou polo xesuíta Federico Lombardi, máis aberto. Destituiu ao Secretario de Estado Sodano, sospeitoso de connivencia cos Lexionarios de Cristo, e reemprazouno polo salesiano Tarsicio Bertone con sona de moderado. Condenou ao ostracismo ao pederasta [[Marcial Maciel]] e ordenou a refundación dos Lexionarios de Cristo, creada por aquel e inzada de escándalos sexuais e financeiros. Ordenou poñer a disposición da xustiza penal civil aos sacerdotes pederastas. Fracasou na rexeneración das finanzas vaticanas (dimisión de Ettore Gotti Tedeschi). Nesta liña, promulgara normas para evitar o blanqueo de capitais <ref>El Papa cierra las puertas del Vaticano al blanqueo de dinero [http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/12/31/0003_8939577.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz] [[La Voz de Galicia]], 31/12/2010</ref>
 
Foi criticado por sectores conservadores ao admitir o uso do preservativo nalgúns casos <ref>''Benedicto XVI se ha enfrentado, además, a sus seguidores más acérrimos, los conservadores. No es que se haya convertido de pronto a la modernidad, pero su idea de que “la Iglesia no debe esconderse” le permitió abordar asuntos que otros prelados consideran vedados. Un ejemplo fue el de los preservativos. Benedicto XVI es partidario de su uso “en algunos casos”. Sorprendidos, la idea fue matizada hasta por los obispos españoles. El Papa, seguro de sí mismo, zanjó la polémica con la afirmación de que lo dicho por él “no necesita aclaraciones”'', Juan G. Bedoya en [[El País]] [http://internacional.elpais.com/internacional/2013/02/11/actualidad/1360611760_253398.html]</ref> ofrecer colaboración ao réxime comunista postcastrista cubano e admitir a necesidade dun recoñecemento legal ás parellas distintas ao matrimonio heterosexual<ref>Arzobispo Vincenzo Paglia: “no estoy en contra de las uniones civiles”[http://www.espiritugay.com/arzobispo-vincenzo-paglia-no-estoy-en-contra-de-las-uniones-civiles/] Espíritu Gay</ref><ref>[http://infocatolica.com/blog/coradcor.php/1302060401-lo-que-ha-dicho-mons-paglia-v] Infocatólica</ref> a través do presidente do Pontificio Consello da Familia Vicenzo Paglia. Un discurso na Universidade en Ratisbona en [[2006]] alporizou ao mundo musulmán o que lle obrigou a tender pontes na viaxe a [[Estambul]] e ao [[Líbano]].
 
Causou malestar entre o integrismo católico co nomeamento como Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe a [[Gerhard Ludwig Müller]]<ref>Periodista Digital[http://www.periodistadigital.com/religion/vaticano/2013/05/21/muller-es-necesario-distinguir-entre-una-teologia-de-la-liberacion-equivocada-y-una-correcta-religion-iglesia-francisco-benedicto-doctrina-fe-zenit.shtml Periodista Digital]</ref><ref>Un exemplo:[http://www.catolicidad.com/2012/09/mons-gerhard-ludwig-muller-coautor-de.html Un exemplo]</ref>, coñecido pola súa boa sintonía con [[Gustavo Gutiérrez Merino]], o fundador da Teoloxía da Liberación. Tamén causou desgusto neses sectores <ref>Un exemplo: [http://tradiciondigital.es/2012/12/06/atrio-de-los-gentiles-cerrado-temporalmente-por-obras/] Un exemplo]</ref> a creación do ''Adro dos Xentís'', co fin de establecer un diálogo estable con pensadores agnósticos e ateos.
 
Viuse afectado pola filtración de documentos coñecida como ''Vatileaks'' que deixou ao descuberto as liortas internas na curia. Rompeu coa tradición do carácter vitalicio do papado ao anunciar a súa renuncia para o 28 de febreiro de 2013.