Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m clean up, removed: {{En progreso}} using AWB
Liña 1:
{{sen referencias|data=xullo de 2015}}
 
{{En progreso}}
[[Ficheiro:Tren a las nubes cruzando Viaducto la Polvorilla.jpg|miniatura|Ferrocarril na [[Arxentina]].]]
O '''ferrocarril''', '''camiño de ferro''' ou '''ferrovía''' é o modo de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por dous carrís metálicos que se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixan á plataforma pola que discorren. Orixinariamente os carrís foron de ferro, aínda que hai antecedentes de madeira, de aí o nome de ferrocarril, que atoparemos como ferro-carril nas antigas publicacións. A partir de 1870 os carrís foron construídos de aceiro.O termo inclúe tamén os [[tren]]s e as instalacións anexas. A eficacia do ferrocarril como modo de transporte está sometido ó compromiso de equilibrar o suposto ideal en canto a seguridade e mínimo consumo enerxético –a vía perfectamente recta cun desnivel 0–, pero máximo custe de construción, e a capacidade de adaptar o trazado ás características orográficas e o relevo do terreo polo que tal vía discorre ó mínimo custe económico e ambiental posible.
 
No universo do ferrocarril hai que distinguir: a infraestrutura, a obra civil e o material rodante. A infraestrutura agrupa tódolos elementos de enxeñería precisos para o desenvolvemento do transporte: plataforma, vías, pontes, viadutos, túneles, tendido eléctrico ou catenaria, sistema de sinalización, sistemas de seguridade etcétera. A obra civil, inclúe as construcións necesarias para relacionar o ferrocarril cos seus usuarios: estacións, almacéns, plataformas... Para rematar, o material rodante é o conxunto de elementos móbiles que permiten a existencia do transporte ferroviario e que especialmente coñecemos polo nome de [[tren]]. Clasifícase, en primeira instancia, en: material motor, que agrupa os elementos de tracción (locomotoras e tractores de manobras), e material remolcado que está formado polos vehículos adicados ó transporte de mercadorías, [[vagón]]s de pasaxeiros ou coches e doutros servizos como os postais que son denominados [[furgón]]s. Hai unha terceira categoría, dentro desta clasificación, que é a formada polo material autopropulsado: son unidades nas que a motorización e a tracción está instalada ó longo da composición, como acontece nos automotores e nas unidades eléctricas chamadas tranvías, ou conta con cabezas motrices en ámbolos dous extremos da composición formando unha unidade indivisible, como sucede nas modernas unidades eléctricas e algúns trens de alta velocidade.
 
== Historia do Ferrocarril ==
 
[[Ficheiro:Locomotora mikado.jpg|miniatura|Locomotora Mikado no ''Museo do Ferrocarril de Delicias'' en [[Madrid]].]]
O primeiro transporte de viaxeiros sobre "carrís de ferro" realizouse en [[1801]], con vagóns puxados por cabalos, entre as localidades [[Inglaterra|inglesas]] de [[Wandsworth]] e [[Croydon]]. En 1803 Richard Trevithick construíu a primeira locomotora de vapor que se movía sobre carrís.
 
[[George Stephenson]] (Wylam, [[1781]] - Tapton House, Chesterfield, [[1848]]) é considerado o pai do camiño de ferro moderno polas súas pescudas e resultados xunto ao seu irmán Robert. Creou a primeira liña pública do mundo en [[1825]] entre Stockton e Darlinton, e posteriormente en [[1830]], entre Liverpool e Manchester, a primeira liña que tamén transportaba pasaxeiros.
 
As primeiras locomotoras foron:
 
* En [[1828]]: Locomotora "Lancashire Witch" (12  km/h), deseñada para o transporte de carbón.
* En [[1829]]: Locomotora "Rocket" (47  km/h), a primeira que remolcou vagóns con pasaxeiros.
 
=== España ===
[[Ficheiro:Stephenson's_Rocket.jpg|miniatura|esquerda|Locomotora Rocket.]]
A primeira liña ferroviaria de España foi inaugurada no ano [[1837]], pero non na metrópole, senón nunha das colonias: o ferrocarril entre [[A Habana]] e [[Güines]], na illa de [[Cuba]]. Once anos máis tarde, en [[1848]], inaugurouse o primeiro ferrocarril na península cunha liña, de 28  km de lonxitude entre as cidades de [[Barcelona]] e [[Mataró]]. Pouco antes, en [[1844]], os enxeñeiros Juan e José Subercase e Calixto Santa Cruz, ditaminaron nun informe, as características que tiña que cumprir o ferrocarril en España, entre outras, o ancho de vía, que sería de seis pés casteláns, 1674 milímetros, fronte os 4 pés e 8,5 polgadas do ancho da meirande parte dos ferrocarrís construídos ate ese momento. En [[1851]] inaugurouse o tramo de [[Madrid]] a [[Aranjuez]], que formou parte do ferrocarril de [[Madrid]] a [[Alacant]].
 
=== Galicia ===
[[Ficheiro:Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel, 1863.jpg|miniatura|''Estatutos y contrato para la construcción y esplotación del camino de hierro de Santiago al Puerto del Carril'', 1863.]]
O [[15 de setembro]] de [[1873]] inaugurouse o primeiro ferrocarril de [[Galicia]] entre [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] ([[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]]) e [[Cornes, Conxo, Santiago de Compostela|Cornes]] ([[Santiago de Compostela|Santiago]]). Nese momento, [[España]] tiña xa uns 6.000 &nbsp;km de vías, distribuídas por tódalas comunidades excepto en [[Galicia]] e as illas.<ref>"El tren del futuro arrolla al del ayer", en ''La Voz de Galicia'', 14.09.2008.</ref>
 
En Galicia, como no resto de España, as dificultades foron basicamente financeiras. A pequena burguesía liberal galega considerou o tren como o medio que puña fin ó atraso económico e social de Galicia e emprendeu numerosas campañas para que houbese comunicacións ferroviarias dentro de Galicia e conexións co resto de España. A primeira solicitude presentada foi en 1845, para unha liña entre León e Vigo. O Goberno autorizou a concesión o 12 de xullo dese ano, pero non chegou a materializarse. En 1857 comezou o estudo para a construción de dúas liñas dende Palencia, con destino ás cidades de Vigo e A Coruña, que terían consideración de ramais da liña principal de Madrid a Irún. Un ano despois conseguiron a concesión do Goberno e comezaron as obras entre Palencia e Ponferrada. O primeiro ferrocarril que se comezou a construír en solo galego foi o Compostelán, entre Santiago e O Carril, que foi o primeiro en operar, a partir de 1873. Dous anos despois fíxoo a liña A Coruña-Lugo, propiedade da Compañía do Noroeste de España, pero non conseguiu enlazar o trazado galego co da Compañía do Norte e quebrou en 1878. A compañía do Norte fíxose cargo ate 1880, data na que quedou constituída a Compañía de Asturias León e Galicia, con capital basicamente de Norte. Finalmente, en 1885, a Compañía do Norte absorbeu a AGL.
Liña 37:
==== A nacionalización ====
[[Ficheiro:Euromed Ben.jpg|miniatura|Euromed en [[Benicarló]], País Valenciano.]]
A partir de 1940 o ferrocarril estivo en situación ruinosa en España. Ós efectos da Guerra Civil hai que engadir o illamento producido polo comezo da Segunda Guerra Mundial. As empresas privadas non tiñan capacidade nin para mantelo servicio nin para reparalos danos ocasionados pola guerra. En 1941 prodúcese a nacionalización de tódalas liñas ferroviarias de ancho ibérico e no mesmo ano constitúese a [[RENFE]] (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles). Trala nacionalización, o estado pon en marcha un plan para rematalas liñas inacabadas, como a de Santiago-A Coruña, que se inaugura en 1943; Puebla de Sanabria-Ourense, en 1957 e Ourense-Santiago en 1958. A liña de Medina a Vigo por Zamora e Ourense rematábase case cen anos despois do seu comezo. As dificultades técnicas e orográficas fixéranse patentes, de xeito especial entre o tramo de Ourense a Puebla de Sanabria, o máis difícil do tecido ferroviario español ate entón, posto que preto de un terzo discorre entre trincheiras, viadutos e túneles, dos que o do [[Padornelo, Lubián|Padornelo]], con 5.971 metros é o máis longo das liñas convencionais de Renfe.
 
O grande paradoxo da historia do ferrocarril en Galicia plantéxase na década de 1940. Recentemente expropiadas as compañías privadas ante a paupérrima situación económica que atravesaban e frustradas tódalas tentativas de crear compañías independentes durante a fase de expansión e esplendor ferroviario, aparece a única empresa ferroviaria con capital integramente galego de toda a historia, que chegará a se converter nunha das máis sobranceiras do mundo. En 1943, os irmáns Fernández López ( Antonio, Concepción, José e Manuel) fundan [[Transfesa]] unha compañía que nace co obxecto de transportar por vía férrea gando ás cidades de Madrid e Barcelona.
Liña 43:
==== Peche de servizos e decadencia ====
[[Ficheiro:Ponte Vella Internacional Tui-Valença.jpg|miniatura|300px|[[Ponte Vella Internacional Tui-Valença|Ponte Internacional do ferrocarril en Tui]].]]
Coa rede ferroviaria galega rematada a partir de 1958 –agás no corredor de vía estreita entre Ferrol e Ribadeo que non chegará a conectar coa liña transcantábrica ate 1972–, os servizos viven un longo período de estabilidade. A chegada das locomotoras Diésel e os automotores rápidos –Taf– nesa mesma década, e os ferrobuses e os Ter a partir dos anos sesenta, relegan a tracción vapor ate que en 1966 desaparece practicamente das circulacións galegas. A expansión do automóbil, a mellora das redes viarias plantexa una gradual decadencia do ferrocarril que vai agravarse ante os nulos investimentos na modernización e no mantemento, de xeito que a única mellora rexistrada en trinta anos será a electrificación da liña Vigo-Monforte, rematada en 1981. Nos anos 1980 e 1990 desaparecen servizos ferroviarios e outros redúcense ante a escasa ocupación de viaxeiros o que ocasiona numerosas chamadas de atención por parte da sociedade que reclama maior participación do ferrocarril no contexto do transporte de viaxeiros e mercadorías en Galicia, adicándolle similar esforzo inversor que o practicado polas administracións ás estradas e aeroportos.
 
O proceso reivindicativo chega ó punto crítico cando nos plans trazados dende Bruxelas nos comezos da década de 1990 para a alta velocidade europea queda marxinada Galicia. Tras numerosas propostas e contrapropostas, asúmese a necesidade de mellorar as relacións internas, especialmente no chamado Corredor Atlántico (Coruña-Vigo-Porto) cun proxecto de velocidade alta para trens que podan desenvolver ate 220 &nbsp;km/h e conexións de Santiago, A Coruña e Vigo, a través de ramais, tamén a velocidade alta, co Corredor Noroeste de Alta Velocidade que chegará dende Madrid, vía Valladolid. As estimacións prevén o remate das obras en ámbolos dous eixos de actuación antes de 2010. A realidade, manifesta dende 1845 que as obras ferroviarias nunca remataron nin por aproximación, nas datas previstas.
 
==== Accidente ferroviario en 2013 ====
Liña 56:
== Liñas en Galicia ==
[[Ficheiro:Ferrocarril_galicia.jpg|miniatura|300px|Mapa das liñas de ferrocarril en [[Galicia]] en xuño de 2009.]]
O mapa a seguir amosa as liñas de ferrocarril existentes en Galicia en xuño de 2009. Non se teñen en conta ramais privados a empresas ou accesos a portos. Suman aproximadamente uns 1.100 quilómetros. As liñas sinaladas en negro pertencían até o ano 2005 a [[Renfe]] e dispoñen de largo ibérico (1.668 &nbsp;mm) mentres que a liña vermella ([[Ferrol]]-[[Ribadeo]]-[[Oviedo]]) é vía estreita de 1 m de ancho e pertence a [[FEVE]]. A liña en verde é o antigo camiño de ferro mineiro [[Vilaoudriz, A Pontenova|Vilaoudriz]] - [[Ribadeo]], tirado nos anos 60 do pasado século.
Das liñas en uso só o trazado que entra por [[Ponferrada]] cara a [[Liña Monforte de Lemos - Vigo|Monforte-Ourense-Vigo]] está electrificado.
 
== Elementos da infraestrutura ==
Liña 94:
 
[[Categoría:Ferrocarril]]
 
{{En progreso}}