Pena Grande de Férvedes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Arqueoloxía ==
Nesta pena hai un [[sitio arqueolóxico|conxunto arqueolóxico]] do [[paleolítico superior]], ao aire libre, que foi descuberto no ano [[1971]] polo [[médico]] e [[arqueoloxía|arqueólogo]] [[Vilalba|vilalbés]] [[José Ramil Soneira]]. Neste [[sitio arqueolóxico|sitio]] recuperáronse [[ferramenta|útiles]] de [[sílex]], [[cuarzo]] e [[cuarzo|cristal de rocha]].<ref>O ''cristal de rocha'' é como se denomina ao cristal de cuarzo transparente.</ref> No [[sitio arqueolóxico|sitio]] da Pena Grande denominado [[Férvedes II]] localizouse un colgante pétreo de forma ovoidal cun orificio de forma circular e en ambas as dúas caras un profundo suco horizontal datado en hai uns 17 000 anos, denominado ''colgante de pedra decorado de Férvedes'', que foi a [[arte|manifestación artística]] máis antiga coñecida até hoxe en [[Galicia]].<ref name=ONP/> <ref name=CX/> <ref>[http://galego.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/07/27/0003_7016221.htm "Valdavara únese á Valiña, Pena Grande, Férvedes ou Pena Xiboi para documentar ese último período"], artigo en ''La Voz de Galicia'', 27 de xullo de 2008.</ref> Tamén se atopou unha [[azagaia]] de [[óso]] decorada cunha inscrición horizontal. Pouco despois, en [[1983]], Ramil Soneira e [[José Manuel Vázquez Varela|Vázquez Varela]] deron a coñecer a primeira noticia de [[arte moble]] en Galicia, unha peza de pedra de forma oval perforada e decorada con sucos que interpretan como un colgante.<ref name=ONP/>
 
== Notas ==