Níscaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
== Descrición ==
O seu pé é oco e curto, máis ou menos cilíndrico ou un chisco estreitado na base. De estrutura granulosa: macizo de moi novo, despois ten zonas ocas sen deixar de ser resistente. É da cor do chapeu porén máis pálido, con algúns buratiños superficiais de cor máis intensa. Adoita ter parasitos[[parasito]]s e logo tórnase feble. O chapeu adoita oscilar entre os 4 e os 16 cm. de diámetro e a súa cor alaranxada vese modificada por círculos concéntricos de tons arroibados e pálidos. De novos, os níscaros teñen o chapeu enrolado polos bordos e conforme envellece achátase para evoluír a unha forma de [[funil]]. As [[Lamela (botánica)|lamelas]] son da mesma cor, apertadas, finas e decurrentes.
 
A súa carne é mesta e compacta, cun recendo suave e un sabor doce en cru, e algo amargo ao final. Ao cortárense botan un [[látex]] de cor alaranxada. Axiña oxida, adquirindo unha cor verdosa cando avellenta ou ao pasar algunhas horas da súa colla. Un dos seus colorantes elimínase polo [[ril]] despois da inxerir; por isto os [[ouriños]] tórnanse dunha cor que pode asustar ao que non coñece a causa.