Eneida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 8:
A maior obra de Virxilio está escrita en [[hexámetros]] dactílicos. A causa da morte do poeta aparece con pequenos defectos e incoherencias tanta na composición como na estrutura.
 
A ''Eneida'', por vontade expresa do seu autor, debía ser destruída, ó non ser exposta a revisión final que el tiña previsto facer. Augusto interveu para salvar o poema e encargoulle a edición do poema manuscrito a [[Vario Rufo]], poeta notable da época, e a [[Tucca]], amigo persoal de Virxilio. Foi pubblicadapublicada sen adicións nin emendas tornándose verdadeira literatura de carácter sacro para os romanos.
 
A obra consta de dúas partes de extensión semellante: a primeira (libros I-VI), que toma como modelo a [[Odisea]], narra as viaxes de [[Eneas]] polas costas de [[África]] ata arribar primeiro a [[Cartago]] onde é acollido pola raíña [[Dido]] e posteriormente a [[Italia]]; a segunda (libros VII-XII), que se reclama a si mesma como unha especie de [[Ilíada]], as guerras pola conquista do [[Lazio]], coa derrota de [[Turno]] e a fundación de [[Alba Longa]] por parte de [[Ascanio]], da que xurdirá a cidade de [[Roma]].