Selo postal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 38:
Tamén hai outro tipo de falsificacións menos comúns, como poden ser as de tipo propagandístico, un exemplo deste tipo é a falsificación de selos británicos polos alemáns durante a [[Segunda Guerra Mundial]] para incluír a [[Estrela de David]] na coroa do rei.
 
Un selo pódese reparar de moitas formas: o borrado do mataselos é un tipo de fraude moi común, ben coa intención de reempregalo no correo ou ben para vendelo a un coleccionista como novo. Tamén se pode regomar un selo para facelo pasar como novo. Alterar as cores ou engadir ou suprimir dentes. Os selos desgarrados móllanse e coidadosamente aplanados para que as fibras de papel se unan superficialmente durante algún tempo.
 
Para evitar as falsificacións e fraudes as autoridades postais establecen medidas de seguridade nos selos, pode ser a complicación no deseño, a inclusión de [[filigrana]]s, marcas de auga no papel. Para evitar o borrado dos mataselos empregáronse tintas non permanentes que se corren ó meter o selo na auga ou revestimentos de [[verniz]].