Digital Fortress: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
m →‎Argumento: Arranxos using AWB
Liña 5:
== Argumento ==
 
Susan Fletcher é unha criptógrafa estrela da [[NSA]], unha [[axencia de intelixencia]] [[EUA|estadounidense]] especializada na interceptación de información. Susan e chamada polo xefe do departamento de criptografía para que lle axude cunha emerxencia; un ex-membro da NSA, Ensei Tankado desenvolveu un algoritmo que nin o maior ordenador do mundo especializado na desencriptación o deu conseguido, o ordenador é o TRANSLTR en poder da NSA obviamente. Ensei Tankado colgou o programa criptográfico na súa web, pero estaba autocifrado e tiña a intención de vender o contrasinal que o descifraba a empresa que lle pagara máis por el. A única forma de que non publique o contrasinal é que a NSA recoñeza a existencia do TRANSLTR; se Tankado morrese asasinado pola NSA un compañeiro sería o encargado de revelarlle a todo o mundo o contrasinal. A NSA esta en crise, xa que se o programa se distribúe non poderán descifrar as mensaxes.
 
Ensei Tankado aparece morto en [[Sevilla]], supostamente por un ataque o corazón, a NSA debe atopar o amigo de Tankado que ten o contrasinal, pero sen que este se entere de que morreu xa que podería dar a coñecer o contrasinal do programa e entón sería a ruina para a NSA.