Masatoshi Koshiba: Diferenzas entre revisións

físico xaponés
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Masatoshi Koshiba''' (19 de setembro 1926 en Toyohashi, Prefectura de Aichi) é un fisico xaponés gañador do Premio Nobel de Física en 2002...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2007 ás 17:21

Masatoshi Koshiba (19 de setembro 1926 en Toyohashi, Prefectura de Aichi) é un fisico xaponés gañador do Premio Nobel de Física en 2002 polas súas contribucións pioneiras en astrofísica, en particular pola detección de neutrinos cósmicos.

Na década de 1980 Koshiba continuando os traballos iniciados polo químico norteamericano Raymond Davis Jr. vai construír un detector soterráneo de neutrinos nunha mina de cinc, Kamiokande II, un tanque enorme de auga rodeado por detectores electrónicos para detectar os fluxos de luz que se producen cando os neutrinos interacionan reciprocamente cos núcleos atómicos en moléculas de auga. Confirmou os resultados de Davis, que o Sol produce neutrinos e que se atoparon menos dos que se agardaba. En 1987 Koshiba tamén atopou neutrinos na explosión dunha supernova, fóra do Sistema Solar. En 1996 cun detector máis sensible, Super-Kamiokande, Koshiba atopou evidencias do que os científicos xa sospeitaban, os neutrinos, dos cales se coñecen tres tipos, cambian de tipo no seu desprazamaneto através do espazo.