Uniforme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Die_Uniformen_der_Allgemeinen_SS_32-45.jpg" que foi borrado en Commons por JuTa. Motivo: No source since 5 March 2016
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Österreichische Bundespolizei 02.jpg|miniatura|Policía federal de Austria]]
Un '''uniforme''' é a [[vestimenta]] específica e distintiva dos membros dunha entidade ou organización mentres participan nas actividades dese colectivo levándoo segundo unha serie de regras establecidas. Os uniformes poden incluír [[insignia]]s ou distintivos co nome. Adoitan levar uniformes os [[exército|militares]] e membros das [[policía|forzas de seguridade]], servizos de emerxencia, gardas de seguridade, os reclusos, os alumnos de determinados colexios, pilotos, carteiros e moitos outros colectivos.
 
== Historia ==
A orixe do uniforme é militar, na antigüídade os exércitos distinguíanse pola roupa tradicional do pobo de cada banda, aínda así houbo casos de unidades militares que tiñan un alto grao de estandarización na súa apariencia, como o caso das [[lexión romana|lexións romanas]], pero coa caída do [[Imperio Romano]] desapareceron esas primeiras formas de uniforme. A [[Guerra dos Trinta Anos]] (1618-1648), unha guerra longa, que se desenvolveu en boa parte de Europa e que mobilizou unha gran cantidade de soldados destinados en unidades militares durante moito tempo, supuxo o comezo da adopción de signos distintivos, como é o caso do uniforme<ref>Roche, Daniel (1996) ''The Culture of Clothing: Dress and Fashion in the Ancien Régime'', Cambridge University Press, p. 222 </ref>, aínda así durante a guerra só unha pequena parte das unidades vestían uniforme fronte a 1660 cando xa era algo xeral en exércitos como o francés<ref> Thion, Stéphane (2008) ''French Armies of the Thirty Years' War'' LRT Editions, p. 117 </ref>, adoptando uniformes a maioría dos exércitos europeos entre 1650 e 1720<ref>Mansel, Philip (2005) ''Dressed to Rule: Royal and Court Costume from Louis XIV to Elizabeth II'' Yale University Press, p. 19</ref> aínda que as normas e directrices sobre os uniformes non sempre se cumprían, mesmo xa avanzado o século XVIII<ref>Roche, Daniel (1996) ''The Culture of Clothing: Dress and Fashion in the Ancien Régime'', Cambridge University Press, p. 228</ref>, Contribuiu a este desenvolvemento dos uniformes o establecemento de exércitos permanentes e o desenvolvemento da industria téxtil que se produciu entre mediados do século XVII e o XVIII. No século XVIII as cortes europeas, agás a francesa, adoptaron os uniformes, sendo costume ou obrigatorio levalo cando se acudía a ela, creándose uniformes civís para os diplomáticos e altos funcionarios<ref>Mansel, Philip (2005) ''Dressed to Rule: Royal and Court Costume from Louis XIV to Elizabeth II'' Yale University Press, p. 28</ref> e para o comezos do século XIX as cortes europeas adoptaron uniformes para os funcionarios ao seu servizo <ref>Mansel, Philip (2005) ''Dressed to Rule: Royal and Court Costume from Louis XIV to Elizabeth II'' Yale University Press, p. 98</ref> espallándose tamén para todos ou parte dos funcionarios públicos.
 
== Tipos ==
Un [[uniforme militar]] indica que quen o leva é un combatente legal e polo tanto protexido pola [[leis de guerra|tratados internacionais sobre leis de guerra]]. Os uniformes civís indican a capacidade para exercer autoridade pública de quen os leva, e os uniformes de traballo identifican a quen o leva como membros dunha determinada profesión ou mesmo empresa. Ademais existen uniformes para actos específicos, como os uniformes de gala e etiqueta para a asistencia a determinas actividades ou cerimonias, para alén da existencia de uniformes de diario, de traballo, de campaña, de voo e especiais para determinados climas ou labores.
=== Uniformes militares ===
==== Evolución dos uniformes militares<ref>A información deste apartado procede do libro de Preben Kannik, ''Uniformer i färg'', Almqvist & Wiksell: Estocolmo, 1969</ref> ====
{| class="wikitable"
|- bgcolor="F1F1F1"
Liña 18:
! align="left" width="150" |Comentarios
|-
| [[ImaxeFicheiro:1672 - rgt de Picardie2.jpg|miniatura|100px|Soldado do rexemento ''Picardie'' 1672]] ||[[ImaxeFicheiro:Just1678.jpg|miniatura|100px|Home da clase privilexiada con casaca 1678]]||<small>Tanto o [[chapeu]], o pano de pescozo, a [[casaca]], os [[calzón]]s, as [[medias]] e os [[zapato]]s son case idénticos para o uniforme e para o traxe civil segundo a moda do último terzo do século XVII.</small> ||[[ImaxeFicheiro:Picardie 1710.jpg|miniatura|100px|Soldado do rexemento ''Picardie'' 1710]] ||[[ImaxeFicheiro:Elie de beaumont présumé.jpg|miniatura|150px|Personaxe francés do estamento privilexiado vestido á moda de 1710]] ||<small>Uniformes e traxes civís seguen a comezos do século XVIII unha evolución paralela, as abas dos chapeus elévanse ([[tricorne]]s), as casacas acurtánse, os calzóns tórnanse estreitos e as medias van ao longo dos xeonllos.</small>
|-
|[[ImaxeFicheiro:Soldier of 13th regiment 1742.jpg|miniatura|150px|Soldado do '' 13th regiment of Foot'' 1742]] ||[[ImaxeFicheiro:Arthur Devis 10a.jpg|miniatura|150px|Home inglés do estamento privilexiado 1747]] ||<small>Cara a 1740 os uniformes militares e os traxes á moda diferían en moitos detalles; a roupa militar vai máis cinguida e as medias convértense nunha especie de polainas que pasan por riba dos zapatos. A roupa civil pola contra ten un corte máis solto, dando unha impresión de elegancia e as medias van por riba das calzas. </small> || [[ImaxeFicheiro:Füsilier-Reg No 35.jpg|miniatura|150px|Oficial e soldado do ''Füsilier-Regiment Prinz Heinrich von Preußen'' 1785]] ||[[ImaxeFicheiro:Jovellanos2.jpg|miniatura|150px|Membro da clase privilexiada 1782]] || <small>Tanto a chaqueta militar como a civil teñen cada volta un corte máis estreito, tirando cara a un [[frac]], os chapeus pasan de tricornes a bicornes. Son claramente militares as botas, a cinta de oficial e o cinto da tropa </small>
|-
|[[ImaxeFicheiro:Officer and a private 1812 40th.jpg|miniatura|160px|Oficial e soldado do ''40th regiment of Foot'' 1812]] ||[[ImaxeFicheiro:Herr in Wien 1815.jpeg|miniatura|160px|Home da clase privilexiada 1815]] ||<small> O uniforme militar xa non pode ser confundido cun traxe civil, non obstante segue as leis da moda civil, impoñéndose o [[frac]] con dobre ringleira de botoeiras e colo alto, as calzas longas dos civís derivan en pantalóns, e o sombreiro de copa alta nun [[shakó]], de orixe húngara</small>. |||[[ImaxeFicheiro:Неизвестный художник - портрет П.Д. Норова.jpg|miniatura|180px|Coronel ruso (ca.1840).]] ||[[ImaxeFicheiro:The Duke of Wellington and Sri Robert Peel 1844.jpg|miniatura|160px|Dous nobres británicos, 1844.]] || <small>A partir da década de 1840 os exércitos abandonan os fracs en beneficio das [[túnica]]s, nunha tendencia que facilitaba a comisión do servizo pero tamén seguindo as modas civís, non obstante o uso de [[xarreteira]]s indican claramente que se trata dun uniforme de filiación militar</small>
|-
|}
 
==== Cores dos uniformes nacionais no século XVIII ====
{| class="toccolours" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse; font-size: 90%; text-align:center"
|-
Liña 54:
File:Bayerischer Fahnenträger 1800.jpg|Uniforme dun soldado bávaro, ca. 1800
 
File:Knötel I, 18.jpg|Uniforme do rexemento de infantería prusiano ''von Schwerin'' 1757.
</gallery>
 
==== Uniformes militares no século XX ====
<gallery>
File:30th and 20th Punjabis, Lovett 1910.jpg|Uniformes de campaña caqui levados polas tropas coloniais na India Británica.
Liña 79:
</gallery>
 
==== Uniformes navais ====
Os uniformes das unidades navais desenvolvéronse máis tarde que a das forzas de terra, moitas mariñas empregaban uniformes azuis por mor da superioridade naval británica. Os uniformes dos oficiais navais convertéronse na base dos uniformes civís da mariña mercante.
===== Mariñeiros =====
O uniforme dos mariñeiros caracterízase polo gorro de mariñeiro, xeralmente branco que pode presentar abas cara arriba, o pescozo azul e camisa de mariñeiro, nalgúns países como Francia tamén é característico unha camiseta de raias
<gallery>
Liña 92:
</gallery>
 
===== Oficiais =====
É caracerístico do uniforme do oficial naval a gorra con viseira, chaqueta cruzada e as insignias nas mangas; no uniforme de verán a insignia vai no ombreiro. Os suboficiais adoitan levar un uniforme do mesmo tipo que os oficiais.
<gallery>
Liña 104:
</gallery>
 
=== Uniformes das forzas aéreas ===
As forzas aéreas establecéronse logo da Primeira Guerra Mundial como unha organización militar permanente e independente. A primeira en establecerse foi, en 1918, a [[Royal Air Force]] no Reino Unido, e o seu uniforme converteuse nun modelo para outras forzas aéreas, aínda que en menor medida que o fora o da súa mariña. O primeiro uniforme adoptado foi de cor azul clara<ref>[http://www.britairforce.com/imagepages/raf_uniform_1918_a.htm Officer's Light Blue 1918 Pattern. britairforce.com]</ref> para uso dos oficiais pero axiña foi substituído polo desde entón característico azul gris adoptado en setembro de 1919<ref>Hobart, Malcolm (2000) ''Badges and Uniforms Of The Royal Air Force'' Leo Cooper, Pen & Sword Books, p. 26</ref> con gravata e como na mariña as insignias nas mangas. Os recrutas levaron uniformes caqui ata 1924 cando tamén se substituíron por uniformes da mesma cor que os dos oficiais.
 
<gallery>
Liña 122:
</gallery>
 
=== Uniformes civís ===
Os primeiros uniformes civís foron os empregados nas cortes reais europeas e aínda que houbo casos illados de introdución nalgúns órganos da administración, como a aprobación en 1785 dun regulamento para a adopción do uniforme para os empregados do correo prusiano<ref>''Postarchiv'', vol. 33. 1905 Reichspostministerium, p. 456</ref>, a súa difusión aos funcionarios e empregados da administración débese á [[Revolución Francesa]], ao adoptaren as autoridades revolucionarias uniformes civís en 1795 para diferenciar os funcionarios públicos do resto da poboación e que o pobo honorase e respectase o que representaban <ref>Hunt,Lynn Avery (1984)''Politics, Culture, and Class in the French Revolution''. University of California Press, pp. 77-78</ref>. Cos cambios que se introduciron nos países europeos como reacción á Revolución Francesa, outros países adoptaron o costume, así [[Prusia]] en 1804 publicou un regulamento de uniformes civís, onde distinguía os uniformes de gala e os uniformes de traballo diario<ref>[http://www.lwl.org/LWL/Kultur/Aufbruch/themen_start/politik/nation/vereinheitlichungen/verwaltung/preussen/index2_html Ziviluniformen, LWL, portal educativo da autoridade rexional de Westfalia-Lippe]</ref>
==== Uniformes cortesáns ====
 
<gallery>File:Papen18970003.jpg|Uniforme dun paxe da corte imperial alemá en 1897
File:Ray Lawson.jpg|Uniforme cortesán coñecido como Unifome Winsord que no Canadá adoitaban usar e nalgún caso aínda usan os representantes do rei. Na imaxe o tenente gobernador de Ontario en 1948
File:Akira-Tsuruta.png|Uniforme cortesán xaponés de 1872, segue o modelo europeo.
File:Court uniform 1872 01.jpg|Uniforme cortesán xaponés de 1872 para oficiais gobernamentais de clase 1 e 2
Liña 133:
</gallery>
 
==== Uniformes diplomáticos ====
Os uniformes diplomáticos introducíronse en Europa a comezos do século XIX deseñados seguindo o modelo dos uniformes cortesáns, no decurso do século XX a maioría dos países abolíronnos, aínda que algúns países mantéñenos para algunhas cerimonias, como a presentación de credenciais<ref>Hackspiel-Mikosch, Elisabeth (2005). "Uniforms, diplomatic". In Steele, Valerie. ''Encyclopedia of Clothing and Fashion'' vol. 3. Thomson Gale. pp. 362–364</ref>
<gallery>
Liña 145:
</gallery>
==== Uniformes policiais ====
En Europa coexisten dúas tradicións, a anglosaxoa onde a policía era eminentemente local, aínda que co tempo se foi nacionalizando e a tradición continental que creou organizacións policiais centralizadas. Case todos os países de fóra de Europa seguiron algunha desas dúas tradicións, que se reflicte tamén nos uniformes, as policías que seguen a tradición continental adoitan ter uniformes que lembras aos dos militares mentres que a da tradición anglosaxoa seguen os uniformes azuis da policía londinense. A primeira policía puramente civil en uniforme xorde en 1829, os sarxentos da vila en París <ref>[http://www.police-nationale.interieur.gouv.fr/Presentation-generale/Histoire Histoire, web da police nationale]</ref>, aínda que unidades militares xa exercían funcións de policía en uniforme, a [[Xendarmería de Francia]], da que xurdiu a [[Maréchaussée]] en 1720, antecesora da Xendarmería Nacional<ref>[http://www.gign-historique.com/gendarmerie/origines-de-la-gendarmerie/le-premier-uniforme-le-justaucorps/ Le justaucorps : 1720-1769, Web da Xendarmería Nacional]</ref> creada en 1791 tamén con uniforme e principalmente con funcións de policía civil pero cun status militar.
 
<gallery>
Liña 163:
</gallery>
 
== Uniformes políticos ==
Non é habitual que os membros das organizacións políticas leven uniformes mesmo é común que os militares ou policías teñan prohibido levar o seu uniforme en actos de organizacións políticas e nalgúns países existe a prohibición absoluta para os militares de formar parte de partidos políticos. Historicamente o seu uso foi habitual nas organizacións paramilitares, [[Freikorps]], que formaron os ex-combatentes alemáns tras a redución do exército polo [[Tratado de Versalles]], a súa ideoloxía era protofascista e nacionalista, logo da prohibición aos ex-combatentes de participaren en organizacións paramilitares, moitos ingresaron en organizacións políticas extremistas, nese caldo xurdiu o Partido Nazi, e as súas organizacións paramilitares uniformadas, en toda Europa multitude de grupos políticos ou paramilitares adoptaron ese gusto polos uniformes. Co acceso ao poder dos nazis, os uniformes xeneralizáronse masivamente entre a poboación, como boa parte formaba parte por obriga ou por vontade, de organizacións vencelladas aos nazis. Na Italia fascista ou na España do primeiro franquismo déronse situacións parecidas, logo da Segunda Guerra Mundial, nalgúns países como foi o caso de Alemaña prohibíronse ás organizacións políticas levar uniformes.
<gallery>
Liña 173:
File:Bundesarchiv Bild 102-08218, Verfassungsfeier, Hörsing vor dem Berliner Schloss.jpg|Aínda que menos coñecidos houbo grupos paramilitares uniformados que etaban pola defensa da República de Weimsr, é o caso do Reichsbanner Schwarz-Rot-Gold, con membros do SPD, Partido do Centro e Partido Demócrata Alemán
File:Bundesarchiv Bild 102-00842A, Wien, Aufmarsch der Heimwehren.jpg|Como en Alemaña en Austria tamén se crearon organizacións paramilitares formadas por veteranos da guerra, entre elas a Heimwehren
File:1923mussolini.jpg|En Italia o Partido Fascista tamén desenvolveu a súa propia organización paramiliar, coñecidos polas súas camisas negras. Na imaxe Mussolini con milicianos das camisas negras
|En España a Falanxe adoptou un uniforme azul
</gallery>
 
== Uniformes escolares ==
[[ImaxeFicheiro:Mangyongdae Children's Palace 07.JPG|miniatura|Estudantes de Corea do Norte co uniforme obrigatorio]]
Nalgúns países é habitual que os alumnos das escolas vistan uniformes, como é o caso do Reino Unido, noutros países como España úsanse principalmente en colexios privados. Nos Estados Unidos tradicionalmente os uniformes estaban asociados coas escolas privadas pero desde que en 1987 a primeira escola pública adoptou unha política de uniformes obrigatorios, a situación está mudando e segundo unha enquisa do ano 2000 o 21% das escolas públicas tiñan unha política de uniformes<ref>[http://www.educationbug.org/a/public-school-uniform-statistics.html Education Bug]</ref> Os uniformes escolares poden ir desde unha simple camisa estándar a un rigoroso equipamento de roupa formal en colexios privados, nalgúns países o tipo de uniforme varía de escola a escola e noutros, como no Reino Unido, é común para todas as escolas.
== Uniformes de grupos xuvenís ==
Organizacións xuvenís como o [[sokol]] ou os [[scout]]s, dedicados á realización de actividades deportivas os primeiros ou a actividades ao aire libre os segundos tamén adoptaron uniformes para reducir as diferenzas entre os membros e sentirse membros da mesma irmandade.
<gallery>
File:Group of Sokols.jpg|Uniforme dos sokol arredor de 1880, inspirado no seu eslavismo o grupo adoptou un uniforme con pantalóns rusos castaños, unha caqueta polaca e puchas montenegrinas coa influencia revolucionaria das camisas vermellas de Garibaldi
File:Baden-Powell ggbain-39190.png|Baden-Powell, o fundador do scoutismo co uniforme dos scouts, na súa versión para adultos, utilizando pantalóns curtos simbolizando a redución de distancias entre os mozos e os adultos
File:Boy Scout Parade Scotland.jpg|Desfile de scouts en Escocia na década de 1940. O uniforme orixinal consitía nunha camisa ampla de cor caqui, un chapeu de campaña, un pano atado ao pescozo, pantalóns curtos e camisa de manga longa pero que se leva polo común coas mangas enroladas, o uniforme orixinal adaptouse a cada país e á época, e aquí os scouts desfilan con [[kilt]]
Liña 189:
</gallery>
 
== Uniformes de traballo ==
Despois da Segunda Guerra Mundial, os uniformes civís, agás aqueles que representan autoridade, progresivamente derivaron en uniformes de traballo, todos os elementos militares que simbolizan rango e función no seo dunha organización xerárquica desaparecen. Os uniformes de traballo convértense en parte da identidade corporativa, que comunican a súa visión e os seus obxectivos e axuda a que o empregado se identifique coa empresa e os seus obxectivos.
<gallery>
Liña 199:
</gallery>
 
=== Tráfico aéreo ===
No tráfico aéreo é habitual que o [[piloto]] e outros membros da cabina mais os [[auxiliar de voo|auxiliares de voo]] vaia en uniforme.
 
=== Restauración ===
Na maioría dos [[hotel|hoteis]] e boa parte dos [[restaurante|restaurantes]]s é habitual que o persoal atenda ao público con uniforme.
 
=== Servizo doméstico ===
En moitos países o servizo doméstico das grandes casas aristocráticas e burguesas levaban uniforme sendo común que [[asistenta]]s, [[axuda de cámara|axudas de cámara]] e [[aia]]s os levasen , espallándose o costume tamén ao servizo doméstico dos fogares da clase media, aínda que o uso de uniformes desde as últimas décadas do século XX tendeu a diminuír. No caso das mulleres era habitual o mandil.
 
=== Transporte de viaxeiros terrestre ===
É habitual o seu uso nos condutores de autobús, metro e maquinistas, mais nalgúns países, como é o caso de Australia, tamén os taxistas han de levar uniforme<ref>[http://www.transport.wa.gov.au/mediaFiles/taxis/Taxis_CodeofConduct_Aug2013.pdf Taxi Driver. Code of Conduct]</ref>
 
== Uniformes deportivos ==
Liña 215:
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
[[Categoría:Vestimenta]]