Bonito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 26:
[[Ficheiro:Cuvier-46-Thon.jpg|miniatura|250px|Lámina n°46 do libro "Le règne animal distribué d'après son organisation" de [[Georges Cuvier]] (Tomo 8, 2ª ed., 1828), na que se representa, abaixo, a especie ''Thynnus brachypterus'' (hoxe ''Sarda sarda'').]]
 
O '''bonito''',<ref name=RAG>[http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=1927547 '''bonito'''] no Dicionario da [[RAG]]. Cómpre sinalar que a definición no dicionario da RAG é algo imprecisa, xa que di que hai «varias especies».</ref> ''Sarda sarda'', tamén coñecido en [[Galicia]] como '''alistado''', '''albacora''', '''listado''' e '''serra''',<ref name=RP>[[Ríos Panisse|Ríos Panisse, M. C.]] (1977)</ref> é un [[peixe]] [[osteíctio]] da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[perciformes]] e [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[escómbridos]], [[mar|mariño]], de grande interese pesqueiro e gastronómico. É de carne rica en graxa (é un dos chamados [[peixe azul|peixes azuis]]).
 
Non é moi frecuente en Galicia, aínda que ás veces pode verse nas lonxas.<ref name=RS>Rodríguez Solórzano, Manuel ''et al''. (1983)</ref>
Captúrase principalmente nos mares [[Mediterráneo]] e [[Báltico]].<ref name=M/>
 
Recibe ás veces tamén a denominación de ''bonito atlántico'' ou ''bonito do sur'', para diferencialo do ''bonito do norte'' (''[[Thunnus alalunga]]''), o que chamamos en Galicia '''bonito''' por antonomasia,<ref name=RP/> moi semellante pero moito máis apreciado, gastronómica e economicamente.
 
== Taxonomía ==
Liña 89:
 
== En Galicia ==
A primeira cita deste especie en augas [[Galicia|galegas]] débese ao [[ictioloxía|ictiólogo]] e [[oceanografía|oceanógrafo]] [[España|español]] [[De Buen]], en [[1930]], en "Ictiología española. I. Scombriformes y Thunniformes". ''Bol. Pesc.'' '''162''': 34-53.<ref>Solórzano, Manuel R. ''et al.'' (1988)</ref>
 
=== Nomes galegos ===
En galego existe bastante confusión sobre o nome desta especie. No ''[http://academia.gal/dicionario#inicio.do dicionario da RAG en liña]'' a definición de '''bonito''' é ambigua: «Peixe da familia dos escómbridos de corpo alongado, tamaño grande e xeralmente de cor azul escura prateada, que se consome fresco ou en conserva e do que existen varias especies. ''Algúns bonitos caracterízanse por ter bandas negras e prateadas no ventre. O bonito é un peixe común no Atlántico''»,<ref name=RAG/> xa que existen «varias especies» de ''bonitos'' no Atlántico.
 
Por iso nas enciclopedias e grandes dicionarios galegos achamos numerosas contardicións. Para a ''[[Gran enciclopedia galega Silverio Cañada|Gran enciclopedia gallega]]'', o ''bonito'' é a especie ''Germo alalunga''<ref>VV. AA. (1974): ''Gran enciclopedia gallega'', tomo IV. Gijón/Santiago: Silverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-039-6.</ref> —hoxe coñecida cientificamente como ''[[Thunnus alalunga]]''—, mentres que para o ''[[Diccionario enciclopédico galego universal]]'' é ''Sarda sarda''.<ref>VV. AA. (2003): ''DEGU. Diccionario enciclopédico galego universal''. Vigo: Ir Indo Edicións / La Voz de Galicia. Volume 10. ISBN 84-7680-439-3.</ref> <ref>Curiosamente, segundo este dicionario, o '''bonito do norte''' (adaptación do castelán ''bonito del norte'') é o '''atún branco''' (tradución do castelán ''atún blanco'' que figura nas etiquetas das conservas da especie ''[[Thunnus alalunga]]'', que é o ''bonito'' ou ''atún'' máis apreciado), e que (case) todos os mariñeiros galegos (e moitos que non o son) denominan '''bonito''', a secas.</ref> Loxicamente, tamén é ''Sarda sarda'' para o ''Dicionario de galego'' de [[Ir Indo]],<ref>VV. AA. (2004). ''Dicionario de gelego''. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.</ref> Porén, para o ''Gran dicionario Cumio da lingua galega'', o ''Gran dicionario Século21 da lingua galega'' e máis o ''Gran dicionario Xerais da lingua galega'' o ''bonito'' é ''Thunnus alalunga''.<ref>VV. AA. (2004): ''Gran dicionario Cumio da lingua galega''. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-2889-304-1.</ref> <ref>VV. AA. (2006): ''Gran dicionario Século21 da lingua galega''. Vigo: Editorial Galaxia/Edicións do Cumio. ISBN 84-8288-874-7 (Galaxia) / 84-8289-341-6 (Cumio).</ref> <ref>VV. AA. (2009): ''Gran dicionario Xerais da lingua''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-4.</ref>
 
Segundo [[Ríos Panisse]], ''Sarda sarda'' coñécese como ''alistado'' en trece portos de Galicia, ''albacora'' en nove, ''bonito'' en seis , ''listado'' en tres, ''serra'' noutros tres, e ''bonito alistado'' en un ([[Abelleira, Muros|Abelleira]]). E para a outra "especie conflitiva", ''Germo alalunga'' (hoxe ''Thunnus alalunga''), recolleu o nome de ''bonito'' nada menos que en corenta e nove localidades costeiras (ademais de ''albacora'' en catro, ''mono'' —ao pequeno— en dezaseis, e ''surdo'' en dúas.<ref name=RP/>
 
Nas obras ictiolóxicas e terminolóxicas publicadas en galego dan, para ''Sarda sarda'', os nomes de ''alistado'',<ref name=RS/> ''bonito'',<ref name=RV/> e os de ''bontito do Atlántico'', ''bonito do norte'' e ''bonito de lombo raiado''.<ref name=LV>Lahuerta e Vázquez (2000)</ref>
 
Á outra especie, ''Thunnus alalunga'', danlle os autores anteriormente citados os nomes de ''bonito'' e ''bonito de ala larga'',<ref name=RS/>, ''albacora'',<ref name=RV/> e ''bonito''.<ref name=LV/>
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 129:
* [http://pescadosymariscos.consumer.es/bonito Consumer.es]
* [http://www.mapa.es/es/pesca/pags/fondopes/ficha_esp.asp?id=54 Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural e Mariño]
* [http://www.fishbase.org/summary/115 ''Sarda sarda'' (Bloch, 1793)] en [[FishBase]].
* Hansen, Jorge Enrique (1986): [http://sedici.unlp.edu.ar/handle/10915/4773 Aspectos biológicos y pesqueros del bonito del Mar Argentino (Pisces: Scombridae: Sarda sarda)].