Plaça de l'Ajuntament de Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int; formato
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 6:
A '''Plaça de l'Ajuntament''' (en [[Lingua galega|galego]] ''Praza da Casa do Concello'') é o nome que recibe a praza máis grande e céntrica da cidade de [[Valencia]]. Durante o [[franquismo]], recibía o nome de ''Plaza del Caudillo'' e despois da Transición, ''Plaça del País Valencià'' até [[1987]]. Entre [[1936]] e [[1939]], nomeábase ''Plaça Emili Castelar''. Hai unha proposta por parte do [[Consello Valenciano de Cultura]] para que reciba o nome de [[Xaime I de Aragón|Xaime I]], o fundador do [[Reino de Valencia]].
 
== Descrición ==
Ten unha forma triangular, coa [[Plaça del Mercat de Valencia|Plaça del Mercat]] ao norte e a praza da [[Estación Nord de Valencia|Estació del Nord]] ao sur. Na beira oeste atopamos o [[Casa do Concello de Valencia|Ajuntament de València]], e ao leste o [[Edifici de Correos de Valencia|edificio de Correos]]. Ao norte da praza hai unha grande fonte, e ao sur, un gran espazo aberto rodeado de escaparates de flores. A súa fisionomía actual ven da reforma realizada polo arquitecto Javier Goerlich entre [[1931]] e [[1935]], aínda que xa desapareceu o mercado neobarroco de flores soterrado que recibira o nome popular de ''La Escupidera''.
 
== Edificios destacábeis ==
* '''[[Casa do Concello de Valencia|Ajuntament de València]]'''
* '''Casa Barrachina''' de Goerlich.
Liña 29:
* '''Edificio Vitalicio''' de Goerlich, [[1930]].
 
== Opinións ==
Segundo [[Joan Fuster]] é ''una de les places més horribles que coneix l'experiència urbanística de la humanitat'' (''unha das prazas máis horríbeis que coñece a experiencia urbanística da humanidade''). [[Joan Francesc Mira]] cre que Fuster esaxera.
 
== Fallas ==
Durante as [[Fallas]] a a parte central praza está pechada por grandes estruturas enreixadas, xa que cada día ás dúas da tarde fanse espectáculos de pirotecnia chamados [[mascletà|mascletades]]. Fora do espazo da mascletà, plantase o [[Monumento falleiro|falla]] do Ajuntament, habitualmente dos máis grandes e custosos e así como a súa correspondente falla infantil.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Plaça de la Mare de Déu]]
* [[Plaça del Mercat]]
 
=== Bibliografía ===
* Artigo "Javier Goerlich Lleó" da ''Enciclopedia de la Comunidad Valenciana''. Editorial Prensa Valenciana. Valencia, 2005. ISBN 84-87502-56-3 {{es}}
* JOAN F. MIRA (1992): ''València. Guia Particular''. Barcanova. ISBN 84-7533-808-9 (Páxina 117). {{ca}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.jdiezarnal.com/valenciaentornoayuntamientohistoria.html Historia da Praza do Ajuntament]
 
{{Monumentos de Valencia}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prazas de Valencia]]