St. Louis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Misuri +Missouri)
Liña 25:
}}
 
'''St. Louis''' (en francés: '''Saint-Louis''' ou '''St-Louis''') é unha cidade [[Estados Unidos de América|estadounidense]] situada na fronteira oriental de [[MisuriMissouri]], e é a segunda maior cidade do estado. Cunha poboación de 318 069 en xullo de 2011 foi a 58ª cidade estadounidense en 2010 segundo o Censo dos Estados Unidos. A área estatística combinada (CSA) de Greater St. Louis ten unha poboación de 2 882 932 habitantes e é a 15ª maior do país e a maior en MisuriMissouri.
 
A cidade de St. Louis foi fundada en 1764 por [[Pierre Laclède]] e [[Auguste Chouteau]], e despois da compra de [[Luisiana]], converteuse nun importante porto no [[río Mississippi]]. A súa poboación expandiuse despois da [[Guerra Civil Americana]], e converteuse na cuarta cidade máis grande dos Estados Unidos no século XIX. Separouse de St. Louis County en marzo de 1877, o que permitiu que se convertese nunha cidade independente e que se limitasen as súas fronteiras políticas. En 1904, foi sede da [[Louisiana Purchase Exposition|feira mundial]] e dos Xogos Olímpicos. A poboación da cidade alcanzou o seu punto máximo en 1950, e logo comezou un longo declive que continúa no século XXI.
Liña 35:
A área que se convertería en St. Louis era o centro da cultura nativa americana do Mississippi, onde foron construídos numerosos templos e residencias movendo a terra da rexión, dando lugar ao seu apodo ''Mound City''. A exploración europea da zona comenzou en 1673, cando os exploradores fraceses Louis Jolliet e Jacques Marquette viaxaron polo val do río Mississippi. Cinco anos máis tarde, La Salle reclamou a rexión de Francia como parte da Luisiana francesa.
 
Os primeiros asentamentos da zona construíronse en [[Illinois]] (tamén coñecido como o Alto de Luisiana) durante a década de 1700 e principios de 1760 en Cahokia, Kaskaskia e Fort de Chartres. Os emigrantes dos pobos orientais franceses fundaron Ste. Genevieve, MisuriMissouri, a través do río Mississippi dende Kaskaskia, xa a principios de 1764, Pierre Laclede e o seu fillastro Auguste Chouteau fundaron a cidade de St. Louis.
 
Dende 1764 ata 1803 o control europeo da zona oeste de Mississippi na parte máis setentrional da conca do [[río MisuriMissouri]], chamada Luisiana, foi asumido polos españois como parte do Vicerreinado da Nova España. En 1780, St. Louis foi atacado polas forzas británicas, na súa maioría [[indíxenas]] estadounidenses, durante a Guerra da Independencia.
 
=== Século XIX ===
St. Louis transferiúselle a [[Francia]] en 1800, e logo foi vendido aos Estados Unidos en 1803 como parte da compra de Luisiana, e a cidade converteuse na capital territorial. Pouco despois da compra, a [[expedición de Lewis e Clark]] deixou St. Louis en maio de 1804, alcanzando o [[Océano Pacífico]] no verán de 1805 e regresando o 23 de setembro de 1806. Tanto Lewis como Clark quedaron a vivir en St. Louis. Moitos exploradores, tanto [[colonos]] coma cazadores (como Ashley Hundred) máis tarde tomaron unha ruta similar á de Occidente. A cidade elixiu os primeiros lexisladores municipais (denominados administradores fiduciarios) en 1808.
 
Os [[barco de vapor|barcos de vapor]] apareceron por primeira vez en St. Louis en 1818, mellorando as conexións con Nova Orleans e os mercados orientais. MisuriMissouri converteuse en estado en 1821, e a capital trasladouse a St. Louis, que foi incorporada como cidade en 1822 e continuou medrando grazas ás conexións portuarias.
 
Os [[emigración|inmigrantes]] de [[Irlanda]] e [[Alemaña]] chegaron a St. Louis en masa a partir da década de 1840, e a población da cidade medrou de menos de 20 000 en 1840 a 77 860 en 1850, e a máis de 160 000 en 1860. A mediados da década de 1800, St. Louis tiña unha población maior cá de [[Nova Orleans]]. St. Louis é a cidade máis grande que foi controlada polos franceses na Luisiana francesa.
Liña 51:
 
=== Século XX ===
En 1904, a cidade foi sede da Exposición Mundial e dos [[Xogos Olímpicos de 1904|Xogos Olímpicos]], converténdose na primeira cidade americana que organizou os Xogos. As ganancias da cidade proveñen principalmente da feira [[Forest Park]], do [[St. Louis Art Museum]], o [[Zoo de St. Louis]] e o [[Museo de Historia de MisuriMissouri]].
 
A discriminación, a [[segregación]] e restricións por causas [[raza|raciais]] ou relixiosas era común na década de 1910 nesta cidade. A [[NAACP]] loitou contra estas causas durante a Segunda Guerra Mundial e en 1970 continuábase a loitar contra elas.
Liña 61:
Segundo o United States Census Bureau, St. Louis ten unha superficie total de 171,3 km2 (dos cales 160,4 km2 de terra e 11 km2 de auga).
 
A cidade está construída principalmente en [[cantil|acantilados]] e socalcos que se elevan por encima dos 100-200 metros da ribeira oeste do río Mississippi. Gran parte da zona é unha terra chá fértil e que conta con pequenos montes e vales amplos e pouco profundos. Tanto o río Mississippi coma o MisuriMissouri cortaron grandes vales de forma ancha.
 
A maioría da pedra é [[calcaria]] e [[dolomita]]. Existen covas, pero a maioría foron cerradas. Algúns [[manancial|mananciais]] seguen sendo visibles. O [[carbón]], o [[barro]] e o [[mineral de millerita]] extráense da cidade. O río Peres é practicamente o único que se atopa dentro dos límites da cidade, que ocasionou en 1993 unha [[Grande Inundación]].
 
A [[fronteira]] leste da cidade é o río Mississippi, que tamén separa MisuriMissouri de Illinois. O río MisuriMissouri forma a fronteira norte do condado de St. Louis, a excepción dunhas poucas áreas onde o río cambiou o seu curso. O río Meramec forma a maior parte da fronteira sur de St. Louis.
 
=== Clima ===
Liña 133:
A cidade conta con máis de 100 parques, que inclúen instalacións deportivas, parques infantís, lugares para concertos, zonas de pícnic e lagos. O que máis destaca é o [[Forest Park]], situado no bordo occidental da cidade, que é o parque máis grande da cidade, aínda que non é o máis grande da rexión. Outro parque importante da cidade é o [[Jefferson National Expansion Memorial]], un monumento nacional sito na ribeira do río no centro de St. Louis. A peza central do parque, o [[Gateway Arch]], deseñada polo arquitecto [[Eero Saarinen]], mide 192 m de altura e rematouse o 28 de outubro de 1965. Tamén forma parte o antigo Palacio da Xustiza, onde se celebraron os dous primeiros xuízos de [[Dred Scott v. Sandford]] en 1847 e 1850.
[[Ficheiro:Tower Grove Park Scene 1.jpg|200 px|miniatura]]
Outros parques son o [[Xardín Botánico de MisuriMissouri]], [[Tower Grove Park]] e Citygarden. O xardín botánico é un centro de investigación privado e inclúe o [[Climatron]], un invernadoiro construído como unha cúpula xeodésica. O Tower Grove é un regalo á cidade de parte de Henry Shaw; alí atópanse todo tipo de esculturas de diversos autores: [[Julian Opie]], [[Mark di Suvero]]... O parque divídese tamén en tres seccións, cada unha das cales representa un tema diferente: acantilados fluviais, terras chás inundadas e xardíns urbanos. O parque conta tamén cun restaurante (The View Terrace). Outro parque de esculturas no centro da cidade é o [[Parque de Esculturas de Serra]], coa escultura de [[Richard Serra]], ''Twain'' (1982).
 
== Educación ==