Río Ohio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Substitución automática de texto (-Misuri +Missouri); cambios estética
Liña 14:
O '''río Ohio''' é un dos principais [[afluente]]s do [[río Mississippi|Mississippi]]; discorre pola parte leste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Ten unha importancia capital na historia dos Estados Unidos, tanto para as tribos amerindias como para os colonos europeos. O río constituíu unha vía de transporte privilexiada durante a conquista do oeste. Atravesa non menos de seis [[Estados dos Estados Unidos de América|estados]], e a súa [[conca fluvial]] esténdese sobre 14 estados, incluíndo á maioría dos estados do sueste do país. O seu principal afluente é o [[río Tennessee]]. No [[século XVIII]], o río Ohio constituía a fronteira meridional dos estados do Norte, marcando ''[[de facto]]'' o límite entre os estados que practicaban a [[escravitude]] e os que a aboliron.
 
== Percorrido ==
O río fórmase a partir da confluencia dos ríos [[Río Allegheny|Allegheny]] e [[Río Monongahela|Monongahela]], en Point State Park, [[Pittsburgh, Pensilvania]]. Flúe logo cara ao noroeste antes de efectuar unha media volta brusca cara ao sur; forma entón a fronteira entre os estados de [[Virxinia Occidental]] e [[Ohio]], logo diríxese cara ao oeste atravesando aos estados de [[Kentucky]], Ohio, [[Indiana]] e [[Illinois]], antes de desembocar no Mississippi en Cairo, Illinois. A este nivel, o Ohio é máis ancho que o propio Mississippi.
 
O río Ohio comprende numerosos afluentes, e a súa conca hidrográfica cobre máis 490.000 quilómetros cadrados. Devandita conca cobre os estados de Illinois, Indiana, Ohio, [[Estado de Nova York|Nova York]], [[Pensilvania]], [[Maryland]], Virxinia Occidental, Kentucky, [[Tennessee]], [[Virxinia]], [[Carolina do Norte]], [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]], [[Alabama]] e [[Mississippi]].
 
== Formación ==
O río formouse por un [[glaciar]] durante o último período da [[Glaciación|idade de xeo]], chamado a glaciación de Wisconsin (glaciación de Würm para o período correspondente aos [[Alpes]]). Cando o glaciar retirouse, unha barreira de materiais situada preto de [[Louisville, Kentucky]] obstruíu ao Ohio durante certo tempo, o que creou un gran lago. A presa logo cedeu, e o Ohio tomou o seu curso actual, substituíndo o río Teays que existía antes do período glaciar.
 
== Historia ==
Os nativos americanos consideraban ao Ohio como un río desde a súa fonte ata o mar, e non como un afluente do Mississippi. Efectivamente, este transporta o volume de auga máis importante de todos os afluentes do Mississippi.
 
Liña 31:
Logo da independencia das [[Trece Colonias]] (1776), unha serie de disposicións organizaron o recorte dos territorios no norte do Ohio, cedidos por Virxinia aos Estados Unidos. A disposición de [[1785]] organizou o recorte en "townships" dos territorios situados no noroeste. Ohio foi un dos primeiros estados organizados segundo este sistema.
 
Dado que o Ohio discorre cara ao oeste, era unha vía ideal para os pioneiros na conquista do oeste. Unha vez alcanzada a desembocadura do Ohio, estes remontaban o Mississippi ata [[San Luís, MisuriMissouri|San Luís]], en MisuriMissouri. A este nivel, algúns remontaban o Mississippi, outros o [[río MisuriMissouri|MisuriMissouri]], e outros tomaban vías terrestres. Os [[Piratería|piratas]] aproveitábanse da situación, e esixían rescate aos viaxeiros antes de abordar os seus barcos en Cave-in-Rock, no sur de Illinois.
[[Ficheiro:Ohio_river_ripley_ohio_2005.jpg|centro|miniatura|500px|Unha vista do río Ohio en Ripley (Ohio).]]
Separando os estados do norte dos estados confederados, o Ohio era a fronteira que os escravos atravesaban para facerse libres, como contan as novelas de [[Harriet Beecher Stowe]] ou [[Toni Morrison]]. Nos nosos días, o Ohio separa máis ben aos estados do [[Medio Oeste]] e os [[Grandes Lagos, América do Norte|Grandes Lagos]] dos [[Rexión Sur (Estados Unidos)|estados do Sur]].
 
=== Fronteiras ===
A fronteira do territorio de [[Virxinia]] non se fixou no medio do río (como é habitual coas fronteiras fluviais), senón ata a outra beira, o que fai que todo o río estivese situado neste territorio. A partir de Virxinia formáronse os estados de [[Kentucky]] e de [[Virxinia Occidental]], e, xa que logo, todo o río perténcelles, incluída a parte que constitúe a fronteira entre estes estados e os estados de [[Illinois]], [[Indiana]] e [[Ohio]]. Kentucky intentou un proceso contra Indiana a principios dos anos 1980, porque quería construír a [[central nuclear]] de Marble Hill en Indiana, que vertería as súas augas de refugallo no río. O [[Tribunal Supremo dos Estados Unidos]] resolveu que a xurisdición de Kentucky (e, implicitamente, a de Virxinia Occidental) extendíase só ata o sinal de marea baixa de [[1793]] (importante porque o río foi extensivamente represado para a navegación, de modo que a actual beira do río está ao norte do vello sinal de marea baixa).
 
De xeito similar, nos anos 1990, Kentucky disputou o dereito de Illinois de recadar impostos por unha embarcación-casino atracada en Metrópolis, Illinois, argumentando o seu control sobre todo o río. A empresa Aztar abriu a súa propia embarcación-casino que atracou en Evansville, Indiana, aproximadamente ao mesmo tempo. Aínda que os cruceiros no río Ohio circulaban ao principio seguindo un modelo oval de arriba a abaixo ao longo do río, o estado de Kentucky pronto protestou e os cruceiros foron limitados a ir cara a adiante, despois invisten a marcha e van cara atrás, só ao longo da beira de Indiana.
 
== Afluentes ==
[[Ficheiro:Rising-sun-indiana-ohio-river--from-above.jpg|miniatura|Rio Ohio en Indiana]]
[[Ficheiro:CairoIL_from_space_annotated.jpg|miniatura|Rio Ohio en Cairo, Illinois]]
Liña 71:
* Río Cache — Illinois
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Category:Ohio River}}
{{En}}
* [http://terraserver.microsoft.com/map.aspx?t=1&s=14&lon=-89.1538398279652&lat=36.9976844072984&w=750&h=500&opt=0&f=Tahoma,Verdana,Arial&fs=8&fc=ffffff99 Imaxe da confluencia co río Mississippi]
* [http://earthtrends.wri.org/maps_spatial/maps_detail_static.cfm?map_select=393&theme=2 Información da conca]
* [http://www.erh.noaa.gov/ohrfc/ Ohio River Forecast Center]
* [http://www.heronislandguides.com/books.asp?Title=Ohio Guía histórica]
 
 
[[Categoría:Ríos dos Estados Unidos de América|Ohio]]