Aditivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 28:
 
== Clasificación dos aditivos alimentarios ==
Nun primeiro momento, os aditivos clasificáronse segundo a súa orixe, en [[natural (alimento)|naturais]] -obtidos a partir de extractos de plantas ou animais- ou [[sintético]]s -obtidos no laboratorio mediante procedementos químicos, enzimáticos ou outros-. Este criterio foi pronto abandonado tanto por ser pouco eficaz como, sobre todo, por da-la falsa imaxe de relaciona-lo ''natural'' cun alimento san, e o ''artificial'' ou ''sintético'' cun alimento perigoso, e foi substituído por unha clasificación de acordo a súa función principal no alimento.
 
Tendo isto en conta, clasifícanse en diversos grupos, aínda que unha mesma substancia poida ser clasificada nun ou noutro grupo ó realizar varias funcións simultaneamente:
Liña 34:
* Estabilizadores das características físicas (é dicir, modificadores de textura) ou químicas: emulxentes, espesantes, xelificantes, antiapelmazantes, abrandadores, reguladores do [[pH]] etc.
* Inhibidores de alteracións de tipo químico (como os antioxidantes) ou de tipo microbiolóxico (como os conservantes).
* Mellorantes e correctores: produtos utilizados en distintos procesos tecnolóxicos, como a [[viño|vinificación]], a [[pan|panificación]]ificación ou na regulación da maduración de [[produtos cárnicos]] ou [[produtos lácteos|lácteos]].
 
== Categorías de aditivos ==
Liña 165:
 
== Falsas listas de aditivos canceríxenos ==
O principal temor que parecen suscita-los aditivos nos consumidores é o seu posible efecto [[cancro|canceríxeno]]. Este temor, que non está fundamentado nos actuais coñecementos científicos, foi aproveitado para fins que nada tiñan que ver coa seguridade alimentaria e explica a existencia de listas de aditivos publicadas en forma de [[fotocopia]] ou a través de internet, ou mesmo en diferentes medios de comunicación. A máis famosa é a ''Lista Villejuif'', de orixe francesa, divulgada en España baixo o nome de ''Lista de Majadahonda'' <ref>[http://dietaysalud.iespana.es/aditivos/lista%20de%20majadahonda%20.htm ''Lista de Majadahonda'']</ref>. Nelas atribúense a unha longa relación de aditivos efectos "''tóxicos, canceríxenos, producen perturbacións intestinais e dixestivas, accidentes vasculares, cálculos renais, colesterol, trastornos dermatolóxicos e destrución da vitamina B12''". O caso máis rechamante é que cualifica o E-330 (que non é outro co ácido cítrico, presente nas [[Laranxa (froita)|laranxalaranxas]]s, [[limón]]s etc.) como "''o máis perigoso; canceríxeno''", cando en realidade está absolutamente demostrada a súa inocuidade.
 
Unha posible explicación para esta absurda atribución sería a seguinte: alguén le nunha etiqueta que contén E-330. Buscando nas listas de aditivos descobre que é o [[ácido cítrico]]. Segue buscando e le que o ácido cítrico é un dos pasos principais do [[ciclo de Krebs]]. Como ignora que o ciclo de Krebs é un proceso normal no organismo para almacenar e liberar enerxía, busca nun dicionario de alemán e descobre que krebs significa cancro. A conclusión que tira de todo isto é que o E-330, o ácido cítrico, é un paso na evolución do cancro <ref> Casalderrey: "El ciclo de Krebs y la maldición del E-330", en ''La Voz de Galicia'' 25.06.1993.</ref>.
Liña 216:
* [http://www.consumaseguridad.com/sociedad-y-consumo/2004/09/08/14205.php Aditivos y alergia]
* [http://www.rivm.nl/dsresource?objectid=rivmp:121532&type=org&disposition=inline Avaliación da exposición ós aditivos alimentarios con niveis de uso facilitados pola industria] (16.05.2012) {{en}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Artigos destacados]]