Materia escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-movimento +movemento); cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:080998_Universe_Content_240_after_Planck.jpg|miniatura|dereita|375px|Distribución estimada da materia escura e da [[enerxía escura]] no universo. As porcentaxes variaron perante a evolución do universo e son consontes coa teoría do [[Big Bang]].]]
 
En [[cosmoloxía]], a chamada '''materia escura''' é unha hipotética materia de natureza descoñecida e que non emitiría radiación electromagnética detectábel, e cuxa única interacción observábel coa materia "normal" sería de natureza gravitatoria, de xeito que a súa presenza daría conta de movimentosmovementos de rotación nas galaxias que non encaixan nos modelos gravitacionais aceptados, e outras observacións astronómicas que carecen actualmente de explicación satisfactoria, como algunhas [[Lente gravitacional|lentes gravitatorias]], a distribución de gas quente nalgunhas galaxias e cúmulos de galaxias ou a distribución anisotrópica na [[radiación de fondo cósmico de microondas]]. Todas estas observación esixen, ou ben un cambio de modelo cósmico, ou ben un aumento da masa tal que nada menos que un 63% da masa material do universo debería corresponder a esta materia descoñecida.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:GalacticRotation2.svg|frame|dereita|Curva de rotación dunha galaxia espiral típica: curva prevista ('''A''') e observada ('''B'''). A existencia de materia escura pode explicar a curva de velocidade real.]]
O primeiro astrónomo que teorizou a súa existencia foi [[Fritz Zwicky]] no ano 1933 ao calcular a masa do cúmulo de galaxias Coma en relación ás velocidades rotacionais e orbitais das galaxias do cúmulo, atopando unha diferencia de 160 veces, deulle o nome de "materia perdida". A primeira persoa en hipotetizar a súa existencia foi a astrónoma [[Vera Rubin]] no ano 1950; porén, a súa tesis doutoral foi ignorada pola maioría ata os anos 1970, ao calcular a curva da rotación galáctica en relación a masa calculada da galaxia M31, a galaxia de Andromeda<ref>http://articles.adsabs.harvard.edu/full/1970ApJ...159..379R "Rotation of the Andromeda Nebula from a spectroscopic survey of emission regions", en The Astrofisical Journal, volume 159, ano 1970; autores: Vera C. Rubin e W. Kent Ford Jr.</ref>.
Un dos maiores desafíos da [[astronomía]] moderna é a detección deste máis de 90% do [[Universo]], invisible para a actual [[tecnoloxía]] telescópica. Segundo os datos feitos públicos polos responsables da misión da sonda Planck, o 23 de marzo do ano 2013, o universo estaría composto nun 4.9% de materia ordinaria, nun 26.8% de materia escura, e nun 68,3% de enerxía escura.
Liña 14:
[[Ficheiro:Formation of galactic clusters and filaments.jpg|miniatura| Simulación da formación de filamentos e cúmulos galácticos partindo de materia e enerxía escuras]]
 
== Situación actual ==
Na actualidade emprégase o observatorio espacial Herschel (no espazo dende 2009) para o estudo da materia escura utilizando como ferramenta principal o telescopio de 3,5 metros, que traballa na lonxitude de onda de luz [[infravermello|infravermella]]. Fruto desta investigación, a revista [[Nature]] publicou (en liña o 16 de febreiro de 2011 e na edición impresa 24 de febreiro de 2011)<ref>http://www.nature.com/nature/journal/vaop/ncurrent/abs/nature09771.html</ref><ref>Submillimetre galaxies reside in dark matter haloes with masses greater than 3 × 1011 solar masses</ref> o traballo do equipo de astrónomos dirixido por Asantha Cooray (Universidade de California en Irvine) que calcularon a cantidade de materia escura necesaria para a creación dunha galaxia, baseándose nas imaxes do fondo cósmico infravermello da rexión celeste chamada "Lockman Hole", situada na constelación da Osa Maior <ref>http://www.nasa.gov/mission_pages/herschel/herschel20110216i.html</ref>, chegando a estimar que faría falla unha cantidade de materia escura equivalente a 300 millóns de masas solares (estrelas coa masa do [[Sol]]) para xenerar unha galaxia.
[[Ficheiro:Alpha_Magnetic_Spectrometer_-_02.jpg|150 px|dereita]]
Liña 23:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Enerxía escura]].
* [[Lente gravitacional]].
Liña 35:
* [http://www.nasa.gov/mission_pages/herschel/index.html Páxina web adicada ao Observatorio Espacial Herschel] {{en}}
* [http://www.ams02.org/ Páxina web adicada ao AMS] {{en}}
 
[[Categoría:Cosmoloxía]]
[[Categoría:Cosmoloxía física]]
{{Astronomía en progreso}}
 
[[Categoría:Cosmoloxía]]
[[Categoría:Cosmoloxía física]]