Benvido(a) á Galipedia, Gradebo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 28 de abril de 2015 ás 10:27 (UTC)Responder

Revisións ortográficas editar

Ola Gradebo.

Bo traballo coas revisións ortográficas.

Cando remates unha revisión podes retirar, ti mesmo, o cartel {{Ortografía}}.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 29 de abril de 2015 ás 08:31 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Gradebo. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 30 de abril de 2015 ás 07:59 (UTC)Responder

Cambios non necesarios editar

Boas, vin que fixeches moitas correccións no artigo Sarria e noutros, parabéns polo teu traballo, pero teño que comentarche que algúns dos cambios poderían non ser correctos. Por exemplo, a RAG admite tanto "dende" como "desde", "ó" e "ao", e na Galipedia tamén o facemos así xa que están dentro da norma. Como esas, e outras, formas son válidas entón a política que se segue é deixar a escolla do primeiro editor do artigo, así evítanse as Wikipedia:Guerra de edicións. Entendo que non coñeceras esta "norma da casa" :) e tan só cha comento para que a teñas en conta a partires de agora. Se precisas calquera axuda ou tes algunha dúbida podes pasar pola miña páxina de conversa cando queiras :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2015 ás 13:13 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Gradebo.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2015 ás 07:19 (UTC)Responder

Cambios innecesarios editar

Ola, Gradebo. Revertín as túas edicións tanto en Galaxia coma en Palestina. Non vexo a necesidade desas mudanzas e ademais caes nalgúns erros de lingua que antes non había (*teríanse formado ou dalgúns). Polo demais, se desexas engadir contido novo, lémbroche a necesidade de achegar unha referencia válida. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de xaneiro de 2016 ás 16:07 (UTC)Responder

Non dubido da túa boa fe en absoluto. O teu tempo é tan valioso coma o meu ou coma o de calquera outro editor. As mudanzas que queiras levar a cabo en canto ao contido, debes acompañalas dunha referencia. É así de sinxelo, e reza para ti, para min e para calquera outra persoa. Respecto á lingua, non melloraches a redacción, síntoo. Se estivese mal a anterior, é ben tratar de solucionalo; pero cando de seu é correcta, non debemos tocala se non estamos seguros de que non terá que vir unha terceira persoas detrás para corrixir novos erros. A iso me refería. Desculpa se non o expresei ebn. Os problemas de lingua podes amañalos facilmente co uso dun corrector (tes a posibilidade de habilitar un aquí mesmo, nas preferencias e configuración de usuario), así evitarás erratas ou erros coma os que che mencionei, ou outros coma *destrucción, que puxeches nesta última edición no artigo de Palestina. Así pois, toda axuda é pouca á hora de mellorar a Wikipedia en galego. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de xaneiro de 2016 ás 16:50 (UTC)Responder
O teu tempo debería ser más valioso que o meu, dado que, ao parecer, es tradutor literario. Porén, acabas de dar por bon este esperpento morfosintáctico que eu tratei en van de correxir en Palestina:
A maioría deses refuxiados foron prohibidos de volver para súas terras
En fin... amodiño e boa letra, como diría Machado. Boas tardes.--Gradebo (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 17:19 (UTC)Responder
Ola de novo, Gradebo. Non dei nin deixei de dar nada por bo. Limiteime a reverter a túa edición, e polo tanto o artigo quedou como estaba (cos erros e acertos da última edición). Coméntoche polo demais que cando queiras comunicarte con outro usuario debes facelo na súa páxina de conversa (na miña para o caso), non na de teu (do contrario non esponta a notificación de nova mensaxe). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de xaneiro de 2016 ás 17:29 (UTC)Responder