Lingua exipcia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *facer parte
m Bot: Substitución automática de texto (-movimento +movemento)
Liña 51:
 
== As escritas exipcias ==
Non é certo que os '''[[xeróglifo]]s''' sexan imaxes que representen ideas en vez dos sons da lingua. As formas tómanse, en efecto, de obxectos reais e imaxinarios, pero a maioría úsanse polo seu valor fonético. Así, o xeróglifo que representa unha casa pódese usar para escribir a palabra ''pr'' (descoñécense as vogais!), que significa "casa". Úsase o mesmo xeróglifo para a palabra ''prj'', "saír", debido á semellanza na pronuncia. Para asegurarse de que non hai ambigüidade en relación a que palabra se pretendía representar, os [[escriba]]s engadían un par de pernas en movimentomovemento por debaixo da casa para clarificar que se trataba de ''prj'' e non de ''pr''. Para aclarar aínda máis a pronuncia, moitas veces engádeselle tamén o xeróglifo que representa unha boca (''ro'') entre a casa e as persas en movemento, de maneira que o conxunto se lea "Palabra que soa como a palabra para casa, remata en ''r'' e está relacionada con camiñar". A escrita xeroglífica é, por tanto, unha mestura de compoñentes fonéticos e [[semántica|semánticos]]. Pódese ver este exemplo no artigo sobre os [[xeróglifo exipcio#Tabela de sistemas de transliteración|xeróglifos exipcios]].
 
Tamén se usaron a escrita [[hierático|'''hierática''']] (unha versión [[cursiva]] da xeroglífica) e a [[Demótico exipcio|'''demótica''']] (máis cursiva e abreviada). Conforme Exipto pasaba a ser parte do mundo [[Grecia antiga|grego]] e, posteriormente, do [[Imperio Romano]], estes sistemas foron substituídos polo [[alfabeto grego]], que se usou primeiro para manuscritos máxicos e posteriormente [[cristianismo|cristiáns]] ('''[[copto]]'''). É así que algúns xeróglifos exipcios continúan hoxe en día a seren usados na igrexa copta.