George Martin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24:
Sir '''George Martin''', [[Orde do Imperio Británico|CBE]], nado o [[3 de xaneiro]] de [[1926]] en [[Highbury]] ([[Londres]]) e finado o [[8 de marzo]] de [[2016]] en [[Londres]], foi un productor discográfico, [[arranxo|arreglista]] , compositor, director de orquestra, enxeñeiro de son e músico inglés, coñecido principalmente por producir case a totalidade dos álbums dos [[Beatles]], entre outros proxectos musicais. Ademais de ser coñecido como o ''Quinto Beatle'', é pai do tamén productor Giles Martin, e do actor Gregory Paul Martin.
 
En recoñecemento dos seus servizos á industria musical e á [[cultura popular]], foi nomeado [[Knight Bachelor |Cabaleiro do Reino]] en 1996.
== Traxectoria ==
Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na [[Segunda Guerra Mundial]], para a [[Royal Air Force]], onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En [[1947]], cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na [[Guildhall School of Music and Drama]] piano, adoptando o oboe como segundo instrumento.
 
Liña 32:
O éxito da canción levou aos Beatles a gravar o seu primeiro disco de longa duración en [[1963]], ''[[Please Please Me]]''. Este álbum comezou a relación dos Beatles con Martin como productor, sendo este considerado parte esencial do éxito do cuarteto, chamado ata "o [[quinto Beatle]]".
 
O educado oído de Martin, axuntado ao seu gusto pola música clásica, convertérono nun dos productores máis respectados de todos os tempos, levando aos Beatles a niveis creativos insuperables (que incluían arreglos de cordo, novas técnicas de composición e experimentacións sonoras con diversos estilos e instrumentos). Ademais de ser un revolucionario na técnica: foi o primeiro productor no [[Reino Unido]] en utilizar oito canles de gravación (en dúas [[mesa de mesturas |consolas]] de catro canles cada unha) para o disco ''[[Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band]]'' (1967).
En [[1970]], [[John Lennon]] chamou a [[Phil Spector]] para producir o que sería o álbum póstumo dos Beatles: o controvertido ''[[Let It Be (álbum)|Let It Be]]''. Foi o primeiro traballo do cuarteto non producido por Martin. Coa separación do grupo ese ano, Martin produciu traballos de xente como [[Shirley Bassey]], [[America (banda)|America]] ou [[Bernard Cribbins]].
 
Realizou orquestacións para algunhas películas, entre elas destacan ''[[The family way]]'', para a cal compuxo e orquestrou xunto a [[Paul McCartney]], facéndose acredores ao [[Premio Ivor Novello]] en 1966. Tamén fixo arreglos para ''[[Yellow Submarine (filme)|Yellow Submarine]]'' (1968), filme de animación psicodélica coas cancións dos Beatles e ''[[Live and Let Die ]] '' (1973), da saga de [[James Bond]], de novo xunto a Paul McCartney.
 
Na década dos '90 foi nomeado ''Sir'' pola Raíña de Inglaterra.
Liña 41:
En [[1993]] traballou con [[Yoshiki]] ([[X Japan]]) para gravar o álbum "[[Eternal Melody]]" xunto á [[Orquestra Filarmónica de Londres]]. O álbum contén temas da banda xaponesa en versións sinfónicas, como "[[Rose of Pain]]" ou "[[Endless Rain]]". Tamén foi introducido ao [[Salón da Fama do Rock]] en [[1999]].
 
== Véxase tamén ==
* [[The Beatles]]
{{The Beatles}}
{{ORDENAR:Martin, George}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:The Beatles]]
[[Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello]]