Foca común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 28:
A '''foca común''', ''Phoca vitulina'', é unha especie de [[mamífero]] [[carnívoros|carnívoro]] [[pinnípede]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[fócidos]] que habita ao longo do litoral dos mares temperados e fríos do [[hemisferio norte]].
 
Áchase nas augas costeiras do norte do [[Atlántico]] e do [[Pacífico]], como tamén no [[mar Báltico]] e máismais no [[mar do Norte]], chegando, polo sur, até as costas de [[Portugal]], o que a converte na especie máis amplamente distribuída da superfamila dos pinnípedes.
 
A poboación mundial estímase que é deestá entre os 400 000 e os 500 000 individuos, estando ameazadas algunhas das súas subespecies en certos hábitats.<ref name=U>Thompson, D. & Härkönen, T. (2008): [http://www.iucnredlist.org/details/17013/0 ''Phoca vitulina''] na ''Lista vermella'' de especies ameazadas da [[UICN]].</ref>
 
A [[caza de focas]], unha práctica común no pasado, é agora considerada ilegal en moitos países con poboacións de foca común dentro dos seus territorios, pero nalgúns deles aínda se continúa practicando.
 
== Taxonomía ==
A especie foi descrita en [[1758]] por [[Linneo]] na 10ª edición do seu ''[[Systema Naturae]]'',<ref name=L>Linnaeus, C. (1758).</ref> que a integrou dentro do xénero ''[[Phoca]]'' por el creado para incluír a varios mamíferos mariños coñecidos na súa época e que non clasificara canda os [[cetáceos]].
 
=== Subespecies ===
Segundo os autores, recoñécense tres,<ref name=W/> catro <ref name=S/> ou até cinco subespecies:<ref name=S/>
* ''Phoca vitulina concolor'' <small>(DeKay, 1842)</small>, de [[Norteamérica]] oriental.<ref name="N3726">[http://www.unep-wcmc.org/isdb/Taxonomy/tax-species-result.cfm?source=animals&genus=Phoca&species=vitulina UNEP-WCMC Base de datos de Especies] {{es}}</ref> non redcoñecidarecoñecida polo [[WoRMS]].<ref name=W/>
* ''Phoca vitulina mellonae'' <small>(Doutt, 1942)</small>, do [[Canadá]] oriental, tamén presente en augas doces (subespecie incluída en ''P. v. concolor'' por moitos autores).<ref name="N3726" />
* ''Phoca vitulina richardsi'' <small>(Gray, 1864)</small>, de [[Norteamérica]] occidental.<ref name="N3726" />
Liña 57:
[[Ficheiro:Phoque Le Hourdel01.jpg|miniatura|250px|Na baía de [[Somme]], [[Francia]].]]
 
Porén, a dinámica das poboacións nesta zona variaron profundamente desde aqueles tempos, con caídas recentes a gran escala nas subpoboacións do norte do [[Reino Unido]], e aumentos rápidos da poboación, interrompidos por descensos importantes debido ás enfermidades no [[mar de Wadden]], as do sur de [[Inglaterra]], [[Kattegat]] e [[Skagerrak]], e un aumento gradual despois de ada case extinción na década de 1970 no Báltico. En xeral, a poboación de ''P. v. vitulina'' aumentou desde a década de [[1970]].<ref name=U/>
 
Na zona sur da área de distribución, desde maihai máis ou menos tempo, rexístrase unha regresión continua da poboación. Dúas das colonias situadas no [[canal da Mancha]], a da [[illa de Wight]] e da [[baía de Somme]], desapareceron na actualidade. Esta última contaba con con moitos centos de animais a principios do [[século XIX]] e só con algunhas decenas a finais do mesmo. A súa caza, e as molestias continuas que sufría, fixeron que deixase de reproducirse contra [[1930]]. Así mesmo, constatouse que se produciu una diminución alarmante nas costas do mar do Norte. No delta do [[río Rin|Rin]] o número de focas decaeu de 800 en [[1959]] a menos de 50 en [[1971]], e no mar de Wasdden nese mesmo ano non se contaban más de 233 animais, mentres que eran máis de 1 000 algúns anos antes. O principal factor desta regresión parece ser que foi a acción dos [[contaminación|contaminantes]] sobre a fecundidade.<ref name=DR/>
 
Aínda que a área de distribución se estende até [[Portugal]], parece que nunca existiu unha colonia de reprodución máis meridional que a citada do Somme. As observacións feitas nas costas francesas da Mancha e o Atlántico, ou máis ao sur ([[España]], Portugal), mostran que se trata con frecuencia de individuos xuvenís e, raramente, adultos erráticos.<ref name=DR/>