Mimosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 23:
En [[Santaia, Gorgullos, Tordoia|Santaia]] (lugar da parroquia de Gorgullos, Tordoia) recolleuse a forma ''limosa'' <ref>GARCÍA, Constantino: ''Glosario de voces galegas de hoxe''. Anexo 27 de ''Verba''. Anuario Galego de Filoloxía. Secretariado de Publicacións da Universidade, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 1985.</ref>. Igualmente, [[Constantíno García]] e [[Elixio Rivas Quintas|Rivas Quintas]] recolleron a denominación de ''mimoseira'' para a árbore, en contraposición a ''mimosa'' para a flor.
 
== Características ==
Posúe unha cortiza agrisada ou branca, moi ramificada. Ramas angulosas, [[pubescente]]s. Follas [[bipinnada]]s de 8-20, cada unha delas con 25-40 pares de [[folíolo]]s, coa cara superior [[glabro]] (sen pelos) e o [[envés]] [[tomentoso]]. [[Inflorescencia]]s en [[glomerúlo]] globoso con máis de 25 flores, de moito arrecendo. [[Pedúnculo]]s pubescentes. Florece de xaneiro a marzo. Multiplícase por sementes.
 
== Procedencia ==
A meirande parte das especies son orixinarias de [[Australia]] e [[Tasmania]], localizándose en zonas de até mil metros sobre o nivel do mar.
 
== Usos ==
[[Ficheiro:P1120493 folla mimosa Tarrío Culleredo.JPG|miniatura|dereita|Detalle da folla dunha mimosa.]]
Plántase en parques, rúas e paseos, aínda que o uso máis estendido é a [[xardinaría]], pola cor das súas flores e o número delas, ofrecendo conxuntos de gran beleza. Cultívase como fixador de terreos e pola goma que se obtén do seu tronco de alto contido en taninos.
Liña 37:
Algunhas das variedades máis cultivadas :
 
* ''[[Acacia armata]]'', utilizada para sebes, folíolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 metros.
* ''[[Acacia baileya]]'', de crecemento rápido, aínda que de vida curta. Ramas colgantes, [[inflorescencia]]s en acios. Non máis de 6 metros.
* ''Acacia armata variedade purpurea'', igual que a anterior mais coas follas de cor azulada.
* ''[[Acacia lonxifolia]]'', de crecemento rápido, até 7 metros, moi tolerante ao cal. [[Filodio]]s coriáceos.
* ''[[Acacia mucronata]]'', moi resistente, filodios moi estreitos.
* ''[[Acacia verticillata]]'', arbusto denso, até 6 metros, con filodios punzantes, en [[verticilo]]s.<br />
<br CLEAR=ALL />
 
== Denominacións noutras linguas ==
* [[lingua catalá|Catalán]]: mimosa.
* [[Lingua castelá|Español]]: mimosa, acacia francesa.
* [[lingua éuscara|Éuscaro]]: mimosa.
* [[Lingua portuguesa|Portugués]]: acácia-mimosa, acácia-dealbada, mimosa.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Acacia dealbata|Acacia dealbata}}
=== Bibliografía ===
Andrés Ceballos Jiménez (1986): ''Diccionario ilustrado de los nombres vernáculos de las plantas en España''. ICONA.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Acacia]]