Francisco Puy Muñoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Francisco Puy Muñoz''', nado en [[Cambil]] ([[Provincia de Xaén]]) o [[12 de xaneiro]] de [[1936]], é un escritor e político español.
 
== Traxectoria ==
Licenciado en Dereito en 1958 e doutorado en 1961. Foi profesor de Filosofía do Dereito na Universidade de Granada e despois catedrático de Filosofía do Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] (1966) onde dirixiu, entre outras, a tese doutoral de [[Carolina Rovira]]. Profesor invitado das Universidades de Toulousse, Coimbra, Católica de Chile, Perugia, Nacional de Educación a Distancia, Braga e A Habana. Foi fundador da Fundación Alfredo Brañas e presidente do seu padroado dende 1990. Dirixiu un programa de investigación trienal (1999-2002) na USC sobre "Historia da Filosofía do Dereito Español", especialmente dedicado á xurisprudencia galega.
 
Foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela en [[1973]] en representación do terzo familiar<ref>[http://www.flickr.com/photos/bertez/387051541/ Cartel]</ref>. A proposta de [[Alianza Popular]], foi membro e secretario da comisión do [[Estatuto dos dezaseis]].
 
== Obras ==
* ''El derecho y el estado en Nietzsche'', 1966.
* ''El derecho hispánico'', 1973.
* ''La Filosofía del Derecho en la Universidad de Santiago'', 1975.
* ''Derechos Humanos'', 1983.
* ''Tópica Jurídica'', 1984.
* ''Historia da Xurisprudencia Galega''.
* ''Alfredo Brañas filósofo do dereito'', 1998.
 
== Recoñecementos ==
* Doutor honoris causa pola Universidade de Santo Tomás (Chile).
* Doutor honoris causa pola Universidade de Belgrano (Bos Aires).
* Gran Cruz Académica pola Universidade Católica do Uruguai (Montevideo).
* Magister Honoris Causa da Escola Xudicial de México.
* Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
* En [[2011]] foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru ([[Brasil]])<ref>[http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_04/noticia_0135.html O profesor Francisco Puy Muñoz foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru]</ref>.
 
== Vida persoal ==
Casou con Rosario Fraga Iribarne, irmá de [[Manuel Fraga]]; é pai de [[Pedro Puy Fraga]].
 
{{Árbore xenealóxica Fraga}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galegos.info/gl/francisco-puy-munoz Ficha en galegos.info]
 
{{ORDENAR:Puy Munnoz, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía do dereito]]
[[Categoría:Políticos do PPdeG]]