Oblomov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 26:
'''''Обломов''''' ('''"Oblómov"''') é unha novela do escritor ruso [[Iván Goncharov]] publicada en [[1858]], a máis coñecida do autor.
 
== Trama ==
Oblómov, o personaxe central da novela, é visto como a encarnación do "home superfluo" (''lizhni chelovek''), estereotipo da [[literatura rusa]] do século XIX. Oblómov e un home nobre e xeneroso incapaz de tomar decisións ou de realizar accións importantes. Ó longo do libro permanece case todo o tempo na cama. O libro foi considerado unha sátira da nobreza rusa, de papel social moi cuestionado na Rusia da época.
 
== Repercusión ==
A obra foi moi popular no seu tempo, e moitos dos seus caracteres e situacións marcaron a cultura e linguaxe rusos. Oblomov pasou a lingua rusa coma palabra para describir a persoas que amosan unha preguiza e inercia similares ás do protagonista da novela. ''Oblomovismo'' ("oblomovshina") designa o tipo de preguiza case xenética que algúns críticos, entre eles [[Fiodor Dostoievski]] consideraron característica constitutiva da ''alma rusa'' e "''Oblomovka''" refírese á casa familiar no campo, descrita como un lugar idílico no capítulo “O soño Oblómov", e que simboliza a fuxida á infancia, á que se regresa mentalmente cando a incapacidade de decidirse bloquea á acción.
 
Oblómov foi levada o cine na [[Unión Soviética]] por [[Nikita Mikhalkov]] en [[1981]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras narrativas en ruso]]