Metamorfosis benezianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''''Metamorfosis benezianas''''' é unha [[novela]] de [[fantasía]], publicada en [[1983]] e escrita por [[Miguel Anxo Murado]].
 
== Características ==
A novela foi o primeiro libro do autor. Cando se publicou, Miguel Anxo Murado tiña apenas dezaoito anos. Obtivo o premio [[Café Gijón]] de novela curta en [[1983]], e foi editado en xuño dese ano pola editorial [[Madrid|madrileña]] Polar Ediciones. Está escrita en [[lingua castelá|castelán]], pero ten algunhas frases e intervencións en [[lingua galega|galego]]. A novela nunca foi traducida a outros idiomas.
 
== Estrutura ==
A novela foi publicada inicialmente dividida en tres partes, sen un nome que as distinga e as identifique. Tampouco están numeradas. Ao final desas tres partes a novela inclúe un ''[[dramatis personae]]'' coa lista dos principais [[personaxe]]s da obra.
 
Ademais, a obra consta dun prólogo, titulado "Miguel Anxo Murado, novelista galaico-beneziano", da autoría de [[Claudio Rodríguez Fer]]. O prólogo está datado en abril de 1983, en [[Lugo]].
 
== Argumento ==
{{spoiler}}
A novela conta a experiencia do narrador, que regresa á cidade fantástica de [[Benezia]], situada na costa norte de [[provincia de Lugo|Lugo]] e que foi construída a imitación da [[Venecia]] [[italia]]na. O narrador, do que nunca se di o nome, estivo uns anos investigando [[náutica|tipos de embarcacións]] en [[Xixón]] e na [[China]], para a súa aplicación nos canais da cidade.
 
A novela carece dun argumento lineal, e mestura as experiencias reais do narrador cos seus soños e experiencias [[febre|febrís]] dunha enfermidade semellante á [[malaria]] (véxase, do mesmo autor, ''[[O soño da febre]]''). A cidade, nunha ampla fase de decadencia económica e social, enfróntase a dous problemas principais: dunha banda, o [[suicidio]] nos canais das [[galiña]]s, verdadeira mascota de Benezia, e que viven en estado de completa liberdade por casas e rúas. Doutra, as desputas [[política]]s entre os dous bandos enfrontados: os italianistas, que procuran unha revitalización da pegada [[italia]]na na cidade; e os [[Imperio Austro-Húngaro|austríacoaustríacos]]s, que defenden un sistema imperial de goberno da cidade.
{{finspoiler}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras narrativas en castelán]]