Auschwitz-Birkenau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 42:
{{Artigo principal|Auschwitz I}}
[[Ficheiro:Auschwitz-Work Set Free.jpg|dereita|miniatura|300px|Entrada de Auschwitz I: '''Arbeit macht frei''' ("o traballo liberta")]]
[[Ficheiro:Auschwitz I.jpg|miniatura|300px|Auschwitz I. Foto tirada no 2001.]]
Auschwitz I foi o centro administrativo de todo o complexo. Foi aberto o [[20 de maio]] de [[1940]], a partir de barracas de ladrillo do exército polaco. Os primeiros prisioneiros do campo foron 728 prisioneiros políticos polacos de [[Tarnów]]. Inicialmente, o campo foi utilizado para internar membros da resistencia e intelectuais poloneses, mais adiante levaron alí tamén prisioneiros de guerra da [[Unión Soviética]], prisioneiros comúns alemáns, elementos antisociais e homosexuais. Do primeiro momento chegaron tamén prisioneiros xudeus. Xeralmente o campo albergaba entre trece e dezaseis mil prisioneiros, alcanzando a cantidade de vinte mil en [[1942]].
 
A entrada de Auschwitz I tiña (e aínda hoxe as ten) as palabras ''"Arbeit macht frei"'' (''o traballo liberta''). Os prisioneiros do campo saían a traballar durante o día para as construcións do campo con música de marcha tocada por unha orquestra.
Liña 61:
Auschwitz II (Birkenau) é o campo que a maior parte das persoas coñece como Auschwitz. Alí se encerraron centenas de millares de xudeus e alí tamén se executaron mais dun millón de xudeus e xitanos.
 
O campo está localizado en [[Brzezinka]] (Birkenau), a 3 km de Auschwitz I. A construción se iniciou en 1941 como parte da '''Endlösung der Judenfrage''' ([[solución final]]). O campo tiña unha extensión de 2,5 km por 2 km e estaba dividido en varias seccións, cada unha delas separadas en campos. Os campos, como todo o complexo enteiro estaban cercados e rodeados de arame farpados e cercas eléctricas (algúns prisioneiros utilizaron o cerco eléctrico para se suicidar). O campo albergou até 100.000 prisioneiros en momentos dados.
 
O obxectivo principal do campo, non era de manter prisioneiros como forza traballadora (como era o caso de Auschwitz I e III) senón o seu exterminio. Para cumprir con este obxectivo, equipouse o campo con catro crematorios con [[cámara de gas|cámaras de gas]]. Cada cámara de gas podía recibir até 2.500 prisioneiros por quenda. O exterminio a grande escala comezou na primavera de 1942.
Liña 71:
Cando un prisioneiro pasaba a selección inicial, era enviado a pasar un período de corentena e logo lle atribuían unha tarefa ou era enviado a traballar nalgún dos campos de traballo anexos.
 
Aqueles que eran seleccionados para exterminación eran enviados a un dos grandes complexos de cámaras de gas/crematorio para os extremos do campo. Dous dos crematorios (Krema II e Krema III) tiñan instalacións subterráneas, unha sala para espir e unha cámara de gas con capacidade para millares de persoas. Para evitar o pánico, informábase ás vítimas que recibirían alí unha ducha e un tratamento desinfectante. A cámara de gas inclusive tiña tubulacións para duchas, aínda que nunca foron conectadas co servizo de auga. Ordenábase ás vítimas que se espisen e deixasen os seus enseres no vestiario, onde supostamente as poderían recuperar ao final do tratamento, de maneira que debían recordar o número da localización das súas pertenzas. Unha vez selada a entrada, descargábase o axente tóxico [[Zyklon B]] polas aberturas no teito. As cámaras de gas nos crematorios IV e V tiñan instalacións na superficie e o Zyklon B se introducía por xanelas especiais nas paredes. Logo, despois de mortos, os corpos eran levados a unha sala de fornos anexa por prisioneiros seleccionados, chamados ''[[Sonderkommando]]'', onde eran incinerados.
 
[[Alemaña]] invadiu [[Hungría]] en marzo de 1944; entre maio e xullo de 1944, preto de 438.000 xudeus da Hungría foron deportados para Auschwitz-Birkenau e a maioría foron executados alí. Había días nos que os fornos non daban abasto e se tiñan que queimar os corpos en fogueiras ao ar libre.
Liña 77:
Famílias enteiras de xitanos foron encerrados nunha sección especial do campo. Foron pasados polas cámaras de gas en xullo de 1944, e o 10 de outubro dese ano se procedeu á exterminación dos nenos xitanos restantes en Birkenau.
 
O 7 de outubro de 1944, os ''[[Sonderkommando]]s'' xudeus, que eran mantidos afastados do restante dos prisioneiros e que traballaban na operación das cámaras de gas e fornos crematorios, organizaron un levantamento. As prisioneiras conseguiran extraer explosivos dunha fábrica de armas e os utilizaron para destruír parcialmente o crematorio IV e tratar de escapar na confusión. Os 250 prisioneiros foron capturados e inmediatamente executados.
[[Ficheiro:Auschwitz-2.jpg|miniatura|esquerda|200px|Visión de Auschwitz no inverno.]]
 
Liña 151:
* [http://whc.unesco.org/pg.cfm?cid=31&id_site=31 UNESCO – Património Mundial – Campo de Concentración de Auschwitz-Birkenau]
* [http://maps.google.com/maps?f=q&hl=en&q=50%C2%B0+1%27+26%22,+19%C2%B0+12%27+18%22&ll=50.023889,19.205&spn=0.026138,0.086517&t=k Localización de Auschwitz] e [http://maps.google.com/maps?f=q&hl=en&q=50%C2%B0+2%27+20%22,+19%C2%B0+10%27+30%22&ll=50.038895,19.175005&spn=0.02613,0.086517&t=k Birkenau] por [[Google Maps]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Campos de concentración nazis]]