Escola Superior de Arte Dramática de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
A '''Escola Superior de Arte Dramática de Galicia''' ('''ESAD''') é un centro superior de ensinanzas artísticas de titularidade pública, dependente da [[Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria]]. Ofrece as titulacións propias dos estudos superiores de [[arte dramática]] nas especialidades de Interpretación, Escenografía, Dirección escénica e Dramaturxia. Ten a súa sede na cidade de [[Vigo]].
 
== Historia ==
A ESAD de Galicia foi creada en xuño de 2005, recibindo a actual denominación a comezos de 2006. En setembro de 2005 comezaron as actividades lectivas coa apertura dos itinerarios de Interpretación Textual e de Dirección escénica. A estes percorridos engadiuse o de Dramaturxia en 2008 e o de Escenografía en 2009. A adaptación dos estudos ao [[Espazo Europeo de Educación Superior]] produciuse en 2010 e dous anos despois, en 2012, incorporouse o itinerario de Interpretación Xestual á oferta educativa do centro.
 
== Ensinanzas ==
A ESAD de Galicia ofrece o [[Título Superior de Arte Dramática]] (equivalente a todos os efectos á titulación de Grao universitario), nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía, e Interpretación, tanto Textual como Xestual.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Arquitectura civil en Vigo]]