Harry Potter and the Goblet of Fire (videoxogo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 39:
Ademais conta coas xa famosas graxeas ''"Bertie Bott de tódolos sabores"'', que cumpren diversas funcións. A principal é a de facer ás veces de [[moeda]]. Tendo varias, poderanse mercar cromos, e así mellorar diversas características de Harry, Ron ou Hermione, tales coma ter máis resistencia e máis potencia en feitizos, entre outras cousas.
 
== Vista xeral ==
{{Spoiler}}
=== Argumento ===
:''Para máis información, vexa o artigo: '''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'''.''
 
[[Harry James Potter|Harry Potter]] é elixido inexplicablemente como o cuartoparticipante para o ''Torneo dos Tres Magos'' no seu cuarto ano en [[Hogwarts]]. Durante o transcurso do ano no colexio debe aprender os feitizos e trucos necesarios para ser capaz de superar con éxito tres difíciles probas e, ao final do xogo, escapar da garras do infame e malvado mago [[Lord Voldemort]].
 
=== Personaxes cos que se pode xogar ===
* [[Harry James Potter|Harry Potter]] é un mago de catorce anos. Harry é elixido inexplicablemente seleccionado como o cuarto campión para o ''"Torneo dos Tres Magos"'' e debe afrontar tres difíciles probas do Torneo. El é unha combinación das debilidades e fortalezas de Ron e Hermione, pero necesita frecuentemente a axuda dos seus amigos cando o perigo está preto.
* [[Ron Weasley]] é o mellor amigo de Harry, e que ten unha obsesión coas graxeas ''Bertie Bott de tódolos sabores'', e frecuentemente alerta cando as graxeas aparecen na pantalla de xogo, ademais, é moi bo correndo.
* [[Hermione Granger]] é a mellor amiga de Harry e Ron e é coñecida pola súa lóxica e excelente elección nos feitizos. Ela vólvese bastante frustrada durante o xogo polas continuas exclamacións de Ron sobre atopar graxeas ''Bertie Bott de tódolos sabores''. Ademais é unha moi boa meiga.
 
=== Personaxes cos que non se pode xogar ===
* [[Arthur Weasley]] é o pai de Ron. O señor Weasley vai coa familia Weasley, Harry e Hermione á ''Copa do Mundo de quidditch'' ao comezo do xogo. Ademais el participa na loita que hai, tralo partido, contra os devoradores da morte. Regularmente repite que Harry, Ron e Hermione están a salvo ao longo da xornada.
* [[Alastor Moody|''Ollotolo'' Moody]] é o movo profeso de Defensa contra as Artes Escuras de [[Hogwarts]]. Proporciona varios desafíos para incrementar as habilidades de Harry, Ron e Hermione realizando feitizos.
* [[Rubeus Hagrid]] é un dos máis leais amigos de Harry, ademais de ser o gardabosques de [[Hogwarts]]. Acompaña a Harry, Ron e Hermione ao ''Bosque Prohibido'' cando lles vai ensinar o ''Colacorno Húngaro''.
* [[Cedric Diggory]] é o primeiro campión para o ''"Torneo dos Tres Magos"'' e Hogwarts en ser elixido. Cedric cóntalle a Harry o segredo do ovo dourado, pista para a segunda proba. Harry teno que salvar dos ''Escregutos de Cola Explosiva'' que está ocultos nos setos.
* [[Fleur Delacour]] é a campioa do Torneo do colexio Beauxbatons. Non toma parte no desenvolvemento do xogo. Só se lle ve durante unha escena no xogo e nos cromos de Ron.
* [[Viktor Krum]] é o campión do Torneo do colexio Durmstrang. Baixo a influencia da maldición ''Imperius'', trata de atacar a Harry no labirinto (terceira proba).
* [[Lord Voldemort]], que parecía que morrera hai case catorce anos, volve recuperar o seu enorme poder ao final do xogo, e que fai o papel do ''xefe final'' que hai que derrotar.
* '''Os monstros'''. Ao longo da xornada, tanto no interior coma no exterior do castelo, Harry e os seus amigos deben unir as súas forzas para erradicar as perigosas criaturas que lles saen ó encontro. Algunhas criaturas requiren ao equipo enteiro para poder destruílos.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.electronicarts.co.uk/games/6686/ Páxina web oficial] {{En}}.
 
 
{{Harrypotter}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Videoxogos de Harry Potter|#4]]