Joaquín Maquieira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: escudo correcto
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Joaquín Maquieira Fernández''', nado en [[Pontevedra]] e finado en [[Montevideo]], foi un farmacéutico e político galego.
 
== Traxectoria ==
Na súa farmacia tiña o enderezo postal a loxa «Helenes nº 7». Na rebotica reuníase o chamado [[Club Karepas]], un parladoiro que conformaban Castelao, Losada Diéguez, Sánchez Cantón, Blanco Porto, Iglesias Vilarelle, Octavio Pintos, Claudio Losada, Vicente Barreiro e Gamallo. Foi presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Foi membro da Xunta Directiva fundacional do Centro Republicano de Pontevedra (4 de marzo de 1930). Foi un dos asinantes do manifesto fundacional da [[Federación Republicana Gallega]] en Lestrove, en marzo de 1930. Membro da Comisión Xestora da [[Deputación de Pontevedra]], en xaneiro de 1933 foi designado para formar parte do Comité de Propaganda do Estatuto de Autonomía, e o 31 de maio dese ano foi elixido Presidente da Deputación. Integrouse en [[Izquierda Republicana]] e foi elixido membro do Consello provincial de Pontevedra en xaneiro de 1936. Logo da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], foi detido e estivo preso un tempo no campo de concentración da Illa de San Simón. Posto en liberdade, conseguiu marchar a [[Montevideo]]. Cando o barco «Arxentina» no que viaxaba Castelao chegou a Montevideo en 1940, acudiu a recibilo con varios membros da colonia galega. Faleceu na capital uruguaia.
 
Liña 8:
{{End box}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita publicación periódica |nome= Carlos|apelidos= Pereira Martínez|ligazónautor= Carlos Pereira Martínez|ano= 2004|título= A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra|revista= Anuario Brigantino|volume= |número= 27|páxinas= 265-312|editor= |doi= |url= http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20265-312%20PEREIRA.pdf|dataacceso=1 de setembro de 2012}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/14126/ Ficha en Nomes e Voces]
* [http://anosdomedo.blogspot.com.es/2008/06/masonera-en-pontevedra-i-loxa-no-burgo.html Masonería en Pontevedra (I): Loxa no Burgo]
 
{{ORDENAR:Maquieira Fernandez, Joaquin}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra]]
[[Categoría:Masóns de Galicia]]